Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 8 de abril de 2010

Mentiras contra verdades


Busca as diferenzas.
Quen mirase algunha vez esta bitácora saberán que somos moi seguidores da páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)
A páxina da SXPL di:
No devantido pleno, profesorado, familias, sindicatos, persoal das administracións local e educativa e mais empresarios do Consello Escolar de Galicia amosaron o seu rexeitamento á retirada do proxecto de decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

A páxina da SXPL di:
Fronte a 24 representantes en contra, 16 dos representantes deste órgano consultivo amosaron o seu apoio a que o articulado do texto fose analizado durante o pleno.

A páxina da SXPL di:
Ante esta situación, o responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo lamentou a división amosada polo Consello Escolar de Galicia
A páxina da SXPL di:
unha división que “mostra as diferenzas entre os que queren presentar e discutir modificacións para procurar un texto final máis consensuado e os que queren que se manteña en vigor o decreto de 2007”

1.O partido do goberno obtivo ese goberno cun 47,11% dos votos, una maioría pequena, e os partidos da oposición, só suman un 46,5% dos votos, unha minoría grande.
2. Da consulta ás familias do pasado mes de xuño xa temos falado nesta mesma bitácora.
3. Pódese chamar proceso de diálogo á trapallada mediática realizada pola SXPL durante os últimos meses? Quen se pronunciou a favor do mostruoso decreto? Quen?
A páxina da SXPL di:
Entre estes últimos (os que queren que se manteña o decreto do 2007), precisou o responsable de Política Lingüística, atópanse os partidos políticos da oposición, que seguen a desgastar o goberno co tema da lingua, nun intento de quitar beneficio político dunha cuestión que debería estar por riba das diferenzas ideolóxicas e partidistas”.
Ademais, o secretario xeral afirmou que a Xunta de Galicia “non vai retirar o proxecto de decreto, porque a Administración Educativa se sente plenamente lexitimada e apoiada para seguir adiante. Neste sentido, Anxo Lorenzo recordou:
1. o resultado electoral de marzo de 2009,
2. a consulta ás familias do pasado mes de xuño
3. e mais o proceso de diálogo coa sociedade iniciado o pasado mes de xaneiro, que levou o Goberno a aceptar suxestións e propostas das diferentes entidades sociais e das institucións”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario