Na xeira mediática na que está inmerso, Anxo Lorenzo participou xunto co deputado Román Rodríguez o pasado venres no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, nun acto de propaganda do decreto chamado de plurilingüismo organizado polas Novas Xeneracións do PP.
Como sempre Anxo Lorenzo contradicindo todo o que el mesmo dí, comentou que estaba no asunto da "cuadratura do círculo", que como todo o mundo sabe, de realizarse con regra e compás, tal e como mandan os matemáticos clásicos, é imposible de facer. E nesas anda o homiño.
Entre os asistentes estaban presentes membros de Queremos Galego, que comentaron a prepotencia con que foron tratados por parte dos oradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario