Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 9 de abril de 2010

Anxo Lorenzo e o equilibrio mediático

Xa o dixemos máis dunha vez. Non se pode facer un ataque ao galego tal e como se está a facer actualmente sen ocultar e deformar a realidade. Para isto precísase, por exemplo, gastar un millón de euros en propaganda, mais tamén hai que estar continuamente nos medios intoxicando, mentindo, propagando e repetindo mentiras.
Anxo Lorenzo é o secretario máis entrevistado da política galega. Lembra alguén á antecesora no cargo?
Poñamos un exemplo. Hoxe, outra vez, entrevistaron a Anxo Lorenzo no programa Bos Días, da TVG, xusto ao día seguinte de que unha maioría pequena no Consello Escolar de Galicia rexeitara o anteproxecto de decreto chamado de plurilingüismo. Non é a primeira vez que Anxo Lorenzo aparece neste programa, xa o entrevistaron o 4/01/2010 e anteriormente o 5/11/2009, unha vez cada dous meses, e só no que se refire a este programa. Tócalle a seguinte entrevista a principios de xuño. Xa o veredes.
Se temos en conta que no actual goberno hai 10 conselleiros e 61 altos cargos entre directores e secretarios xerais, e se os entrevistaran a todos ao mesmo ritmo, neste último semestre deberíamos ter visto, só nese programa e só a altos cargos, un total de 213 entrevistas. Tendo en conta que hai uns 20 programas por mes, nese semestre realizáronse 120 emisións do Bos días, polo que terían que duplicar o número de entrevistas para ter contenta á secretaría xeral de política lingüística, e que houbese un equilibrio de aparicións nese programa entre os altos cargos.
Por certo, unha das perlas da entrevista foi que Anxo Lorenzo anunciou que catro sindicatos van pronunciarse a favor do decreto: ANPE, USO, CSIF e FSIE. 1. xa veremos se é certo. 2. ter que botar man de USO e FSIE dá vergonza allea, o primeiro que non usa unha palabra en galego, e o segundo, que é da cor do gando é de pena. 3. canto suma a repesentatividade de toda esa gran maioría de sindicatos?. Chega ao 11%?

Ningún comentario:

Publicar un comentario