Jesús Palmou, foi secretario xeral do PPdeG despois de Cuíña e conselleiro no último goberno Fraga. Aínda que agora se encontra temporalmente sen militancia por mor do seu cargo de Conselleiro de Contas, Xesús Palmou (Rodeiro, 1949) non elude ningunha cuestión política e é un defensor firme da normalización do galego . Responde a unha pregunta que lle fan os da Nosa Terra:
O galego retrocede segundo as últimas estatísticas.
Iso lévanos a pensar que haberá que redobrar o impulso porque senón o galego será unha lingua morta e os galegos non podemos permitilo. Iso debíao ter presente o goberno e todas as institucións galegas. A partir diso poñernos de acordo. Primeiramente na educación, para que o equilibrio se produza, non só na teoría tamén no uso do galego. Porque se resulta que o alumno pode falar o idioma que queira é posíbel que en moitos sitios remate o ensino obrigatorio sen ter usado algún dos idiomas, que seguramente será o galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario