Preguntámonos: cal é o problema? Supoñemos que o uso normal do galego. Cal é a tendencia? Pois os datos do IGE son ben claros, o galego perde falantes continuamente, sobre todo entre as novas xeneracións e nas cidades. Ata tal punto isto é certo que o uso do galego nas cidades é prácticamente residual e cómpre ser un heroe para desenvolver unha vida en galego en calquera das cidades galegas, e cada vez máis. A actitude consistente en tapar ou disimular o problema indica claramente que non o quer resolver.
Deixámovos aquí parte da valoración da SXPL a respecto dos datos do IGE:
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2010.- O galego é a lingua de maior uso social en Galicia, segundo se desprende dos datos que vén de facer públicos o Instituto Galego de Estatística (IGE) a través da Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Segundo este estudo, o 56,4% da poboación maior de 5 anos fala sempre en galego ou máis galego ca castelán. Os que falan sempre en galego constitúen o 30% da poboación.
Xunto con este maior uso social do galego, os datos do IGE constatan un incremento da tendencia ao uso das dúas linguas oficiais de Galicia nos diferentes contextos sociais.Máis sobre a SXPL. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, animou onte os máis novos a seguir lendo en lingua galega durante a entrega dos premios Frei Martín Sarmiento, que tivo lugar no recinto feiral de Silleda no marco da Festa da Lingua. A Festa da Lingua, unha iniciativa que impulsa a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), reuniu na presente edición preto de 1.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes a esta federación. Ata aquí todo parece ir ben.
Hai uns poucos anos o noso centro, o Pintor Colmeiro de Silleda, solicitara a colaboración do recinto feiral de Silleda para celebrar unhas xornadas de orientación. A resposta foi que poñían á nosa disposición as instacións requeridas... se pagábamos 4000 €. Fixeron a festa da lingua. Ben. Houbo 1000 asistentes. Ben. É de supoñer que a SXPL pagara os gastos. Ata aquí todo parece ir ben.
Pero lembremos que onte mesmo anunciabamos que a SXPL négalle axudas ao Correlingua, cunha participación prevista nas vindeiras semanas duns 40.000 alumnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario