Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 19 de abril de 2010

Novoneyra: "Canto de permanencia"


Recomentamos especialmente o documental realizado pola AS-PG, sobre Novoneyra. Pódese adquirir o CD na web da AS-PG.

De Galicia Hoxe extraemos esta noticia relacionada co tema.

O vindeiro martes, día 20, o Teatro Principal de Compostela proxectará ás 20.30 horas o documental Canto de permanencia, unha "recreación máxica e cinematográfica" do mundo creativo e vital de Uxío Novoneyra. Así o define o produtor e realizador da cinta, Mikel Fuentes, de Pixel Films, que o pasado 15 de abril estreou na Coruña esta homenaxe ao autor do Courel, impulsada pola Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) e a Fundación Manuel María.
O documental, escrito e ideado por Eduardo Álvarez, Xoán Costa e María dos Anxos G. Refoxo e dirixido por Carlos Seijo, está narrado en primeira persoa, nun intento de "plasmar os sentimentos e paisaxes de Uxío en imaxes". Para iso decidiron filmar o paso das catro estacións. "Gravamos diferentes narracións da súa poesía e a paisaxe do Courel en momentos claves como o nacemento dunha flor", explica Mikel.
Os versos de Uxío Novoneyra están tomados dos seus libros Poemas caligráficos, Os eidos, Do Courel a Compostela, Poemas de doada certeza e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario