Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 21 de abril de 2010

O galego, con límites. O español, sen límites.

Segundo A Nosa Terra a voceira socialista no Senado, Carmela Silva, anunciou hoxe que o seu grupo votará a próxima semana a favor de tramitar a iniciativa presentada por 34 senadores para xeneralizar o uso das linguas autonómicas na Cámara. Silva advertiu de que durante o debate tras a aprobación en Pleno desta toma en consideración, presentará 'límites' ao uso das mesmas.
Carmela Silva avisou de que se non se logra o consenso, o Grupo Socialista non admitirá o veto do PP, ao que criticou por “nin sequera estudar” a proposta de ampliar o uso das linguas cooficiais. “É pouco entendíbel negarse a avanzar. Non entendo a negativa total e absoluta de usar linguas que son patrimonio de todos os españois”, dixo.

Malia que non puxo prazos para a negociación da iniciativa co PP, a socialista asegurou que “hai tempo para seguir tentando que todos os grupos se unan” e confesou que hai senadores populares que ven “con simpatía” a apertura deste debate.
Carmela Silva deixou claro que a proposta dos 34 senadores “non ten nada que ver co sentir do Grupo Socialista” que, “no momento oportuno, dará a coñecer os límites ao uso das linguas cooficiais no Senado”.

A senadora socialista amosouse en contra de “ampliar” o orzamento da Cámara Alta pola cuestión idiomática. No seu momento os 34 senadores presentaron unha memoria económica na que se estimaba un custo anual de 120.000 euros a normalización lingüística do Senado.

Sempre, tal e como se observa neste caso, aparece nos medios o prezo da presenza das linguas que non son o español. No entanto nunca se ve o prezo da presenza do español en lugares tales como o Parlamento Galego, as Consellerías, a Administración Galega, o ensino, ....

Ningún comentario:

Publicar un comentario