Educación rebaixou este curso nun 20% a contía das axudas para a normalización lingüística nos centros de ensino públicos, que pasou dun millón de euros a 800.000 euros e que acaba de facer pública.
É para actividades que se tiñan que ter vido realizando desde aquela e non se levaron a cabo por descoñecer se había ou non recursos económicos”, criticou no seu día Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino
O PSdeG censura o recorte das axudas para a normalización
O viceportavoz do Grupo Socialista, Xosé Manuel Laxe, considera que 'perigan' as actividades e materiais elaborados polos equipos de normalización lingüística dos centros galegos, tras facerse pública a concesión de axudas para estas iniciativas e constatar unha redución nas contías 'dun 20 por cento'.
O parlamentario do PSdeG rexistrou unha pregunta oral co obxectivo de que o Executivo autonómico explique "os motivos para levar adiante este recorte" e cuxa convocatoria, ademais, se resolva "a menos de dous meses do termo do curso escolar".
"A actividade dos equipos de normalización e dinamización lingüística estivo practicamente paralizada durante todo o curso", asegura, tras destacar o "éxito" co que viñan impulsando as actividades "desde fai bastantes anos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario