Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 25 de abril de 2010

A SXPL, os números e a FP.

Un total de 54 empregados de telefónica anotáronse ao curso de galego que a compañía de telecomunicacións puxo en marcha en internet.
Como interpreta esta noticia a Secretaría Xeral de Política Lingüística?
Os máis de 200.ooo empregados de Telefónica en todo o mundopoderán aprender galego a través de cursos en liña.
Pois así nos vai.

Máis da SXPL, outro titular sacado da web da secretaría:
Anxo Lorenzo participa na presentación de diversos manuais en galego dirixidos ao alumnado de formación profesional.
No desenvolvemento da noticia lemos:
Durante a súa intervención, o secretario xeral referiuse a Academia Postal Editores como un exemplo do bo facer empresarial no impulso e na promoción da lingua galega; como “unha empresa que concibe o uso cotián do galego na súa andaina empresarial como un activo, como unha oportunidade e como unha forma de estar no mercado acorde co contorno social no que se sitúa”.
E Anxo Lorenzo, na súa liña de facer o contrario do que di, promoverá que se reduza uso do galego na formación profesional mediante o decreto, lembremos o que di o decreto vixente que quere derrogar este Anxo Lorenzo a respecto da Formación Profesional:

Na formación profesional específica, nas ensinanzas artísticas e nas deportivas, de grao medio ou superior, impartiranse en galego os módulos atribuídos á especialidade de formación e orientación laboral e os módulos profesionais que decida a dirección, oídos os departamentos correspondentes que deberán supoñer o cumprimento do establecido para esta etapa no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado polo Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004 que se inclúe como anexo a este decreto, para alcanzar a competencia lingüística propia do nivel en ambas as dúas linguas.

Lembremos que o Plan xeral aseguraba polo menos un 50% de ensino en galego. Que é o que propón o decreto de Anxo Lorenzo?
Na formación profesional específica, nas ensinanzas artísticas e nas deportivas, de grao medio ou superior, cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros, establecerá unha oferta equilibrada de materias e módulos en galego e en castelán que asegure que o alumnado acade a capacitación lingüística propia do nivel nas dúas linguasoficiais.

O polo menos fica en como moito.
Boa forma de fomentar e promover, garantir,... o uso do castelán, que debe ser a lingua maltratada, e minusvalorada.
Boa forma de continuar coa progresividade da normalización lingüística, de introducir o galego en ámbitos onde foi e contirnúa a ser excluído.
Boa forma de rachar con forma de actuación enquistadas.
Adiantamos a seguinte nova da SXPL: "200.000 alumnos de FP poderán aprender as materias en galego". A realidade confirmaranos que 54 así o fixeron.

2 comentarios:

  1. Moi ben por esta noticia. Anímovos a que sigades denunciando manipulacións coma esta.

    ResponderEliminar
  2. Para observar o delirio no que está metida a SXPL basta con ler o que escriben na súa web. No seu día chegaran a dicir que agradecían á RAG e ao CCG o apoio que lle deran ás Bases para o decreto.

    ResponderEliminar