Os voceiros do PSdeG e BNG reiteraron o "desacordo" de "practicamente todas as institucións de Galiza" respecto á proposta de decreto do idioma da Xunta, e reivindicaron o PXNL como o "consenso" que "literalmente" rompeu o Executivo do PP coa nova norma.
Precisamente, Lobeira referiuse ao artigo da Lei de Normalización Lingüística no que se insta aos poderes públicos a implantar medidas para lograr un "uso progresivo do galego" no ensino. Así mesmo, recordou que o PXNL considera "como mínimo" a metade do ensino en infantil impartido en galego e, ademais, que sexa o idioma das troncais e "as Matemáticas" en posteriores etapas, en contraposición ao contido do decreto. "Este é o consenso", ironizou.
Ante as acusacións do titular de Política Lingüística de que PSdeG e BNG se negaron a participar no trámite de audiencia con diferentes asociacións para recoller achegas ao decreto, Cerviño aclarou que "non é verdade" e recordou a súa proposta de crear unha comisión parlamentaria para fixar un calendario de aplicación do PXNL.

A crónica de Galicia Hoxe:
Lobeira, pola súa banda, esixiu a dimisión de Lorenzo "por todo ou mal que lle está a facer a este país e á súa lingua" e recordoulle que o "consenso" que eles aseguran ter proporciónanllo só "o partido de Rosa Díez, Galicia Bilingüe, A Mesa pola Liberdade Lingüística e Falanxe". O deputado asegurou que o decreto incumpre a lei de normalización e o plan e censurou as "declaracións predemocráticas" vertidas por Lorenzo tras a reunión do Consello Escolar.
Lobeira preguntouse tamén se "van volver os expedientes e os profesores represaliados por dar clases en galego" e proclamou que a política lingística dun Goberno ten que asentarse "non marco legal vixente e nos consensos existentes, que vostedes racharon. Se queren consenso, partan de cero", exhortou a Lorenzo, ante quen defendeu que o BNG sempre quixo "pactos e consenso" e recordou que xa o fixeron "en tempos de maiorías absolutas de Fraga".

Ningún comentario:
Publicar un comentario