Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 6 de abril de 2010

200 enmendas contra o decreto

A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca de urxencia unha concentración contra o decretazo lingüicida no ensino para este mércores 7 de abril ás 16.15, Rúa San Roque, 2, en Santiago de Compostela, coincidindo coa sesión do Consello Escolar de Galiza na que se debaterá o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario, o decretazo que acaba co uso normal da nosa lingua propia nas aulas. O paso do proxecto de decretazo polo máximo organismo representativo da comunidade educativa galega é un trámite preceptivo antes da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta e publicación no DOG, como tamén acontece no caso da Mesa Sectorial e do Consello Consultivo.
Segundo explicaron os portavoces de diferentes organizacións con representación no Consello, os membros de devandita entidade presentaron máis de 200 emendas ao borrador de decreto, entre as que se atopan varias "á totalidade" por diversas organizacións -entre elas os sindicatos e ANPAs públicas-.
En total, FETE-UXT presentou 26 emendas ao texto.
A CIG-Ensino presentou máis de 60 emendas.
CCOO vai con 25.
A Confapa (Confederación de ANPAS de centros públicos) presenta 48.
a Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de CECE-GALICIA presentou 6 emendas sobre aspectos de carácter técnico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario