Un traballo enorme e tamén unha gran reprecusión no entorno, e en xeral, nos ENDL de toda Galicia. Vén de rematar a 3ª edición desa festa da normalización que é 21 días co galego, organizada desde o IES da Pobra do Caramiñal.
Mágoa (sempre hai algo negativo), que todo isto non se vexa recoñecido desde a primeira entidade que tiña que pegar chimpos de alegría polo desenvolvemento de todo este proxecto. O normal sería que a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) recoñecese de divulgase os 21 días co galego desde o seu portal. O normal sería que o ENDL do IES da Pobra recibise os parabéns desde as oficinas da SXPL. No canto diso só podemos achar unha referencia, e con moito traballo, nun lugar ben escondido: SXPL>Equipos de Dinamización>Dinamización do Contorno> 21 días co galego> páxina sen contidos. Batemos de fronte ao desleixo, ben escondida está a ligazón a unha páxina do proxecto datada no ano pasado e na que non hai nada. Isto é o que lle importa á SXPL o (bo) traballo para a normalización nos centros de ensino.
As iniciativas saídas deste forno chegaron desta volta ás ondas da Radio Galega ou á portada do dixital Praza Pública. Seguramente o punto máis innovador deste ano foi a participación de alumnos ou xente relacionada co centro desde distintos lugares do mundo como Finlandia ou Colorado.
Unha das liñas seguidas nestes 21 días foi a da recomendación de sitios web galegos, a razón de polo menos un cada día. Velaquí a recompilación que fixeron. Grazas polo esforzo realizado e polas ideas que nos suxerides desde esta iniciativa.
Día 1: disquecool
Día 2: GZMúsica
Día 3: Praza Pública
Día 4: AGIR, o manifesto, Liga Estudantil Galega
Día 5: o creatorio
Día 6: Memoria pixelada
Día 7: Rebumbio
Día 8: mundo-R
Día 9: Patrimonio Galego
Día 10: IGE
Día 11: EnSerie
Día 12: Brinquedia
Día 13: agasallo.eu
Día 14: feminismo.info, fgme.es, implicadas.net
Día 15: galiciasolidaria.org
Día 16: Portal das palabras
Día 17: GCiencicia
Día 18: Código Cero
Día 19: botóns.eu
Día 20: Caramuxo, Chambras, Gabandello, Lobishome, Nicetrip, Nikis, reizentolo, O-Visio
Día 21: OZOCOgz, Vitaminas para o galego
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 17 de marzo de 2015
luns, 16 de marzo de 2015
Maratón pola lingua galega
Desde Irmandade TV e Radiofusión, esdtán preparando a emisión en directo a través das súas respectivas canles, unha maratón de 12 horas sobre língua galega. Estaremos atentos.
domingo, 15 de marzo de 2015
De blogues.34
- Galiza e a hora solar, 15/06/14, por Xaime Martínez en Coa agulla do compás
- Se falas Galego, non es de Matemáticas, 09/02/15, no blogue E digo eu...
- Eu son Rosalía,01/03/15, en Zarampagalegando, o blogue da Churrusqueira
- Dicionario visual. Precisión,02/03/15, en Zarampagalegando, o blogue da Churrusqueira
- Tipo de interese, 02/03/14, por César Lorenzo Gil en Dúbidas da lingua
- «Batmacumba», 04/03/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
- Galegofalantes: caza e captura do Mohicano., 04/03/15, por Sergio Lamas Figueira, no Bico da Ría
- Ars dedicandi: Ramón Otero Pedrayo, 05/03/15, por Armando Requeixo en Criticalia
- ROMÁN RODRÍGUEZ FAI OÍDOS XORDOS Á OFERTA DE DIÁLOGO DO COLECTIVO CELGA, 05/03/15, en Lingua precaria
- Onte 1255: Un plan para o libro, 06/03/15, por M. Bragado en Brétemas
- Día de Rosalía: empregando o galego facémoslle a mellor homenaxe, 10/03/15, por Miguel González Valle no Bico da Ría
- 21 O: neocastrapo político (A voo de tecla, 10/09/2012), 10/03/15, por Xavier Alcalá no seu blogue
- Das aulas ao Parlamento, 12/03/15, por Carme Lamela en Galego en Madrid
- Onte 1263: Noite da Edición 2015, 14/03/15, por M. Bragado en Brétemas
Sarrionandia fala a nosa lingua
por Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:
O lectorado galego ten xa a sorte de poder acceder á obra poética de Joseba Sarrionandia, un dos principais escritores vascos contemporáneos. Isto é posíbel grazas á edición que sacou do prelo Faktoría K de Libros.
sábado, 14 de marzo de 2015
A educación prohibida
Como xa hai algún tempo que non recollo aquí ningunha aportación sobre o desastre que está a supoñer a implantanción da LOMCE, non me parece que sobren as reflexións sobre a educación que podemos escoitar nesta película, A educación prohibida, do ano 2012, na que se fai un percorrido por 45 experiencias educativas a través de máis de 90 entrevistas en 8 países iberoamericanos.
Un dos aspectos da LOMCE consiste na revitalización do que no documental se chama sistema prusiano de educación. O modelo LOMCE é clasista, privatizador e discriminatorio, todo o contrario do que debe ser un proxecto educativo público. Parte de presupostos contrarios aos dunha sociedade democrática e igualitaria e participa dun proxecto que empobrece o ensino público a base de recortes, despois pasa a desprestixialo para acabar emborcando o esforzo social nas gadoupas duns poucos que acumulan poder e cartos.
venres, 13 de marzo de 2015
Ponte a Europa con Ilari, Scott e Nikesh
Ponte a Europa é un proxecto promovido por un Servizo de Normalización, o do Concello de Pontevedra, ao que lle hai que dar os parabéns por levar a cabo non só ista, senón toda unha serie de iniciativas orixinais e realmente comprometidas coa lingua galega.
Ponte a Europa consiste nun intercambio cultural entre Pontevedra, Sardiñeiro e outros puntos de Europa a través dunha plataforma virtual con formato blog. En Galicia, os tres colexios participantes de Xeve, Campañó e Lérez. O fío condutor serán videos e recursos relacionados cos lugares e as persoas que colaboran no proxecto: Lucija e Matea dende Zadar, en Croacia, Isaac dende dende Sheffiel, Robert dende Birmingham, Suliman dende Berlín, en Alemania, Kasia dende Varsovia, en Polonia, Scott dende Oxford en Inglaterra, Nikesh dende Cork, en Irlanda, Ilari dende Helsinki, en Finlandia. Precisamente destes tres últimos xa hai aportacións ao proxecto. Velaquí o que nos contan:
Ilari Lahtela é estudante de ciencias da educación e galego. Fala finés, inglés e, tal e como podedes comprobar no víedo tamén un pouco de portugués e galego. Precisamente o seu achegamento ao galego foi da man do portugués.
Scott estuda español, francés e galego na Universidade de Oxford. Tamén fala chinés e búlgaro. Visitou Santiago o ano pasado e gústalle moito andar de tapas cos amigos.
Niki é de ascendencia indo-irlandesa. Vive en Cork e fala inglés, espanol, francés e agora un pouquiño de galego. Quer vir vivir a Santiago cando remate a Universidade.
Todo un exemplo é o que nos transmiten estes mozos europeos que están facendo o esforzo de aprender a nosa lingua. Mágoa que aquí continúe a haber moita xente que renegue dela; xente que ten moito que aprender destes rapaces que para sentírense verdadeiramente europeos quixeron aprender a falar en galego.
Cómpre vixiar de cerca o proxecto porque promete moitas máis alegrías, como as que nos dá Palmira e da que non comento nada, porque calquera fin de semana é boa para achegarse a Sardiñeiro, uns poucos quilómetros máis alá de Corcubión, tirando cara Fisterra.
Nova vía CGENDL

O novo consenso possível
por Xosé Carlos Morell no Praza Pública:
Não suporto as ratas. Odeio a sua insolência de aparecerem no meu limpo mundo desafiantes, e sobre tudo acusadoras: "olha, tu que tão orgulhado estás de morares num lugar asséptico e mesmo radiante, tens baixo de ti o sumidouro das tuas defecações: as que esqueces quando puxas do autoclismo. As ratas são a consciência acusadora de que o meu mundo não é tão limpo. De que há cloacas, ainda que eu não as queira ver.
mércores, 11 de marzo de 2015
Nin portugués nin galego
Publicado nas Voces de Prolingua, unha plataforma necesaria en defensa da lingua:
Cando os presidentes galego e portugués saíron do nº 11 da rúa Tabernas, viñan de representar un teatro cuxa finalidade principal, e non declarada, era a de neutralizar a denuncia feita pola RAG dunha política lingüística que nos últimos anos forzou "un preocupante retroceso do uso do galego". Anunciouse o acto como a sinatura dun Memorando (non un acordo, nin un pacto, nin un tratado), para a adopción do portugués como lingua optativa no ensino non universitario, cando xa no curso 2008-2009 había 600 alumnos matriculados desta materia. Se isto resulta sospeitoso máis o é que ao solicitárselle o texto do memorando, o goberno contestou "que non está actualmente en condicións de amosalo" e que tampouco pode sinalar cando poderá facelo. Esta falta de transparencia revela a un tempo desprezo pola cidadanía e necesidade de ocultación dunha trampa que se descubriría ao podermos ler a máis que probable vacuidade do contido do memorando.
Que sentido ten a promoción do portugués se mantemos unha política lingüística antinormalizadora? Mentres que a normalización lingüística é un ben absoluto e unha obriga fundamental do goberno, o presunto fomento do portugués só será beneficioso na medida en que contribúa á mellora da calidade e do prestixio nosa lingua. Trátase, máis que nada, dunha vacina; cada vez que se poña de manifesto a política de agresión ao galego, veremos como o goberno erguerá a bandeira dunha impostada aposta pola lusofonía, unha aposta completamente inocua e marxinal pois afecta só ao 0,02% do ensino.
Claro que sería unha excelente noticia un plan de reforzo do ensino do portugués pero con este goberno non o imos ver. Que hoxe en día se impartan aulas de portugués en 32 centros debémosllo únicamente ao voluntarismo do profesorado implicado nas mesmas. En ningún momento se dotou aos institutos de profesores de portugués e tampouco se enxerga ningunha convocatoria de prazas para impartir esta materia. Ninguén que lle teña tomado o pulso á realidade será quen de crer que un goberno que ten no seu ADN o servilismo ás elites madrileñas vai tomar partido polo impulso do ensino do portugués. Esta aposta só sairá dun proxecto que acredite na normalización lingüística, nunca dun que a agrida.-
Puidemos ver nestes días que o presunto acordo entre Galicia e Portugal foi divulgado como un cambio de rumbo na política do PP no ensino das linguas. Isto tamén é falso. Basta traer á memoria aquela entrevista a Feijóo nunha canle da caverna mediática na que o presidente defendía o ensino do portugués pola súa proximidade ao galego. Concordamos con esta defensa, mais cómpre ter os pés na terra e descubrir o engano das declaracións do presidente. Cal é realmente o peso do portugués no noso sistema educativo? De cada 5000 horas de clase que reciben os alumnos do ensino non universitario só unha está adicada a esta materia. A ver se agora non imos ter máis que ollos para esa hora en portugués mentres deixamos que se continúe a desprezar e excluír o galego das outras 4999.
Quen se sumou a esta manobra de desviar do debate da normalización lingüística cara o portugués como segunda lingua estranxeira optativa foi a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) ao presentar o portal "Exportar en galego". Desafortunadamente non é isto outra cousa que un traxe novo para adornar edicións anteriores do mesmo tipo de campañas. A primeira delas, "O galego, a chave para os teus negocios no mundo", botou a andar no 2012, en colaboración coa FEGAPE (Federación Galega de Parques Empresariais). Consistiu exclusivamente no envío de dípticos e carteis a membros da Federación. Cantas empresas houbo que se sacaron partido desta promoción? Se unha empresa quer relacionarse cos países lusófonos sabe da campaña da SXPL? Desde o IGAPE infórmase destes recursos da Xunta aos empresarios con intereses na área lusófona? E son estes recursos realmente útiles? Ninguén fixo unha avaliación dos resultados da iniciativa.

Tampouco sabemos nada do rendemento da que comezaría uns meses despois. En abril do 2013 divúlgase "Exportar en galego" , unha campaña co mesmo título que a actual....e practicamente cos mesmos contidos. Daquela xa se publicara o documento "Exportar en galego"que volve a publicitarse agora e que é a base do web co que comparte cabeceira. Se lle pegamos un repaso a este portal, vemos que na lapela adicada aos países da lusofonía repite exactamente o texto do documento elaborado hai dous anos. O resto do portal redúcese a uns apartados con recursos que xa hai tempo que existían e ligazóns a entidades que tampouco son novidade algunha.
Un dos organismos oficiais que se promocionan desde "Exportar en galego" é Export Galicia, (en inglés, of course), un portal que ten como propósito "apoyar a las empresas gallegas en su proceso de internacionalización, dándoles acceso a servicios y bases de datos especializados en comercio exterior" (en castelán, por supuesto). Outro proxecto curioso no uso da lingua é o de investingalicia con posibilidades de acceso en inglés, alemán e en español. Nada en galego, nada en portugués. Un terceiro organismo, PEXGA (Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia), ofrece documentos sobre distintos aspectos de negocios no estranxeiro, sempre en castelán, aínda que se trate de lugares como Brasil. Por último temos o SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), cun 0% en galego.
Sobre a avaliación das anteriores campañas, basta ver como todos estes organismos marcan un territorio no que o galego non ten entrada. A revista da FEGAPE, dos promotores, xunto coa SXPL, do plan "Exporta en galego", exclúe ou secundariza o galego. En 2 de cada 3 sitios dos parques empresariais non existe o galego. Mesmo a Asociación Empresarial de Tui, que foi a escollida para presentar este novo gran avance normalizador, é unha desas que exclúen a nosa lingua. O que debería ser un recurso fundamental de "Exporta en galego", unha aplicación de oferta-demanda de emprego para persoas con coñecemento do portugués, non existe. A día de hoxe, no portal do IGAPE non hai ningunha información sobre este proxecto.
Pero, realmente, a alguén lle pode estrañar esta montaña de mentiras e impostura? Basta con facer un breve percorrido polas propias notas de prensa da Xunta para ver ata que punto Feijóo mantén o compromiso da promoción do galego na empresa. Na entrega de premios arquitectura en Vigo podemos ver un vídeo institucional, no que Feijóo fala en español. A visita do presidente a unha iniciativa promotora de empresas, outra vez en Vigo, desenvolveuse integramente en español. Ou na Coruña, falando precisamente da internacionalización das empresas galegas, e non o fixo en galego. E todo isto recollido de gravacións institucionais, no mesmo mes en que se presenta "Exporta en galego". Teñamos presente que Feijóo sabía que se estaban gravando todas estas intervencións co fin de divulgalas. Que sucederá fóra de cámara?
Temos un panorama claro, o achegado polo IGE, e temos un camiño aberto, o do Plan Xeral de Normalización da Lingua (PXNL) polo que debemos transitar se é que queremos establecer o galego como a rocha sobre a que levantar a nosa sociedade.
A sinatura do Memorando secreto tivo como escenario a sede da RAG. Esta escolla pode ser unha moi intelixente xogada de maquiavelismo político pero é tamén un movemento contrario á normalización lingüística. A saúde do galego no é boa, velaí que a declaración da RAG reclamando unha política lingüística respectuosa co PXNL e a retirada dun decreto, o do galego no ensino que a propia Academia ten recorrido perante o Tribunal Supremo, segue tendo hoxe tanta vixencia como cando os presidentes portugués e galego entraron no nº 11 da rúa Tabernas.

domingo, 8 de marzo de 2015
PP de La Coruña
Cómprenos máis audacia
por Xosé González en La Región:
A vida está chea de xestos. Uns inútiles, caricaturescos, e outros cargados de simbolismo, imperecedeiros, que acaban sendo modelos a imitar. O xurista e diplomático galeguista Lois Tobio deixounos unha anécdota reveladora da súa rexa personalidade intelectual. Ocorreu no curso escolar 1930-31, na Facultade de Dereito de Santiago onde debutaba como profesor. Así a contou el: “Rematei un cursiño de historia do dereito que dei na nosa lingua, pois xa non había pexas para o emprego dela porque estabamos na República. Tan contentos quedaron os alumnos que me organizaron unha festa”. Decidirse a impartir aulas de Dereito na nosa lingua requiría dunha boa dose de audacia naqueles tempos.
sábado, 7 de marzo de 2015
Un sospeitoso incremento dun 45% para a normalización na USC
A tramposa redacción das notas de prensa da Xunta pode facernos pensar que a Consellería de Educación vai incrementar este ano o presuposto da USC para a normalización nun 45%. Segundo a miña interpretación, despois de anos de levar lendo este tipo de notificacións, seguramente o incremento será dun 3,7%. Explícome.
En primeiro lugar, non se trata dunha achega á USC senón ao Centro Ramón Piñeiro de Investigación e Humanidades (CRPIH). O orzamento que desde a Xunta se lle asignou o ano pasado a este organismo foi de 185.696 €. Este ano a asignación foi de, tamén, 185.696 €. No anuncio no que se fala dun incremento do 45% tamén se afirma que a cantidade que vai recibir o CRPIH superará os 192.000 € (son exactamente 192.516 €), isto é, un incremento do 3,7%. Entón, mente a Xunta? Pois si e máis non, pero máis ben si.
No Consello da Xunta do 5/03/15 aprobouse unha addenda ao orzamento inicial:
Velaí que cómpre ter moito coidado cando se len as notas de prensa emitidas pola Xunta. O triste é que en moitos medios aínda non aprenderon a lelas. Será que non queren.
Unha nota aparte
Os presupostos adicados ao "fomento da lingua galega" non deixaron de ir cara abaixo. Se xa no ano 2013 Nel Vidal denunciaba o enorme decrecemento sufrido nos anos anteriores, cunha redución do 70% no período 2007-2013. Con todo as cifras non deixan de baixar ano tras ano, coa consecuente redución de servizos normalizadores. Os orzamentos dos últimos tres anos foron de 7.454.355€ (2013), 7.079.868 € (2014) e 6.740.182 € (2015), o que significan reducións interanuais dun 5% e 4,8%.
P.S.: despois de publicada a entrada entereime de que o CRPIH non ten nada que ver coa USC. Polo tanto a nota de prensa da SXPL non é outra cousa que un monumento a Kafka.

Nesta ocasión a addenda nas actuacións programadas ao abeiro da addenda [sic] afectan o proxecto Servizo de Terminoloxía Galega (Termigal) e a o proxecto Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA)Polo que con toda seguridade o incremento do 45% ao que se fai referencia será para esta acción en concreto, e non para a totalidade dos proxectos de normalización da USC como se dá a entender desde o propio titular da nota de prensa.
Velaí que cómpre ter moito coidado cando se len as notas de prensa emitidas pola Xunta. O triste é que en moitos medios aínda non aprenderon a lelas. Será que non queren.
Unha nota aparte
Os presupostos adicados ao "fomento da lingua galega" non deixaron de ir cara abaixo. Se xa no ano 2013 Nel Vidal denunciaba o enorme decrecemento sufrido nos anos anteriores, cunha redución do 70% no período 2007-2013. Con todo as cifras non deixan de baixar ano tras ano, coa consecuente redución de servizos normalizadores. Os orzamentos dos últimos tres anos foron de 7.454.355€ (2013), 7.079.868 € (2014) e 6.740.182 € (2015), o que significan reducións interanuais dun 5% e 4,8%.
P.S.: despois de publicada a entrada entereime de que o CRPIH non ten nada que ver coa USC. Polo tanto a nota de prensa da SXPL non é outra cousa que un monumento a Kafka.
A lingua é un compoñente esencial da marca Galicia
por Xosé Manuel Baamonde no noticieirogalego.com:
O galego é un compoñente esencial da marca Galicia. Do mesmo xeito que unha persoa debe ter autoestima para saír adiante, igual sucede cos pobos, existe unha autoestima colectiva que reforce a súa personalidade e carácter.
venres, 6 de marzo de 2015
O galego no barómetro de Calvet
No mundo hai máis de 5000 linguas. Só un 10% delas, concretamente 563, teñen máis de medio millón de falantes. O barómetro Calvet consiste nunha avalición da vitalidade destas linguas. En que posto estará o galego?
O barómetro clasifica as linguas atendendo a 11 parámetros. Entre eles está o do número de falantes. De atendermos únicamente a este criterio, colocariámonos no posto 192, e a primeira lingua de todas sería o mandarín. Agora ben, se no barómetro nos valoraran tendo en conta únicamente á vitalidade da tradución entre o galego e outras linguas, o número de entradas na wikipedia, a penetración de internet e o noso desenvolvemento social, ascenderíamos ata o posto 30.
Outros parámetros a ter en conta para a elaboración do barómetro son, por exemplo o rango de oficialidade da lingua ou a entropía, un concepto que ten que ver coa probabilidade de atopar a algún falante da lingua en países estranxeiros.
Finalmente é unha fórmula matemática a que pondera todos os ítems avaliados e a que nos ofrece a clasificación final. Na páxina do barómetro Calvet temos a posibilide de cambiar a ponderación de cada un dos parámetros e recalcular así a clasificación. Precisamente iso foi o que fixen para obter os postos para o galego sinalados nos parágrafos anteriores. Se non variamos esta ponderación o barómetro ofrece para o galego un honroso posto 49, un pouco por encima do euskera, situado no posto 51. A tres linguas situadas nos postos inmediatamente superiores son o occitano, o lituano e o ucraíno.
O galego aparece en mellores posicións que algunhas linguas que se falan en europa, como o flamenco, o galés ou o bretón. Tamén ten mellor puntuación que linguas, como o xavanés, que conta con máis de 84 millóns de falantes.
Máis información:

Etiquetas:
cousas,
internacional,
lingua,
web
Lingua galega minorada
por Manuel Cabada Castro, no Faro de Vigo:
Estase a falar nestes días da delicada situación da nosa lingua galega, a única propia de Galicia. Danse nesta problemática diversas dimensións que se entrecruzan e non resulta doado deslindar unhas das outras.
xoves, 5 de marzo de 2015
Sr. Presidente (II)
velaquí a segunda entrega da carta de David Otero ao presidente, no Sermos Galiza:
Quen se dirixe a vostede e xa avisa de antemán para os listos titulados, uns poucos, ou os cargos de ilustrísima, outros poucos, avisa digo de que non é sociolingüista ( nin lingüista siquer), como así se lle avergoñou ( que máis quixesen conseguilo ) a algún compañeiro meu, pero iso si, como xa lle dicen anteriormente noutra carta, si eu sonlle galego. Un galego de ser e de estar, polo que vou seguir dando nos aros das duelas para que estes bailen o menos posible e así as duelas aperten ben ( xunten) e asemade se garde no pipo de todas a de todos ( como é debido) a esencia mellor de nós: a Lingua ( que hai algúns e vostede coñéceos aos que lle gustaría vela picada, agreteira, vinagre, vamos que de mal labio, mesmo ata perdida, e mire que vostede vén de por cerca do Ribeiro e pasa ben veces por xunto dos seus e así eles pasan de “ Riveira e Puebla”, que lle parece entón o choio ?). E mire que por moito que se airee o pano, non lle é doado saír dela, se un non se mete e vostede ten moito onde meterse. Píllao?
A lingua non é unha crenza
por Henrique del Bosque Zapata no Sermos Galiza:
Nun recente artigo publicado en Tempos Novos titulado “Pensar o nacionalismo” Miguel Vazquez Freire criticaba que no meu libro “E logo, temos razóns para ser nacionalistas?” defendera a lexitimidade de empregar instrumentos xurídico-políticos para a defensa e conservación do noso idioma derivado da consideración deste como parte dunha identidade nacional. Gostaría de contestar a algunhas das obxeccións e, deste xeito, contribuír a clarificar o porqué do meu posicionamento.
mércores, 4 de marzo de 2015
Rosalía das ondas do mar
E seguimos con Rosalía. Nesta ocasión co vídeo no que colaboraron un total de 26 centros da zona do Morrazo, a iniciativa do CEP Sequelo (Marín). Toda unha fazaña para unha idea completamente orixinal.
Visto tamén no CEIP A Pedra (Bueu)
martes, 3 de marzo de 2015
A língua das coisas
Suxerente curta dirixida por Alan Minas e inspirada na obra do recentemente finado poeta brasileiro Manoel de Barros. Conta a historia de Lucas, un rapaz que vive co seu avó nun lugar afastado. O avó di pescar historias e palabras no río e entre as árbores. Cóntase a historia do valor das palabras e da súa transmisión que abrollan no medio natural. Pero chega o momento en que os pais veñen buscar a Lucas para marchar a unha cidade na costa, a que aprenda as cousas do mundo, a que comence a ir á escola. Lucas marcha triste pero coa promesa de que o avó lle mandará polo río as palabras que el poderá recoller cando cheguen ao mar.
O filme dá para repasalo e reflexionar moito sobre el. Mesmo é un recurso educativo moi rico e con moitas posibilidades para os que non impartimos as sempre aborrecidas matemáticas, claro.
´Vía Educa-Tube
luns, 2 de marzo de 2015
Fagamos contas sobre 35 anos de política lingüística
Retallos de dúas achegas fundamentais sobre a análise da política lingüística, recollidas das xornadas Fagamos Contas celebrada o pasado 13 de decembro do 2014 en Lugo, organizadas pola Fundación Galiza Sempre. Tratábase de repasar e avaliar os 35 anos de goberno autonómico en diversos ámbitos.
Os temas tratados nestes casos son os da evolución sociolingüística, balance dos modelos impostos pola Xunta no ensino vs. "inmersión" lingüística, a situación do galego no resto de campos (económico, asociativo, mediático, mocidade, ...) ou eficacia do discurso do nacionalismo sobre a lingua.
Non se poden deixar de ver. A primeira delas ofrécenola Mercedes Queixas
Na segunda temos a Nel Vidal Barral:

domingo, 1 de marzo de 2015
De blogues.33
![]() |
| Imaxe da Wikipedia |
- Onte 1237: Agustín ao Nóbel, 16/02/!5, por M. Bragado en Brétemas
- LINGUA MATERNA, 22/02/15, por Helena Villar Janeiro en Galego na rede
- En resposta a Garmendio – acceso á universidade, 24/02/15,pola Confederación de Anpas Galegas
- «Los putos amos», 24/02/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de Lingua
- Por que Rosalía dixo que non volvería escribir en galego?, 24/02/15, por Montse Dopico no Magazine Cultural Galego
- De noite e de día, 24/02/15, por Mercedes Queixas, no seu blogue
- outra imposición de recortes: substitución de profesionais do ensino por bolseiros, 27/02/15, na Confederación de Anpas Galegas
- Onte 1249: Resistir pola lingua, 28/02/15, por M. Bragado en Brétemas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)