Ponte a Europa consiste nun intercambio cultural entre Pontevedra, Sardiñeiro e outros puntos de Europa a través dunha plataforma virtual con formato blog. En Galicia, os tres colexios participantes de Xeve, Campañó e Lérez. O fío condutor serán videos e recursos relacionados cos lugares e as persoas que colaboran no proxecto: Lucija e Matea dende Zadar, en Croacia, Isaac dende dende Sheffiel, Robert dende Birmingham, Suliman dende Berlín, en Alemania, Kasia dende Varsovia, en Polonia, Scott dende Oxford en Inglaterra, Nikesh dende Cork, en Irlanda, Ilari dende Helsinki, en Finlandia. Precisamente destes tres últimos xa hai aportacións ao proxecto. Velaquí o que nos contan:
Ilari Lahtela é estudante de ciencias da educación e galego. Fala finés, inglés e, tal e como podedes comprobar no víedo tamén un pouco de portugués e galego. Precisamente o seu achegamento ao galego foi da man do portugués.
Scott estuda español, francés e galego na Universidade de Oxford. Tamén fala chinés e búlgaro. Visitou Santiago o ano pasado e gústalle moito andar de tapas cos amigos.
Niki é de ascendencia indo-irlandesa. Vive en Cork e fala inglés, espanol, francés e agora un pouquiño de galego. Quer vir vivir a Santiago cando remate a Universidade.
Todo un exemplo é o que nos transmiten estes mozos europeos que están facendo o esforzo de aprender a nosa lingua. Mágoa que aquí continúe a haber moita xente que renegue dela; xente que ten moito que aprender destes rapaces que para sentírense verdadeiramente europeos quixeron aprender a falar en galego.
Cómpre vixiar de cerca o proxecto porque promete moitas máis alegrías, como as que nos dá Palmira e da que non comento nada, porque calquera fin de semana é boa para achegarse a Sardiñeiro, uns poucos quilómetros máis alá de Corcubión, tirando cara Fisterra.
Nova vía CGENDL
Moitas grazas Cibrán por compatir o proxecto dos rapaces e rapazas de Xeve, Campaño e Lerez, eu estou moi contenta ca implicación por parte da rapazada e os compañeiros europeos, que aínda faltan! Unha aperta e moitas grazas e xa sabes, Sardiñeiro sempre está no seu sitio e agora a miña casa é obradoiro aberto de artesanía de galicia, así que cando queira, chame e será ben recibido!
ResponderEliminarPois malo será que non poida pasar este ano por alí outra vez. Neste verán parei un día no Lestón.
Eliminar