Como xa hai algún tempo que non recollo aquí ningunha aportación sobre o desastre que está a supoñer a implantanción da LOMCE, non me parece que sobren as reflexións sobre a educación que podemos escoitar nesta película, A educación prohibida, do ano 2012, na que se fai un percorrido por 45 experiencias educativas a través de máis de 90 entrevistas en 8 países iberoamericanos.
Un dos aspectos da LOMCE consiste na revitalización do que no documental se chama sistema prusiano de educación. O modelo LOMCE é clasista, privatizador e discriminatorio, todo o contrario do que debe ser un proxecto educativo público. Parte de presupostos contrarios aos dunha sociedade democrática e igualitaria e participa dun proxecto que empobrece o ensino público a base de recortes, despois pasa a desprestixialo para acabar emborcando o esforzo social nas gadoupas duns poucos que acumulan poder e cartos.
Paréceme un video estupendo e directo, que vai xusto a orixe do grande problema educativo que están a padecer tanto os alumnos como os profesores.
ResponderEliminarCo teu permiso, vou a compartilo.
Se vas ao portal da "Educación prohibida" verás que non só piden que se distribúa, senón que incluso de pode descargar.
EliminarNon coñecía ese portal. Gracias pola información Cibrán
ResponderEliminar