Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 21 de marzo de 2015

Ollos de aula.20

Chegounos o número 20 da Revista Ollos de aula, cunha invitación a ter coidado co bolígrafo vermello cando se trata de avaliar a aqueles alumnos que usan o galego de seu, non sexa que se castigue o uso dos dialectalismos antes que a falta de uso da nosa lingua.

4 comentarios:

  1. Por fin, a ver si é verdade e pousan o boli vermello para os rapaces que se desenvolven na nosa língua de xeito natural.
    Tal e como se sigue dando a situación do uso do noso idioma penso que debería de ser prioritario estimular e apoiar o seu uso e non precisamente que eso se volte en contra do alumnado. galego-falante.
    Todos-as do paradóxica que é esta cuestión, un tema que francamente me parece preocupante, desde hai moito, como nai e como cidadán dun país que non remata nunca de normalizar o idioma, tal vez nos deberíamos de preguntar que parte de implicación temos e ten o profesorado.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Coido que se fan as avaliacións da materia de galego como si esto fose un país en que o idioma está normalizado.
    A ver si baixan da burra e se dan conta en que país estamos a viver.
    Sinto expresarme neste tono pero é que este tema hai moito que me parece preocupante demáis.

    ResponderEliminar
  3. Grazas polas reflexións.
    Está ben que a CGENDL destaque neste número da revista este punto para que o profesorado o teña en conta. Con todo convén ver todo o que hai arredor tamén, e o profesorado de galego, aínda que ten características moi específicas sobre o asunto, non é o único que debería traballar pola normalización. Máis grave é o problema da prohibición de ser axente normalizador a gran parte do profesorado.

    ResponderEliminar
  4. Totalmente dacordo, o profesorado non é o fondo do problema, nin moito menos e tamén e certo que se ven condicionados polo programa que teñen que seguir etc,
    Pero en fin, non por eso deixo de atopar moi interesante esta invitación a que teñan certo tento a hora de correxir co bolígrafo vermello.

    Gracias a ti e un saúdo

    ResponderEliminar