Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 17 de marzo de 2015

21 días co galego. Edición 2015

Un traballo enorme e tamén unha gran reprecusión no entorno, e en xeral, nos ENDL de toda Galicia. Vén de rematar a 3ª edición desa festa da normalización que é 21 días co galego, organizada desde o IES da Pobra do Caramiñal.
Mágoa (sempre hai algo negativo), que todo isto non se vexa recoñecido desde a primeira entidade que tiña que pegar chimpos de alegría polo desenvolvemento de todo este proxecto. O normal sería que a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) recoñecese de divulgase os 21 días co galego desde o seu portal. O normal sería que o ENDL do IES da Pobra recibise os parabéns desde as oficinas da SXPL. No canto diso só podemos achar unha referencia, e con moito traballo, nun lugar ben escondido: SXPL>Equipos de Dinamización>Dinamización do Contorno21 días co galego>  páxina sen contidos. Batemos de fronte ao desleixo, ben escondida está a ligazón a unha páxina do proxecto datada no ano pasado e na que non hai nada. Isto é o que lle importa á SXPL o (bo) traballo para a normalización nos centros de ensino.
As iniciativas saídas deste forno chegaron desta volta ás ondas da Radio Galega ou á portada do dixital Praza Pública. Seguramente o punto máis innovador deste ano foi a participación de alumnos ou xente relacionada co centro desde distintos lugares do mundo como Finlandia ou Colorado.
Unha das liñas seguidas nestes 21 días foi a da recomendación de sitios web galegos, a razón de polo menos un cada día. Velaquí a recompilación que fixeron. Grazas polo esforzo realizado e polas ideas que nos suxerides desde esta iniciativa.
Día 1: disquecool
Día 2: GZMúsica
Día 3: Praza Pública
Día 4: AGIR, o manifesto, Liga Estudantil Galega
Día 5: o creatorio
Día 6: Memoria pixelada
Día 7: Rebumbio
Día 8: mundo-R
Día 9: Patrimonio Galego
Día 10: IGE
Día 11: EnSerie
Día 12: Brinquedia
Día 13: agasallo.eu
Día 14: feminismo.info, fgme.es, implicadas.net
Día 15: galiciasolidaria.org
Día 16: Portal das palabras
Día 17: GCiencicia
Día 18: Código Cero
Día 19: botóns.eu
Día 20: Caramuxo, Chambras, Gabandello, Lobishome, Nicetrip, Nikis, reizentolo, O-Visio
Día 21: OZOCOgz, Vitaminas para o galego

3 comentarios:

  1. Nominado pola actualidade sobre a lingua, minuto a minuto. Un saúdo. Rosa Pérez
    http://francesasneves.blogspot.com.es/2015/03/premio-black-wolf-blogger-award.html

    ResponderEliminar
  2. Por fin podo contestar...
    O primeiro, darvos as grazas por remexerdes por aquí e pola nominación. De todas formas non me vexo con folgos para encerellarme en todo esas cuestións que se propoñen no black wolf blogger award.

    ResponderEliminar