Hai algúns vídeos que requiren que estemos logueados para poder velos como é o caso do audiovisual A beleza dos diagramas, un documental de Marcus du Sautoy, por poñer un caso. Porén non teremos problema ningún en acceder a eles xa que non nos nos dificultan o ingreso na plataforma.
Por destacar só unha das múltiples posibilidades deste portal, velaquí un dos capítulos dos 30 da serie ABC da Astronomía. Trátase duns documentais guiados polo profesor e astrónomo Walmir Cardoso que vai percorrendo o alfabeto da lingua portuguesa. Por exemplo temos capítulos adicados á Astronomía, ao Ano luz, ao Big Bang, ..., Raios X, Yuri Gagarin ou Zodíaco. Destácase desta serie que de temática astronómica que está elaborada desde un punto de vista do hemisferio sur, punto de vista pouco usual neste tipo de recursos de divulgación científica, que normalmente nos aportan unha visión centralista, a do hemisferio norte. Así, en capítulos como o das Constelacións podemos aprender sobre aquelas que non se poden ver nunca nas nosas latitudes.
O escolla do vídeo foi feita pensando especialmente nunha persoa fundamental na normalización lingüística nas últimas décadas, Agustín Fernández Paz, autor do libro A viaxe de Gagarin. Así aproveito unha vez máis para insistir en que ciencia e lingua non son campos enemigos, como nos queren facer ver desde zunia que dirixe a política lingüística no noso país e que prohibe o uso do galego na impartición de aulas e nos textos educativos.
´
Estou seguro de que esta entrada non vai ser a última na que faga referencia a este extraordinario portal, TV Escola. Xa que desde a Xunta nunca houbo interese ningún en contribuir ao ensino achegando material audiovisual, non nos queda outra que poñer a vista nos países da lusofonía para ter acceso a este tipo de posibilidades.
Volve Xosé Carlos Morell? ;)
ResponderEliminarNon creo que o vexamos nesta canle.
EliminarPor certo, a canle é un exemplo de como desde as institucións se pode colaborar ofrecendo recursos para o ensino. Aquí, desafortunadamente non temos nada con esa orientación aínda que si que hai capacidade. Lembremos por exemplo esa serie documental "Historias de Galicia" ou os "Ben falado!".