por Marica Campo, quen parece que se puxo de acordo con Manuel Vidal Villaverde para pegárenlle unha volta aos conceptos de bi- e tri-lingüismo. Desta volta na Nosa Terra:
Que o Decreto de Trilingüismo podía parir monstros era una sospeita ben fundada, mais sempre nos quedaba a confianza no sentido común dos ensinantes e das familias. O tempo, que todo o fai patente, vainos mostrando como a nosa era unha esperanza va. Enténdese que as familias, que queren o mellor para os fillos, caian na trapela da oferta que se lles fai. Sairán, dinlles, dominando tres idiomas. Nada menos que dominando. O que é máis difícil de dixerir é que os profesionais, que saben ou deberían saber que a base de toda aprendizaxe é a propia lingua, estean a favor de equiparala a unha lingua estranxeira. Pois acontece. Eu sei dun centro que imparte, en Primeiro de Primaria!, o Coñecemento do Medio en inglés. A presenza do galego é a mínima, mesmo por baixo do que sinala a lei. A directora do colexio celebra a decisión dicindo que dela se derivou unha chuvia de material para o ensino: mesas, taboleiros, libros e non sei cantas cousas máis. Vaia, que os de arriba se senten moi satisfeitos coa escolla. Celebran que unha comunidade educativa –haberá moitas máis– estea disposta a lles seguir o xogo.
Coñezo moita xente nova que domina varios idiomas, mais empezou polos alicerces. Non sei que linguas se poden aprender desde a indixencia nas palabras que nomean o mundo próximo. É dese mundo do que se ocupa, a nivel de Primeiro de Primaria, o Coñecemento do Medio. Daría algo por ver por un furadiño como transcorre a clase, como se lle explica a un alumnado de seis anos, nunha lingua que descoñece, os conceptos desta área. Unha área de experiencia que, é obvio, só pode partir de experiencias vividas na lingua propia. Sospeito que falar de esperpento é pouco.
A isto chámanlle liberdade de elección. O tempo dirá o seu nome verdadeiro e, oxalá que me equivoque, parecerase bastante á afasia.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 24 de febreiro de 2011
Bilingüismo...
por Manuel Vidal Villaverde, no Galicia Hoxe:
Pois si señor, miñas donas e meus cabaleiros, isto non é un simulacro de pública conferencia, pois estou falando-escribindo para un espectador que non existe, ergo, para un ente metafísico, desculpen pois, os lectores e as lectoras hipotéticas deste tempo lizgairo, pero iso si, sempre insubmiso. Xoán Paulo Rodríguez Yáñez, sociolingüista, fálame con amabilidade e firmeza verbo da "recuperación do noso bilingüismo", palabra-chave-clave, pensamento deste profesor admirábel na Universidade de Vigo, como outrora -hoxe en excedencia política- Anxo Lorenzo. E no enunciado desta crónica, digo si señor, porque parviño de min, con eles e co amigo Henrique Monteagudo, descubro que o que el chama e quer bilingüismo restitutivo é máis ou menos, dispensando, o que Xoán Paulo entende como recuperación, que avaliaba o ex portavoceiro do BNG Anxo Quintana nunha publicación diaria ao 50% (+ -;- +). Ora pro nobis.
Claro que existe o auto-odio, entendo, malia todo, e o seu alicerce ou causa reside na avilantez da ignorancia patética, como o da moza coruñesa que dixo o que dixo nun programa da televisión española que intitúlase Gran hermano (eu apenas vexo a TV, chégame coa radio e coa imprensa de aquí e de afora, nacional española e estranxeira, que coño, como se dicía antes da UE, sobre todo francesa e portuguesa. Lástima que non saiba alemán e inglés, porque sería xa o colmo, e que aínda por riba tivese cartos para semellantes dispendios. Arredada por non sei que interese, a atrocidade diglósica, aceptamos como realidade recuperada dun exilio mimético, o bilingüismo, de maneira que cedendo terreo ao castelán, gañamos na expasión e divulgación do galego. Facendo memoria non sei que hostias foi do defunto Decreto de Normalización Lingüistica e a súa substitución polo trilingüismo fantástico; bilingüismo harmónico ou cordial. Todo cando non é quimera resulta quincalla ou refugallo, cambiar algo para que coa aquiescencia do enfermo -dende logo- non terminal, os expertos ad hoc, fagan realidade macabra unha eutanasia lingüística, vítimas eles/elas da súa propia elementalidade. Ouh mundo túzaro e cané! -exclamaría o meu bo amigo Xosé Manuel Beiras-, e o mesmo podería dicir desoutras miñas entrañábeis Pilar García Negro, Marica Campo e outras e outros que non cito aquí pero que saben ben o que penso, escribo, e digo. Non acabo de chegar a esta miserábel e apócrifa guerra, que veño xa doutros campos de batalla, non falsos, si apodícticos, certos. Se se impón o superficial desa realidade, eu estimo que a agonía do idioma galego será longa, pero irremediábel. As estampas que nos amosan non son galantes nin de arroubamento cinexético. A mentira tamén é un xeito de crueldade, banal e mediocre, estulta avilantez ensoberbecida.
Post scriptum: A xente máis moza debe estar atenta e ben informada da alienación e mais da colonización lingüística á que fomos sometidos e seguimos, e mesmo co bilingüismo, nestas condicións, calquera que sexa a proposta, é unha trapela cínica e mortal.
Valentina formoso: "... a Xunta non fai nada para loitar contra ese prexuízo"
Así é como remata a entrevista que lle fan no xornal Certo a Valentina Formoso , a coordinadora da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
A entrevísta céntrase no estudo sobre os resultados no informe PISA 2009 que vén de presentar esa asociación e no que se pon de manifesto que aprender en galego mellora a comprensión lectora en castelán.
En Galicia rexístranse altos índices de comprensión lectora, como nas comunidades bilingües. isto significa que o bilingüismo é máis útil que o monolingüismo?
Non son experta en aprendizaxe de linguas, mais o que nos indican os datos do informe PISA é que os bilingües aprenden castelán sen problemas. De feito, mesmo os nenos e nenas que estudan en galego teñen un índice máis alto que a media de España en comprensión lectora en castelán.
Sacan mellor nota que algunhas comunidades monolingües como Andalucía ou Canarias. Non significa que teñan que ter mellores notas que en todas as autonomías pero significa que que haxa dúas linguas e que aprendamos en galego non significa que saibamos menos castelán, sabemos tanto ou máis que o resto.
A que se debe?
Insisto en que non son experta en aprendizaxe; falo por boca doutros que estudaron esta cuestión, como [Jim] Cummins [experto mundial do Ontario Institute for Studies in Education], que explican que o noso erebro non está formado por compartimentos estancos, que cando aprendemos nunha lingua aloxamos os coñecementos nunha parte e cando aprendemos unha nova situámolos noutra parte do cerebro. Hai un concepto que é o de competencia subxacente común que indica que almacenamos conxuntamente o que teñen en común as dúas linguas e posteriormente facemos unha transferencia de coñecementos. Por iso, cantas máis linguas sabes, máis aprendes.
Tamén se rexistran índices superiores ao resto do estado en competencia matemática.
Estudar as matemáticas en galego a un neno ou unha nena, non lle supón nada, tanto se o galego é a súa lingua como se non porque tampouco é que teña moito léxico distinto. De feito, non son os nenos quen teñen problemas coa aprendizaxe en galego, son os pais, algúns pais. E a competencia matemática Galicia está por riba da media de España e nos últimos anos as matemáticas estudáronse en galego. Iso significa que o galego non é un problema.
Na competencia científica o alumnado destaca moito. É porque hai unha tradición de estudar estas materias en galego?
A competencia científica dos nenos e nenas galegas está mesmo por riba da media da OCDE. Cómpre lembrar que unha parte das materias científicas estúdanse en Coñecemento do medio, que desde o decreto de 1995 apréndense en galego. Hai dous cursos, houbo seis galegos que levaron un premio estatal do bacharelato en ciencias, cando boa parte delas estudábanse en galego. Respecto ao Coñecemento do medio, nas primeiras etapas da vida convén estudalo en relación coa realidade na que os rapaces e rapazas están inmersos e empregar o léxico local, por iso os manuais están en galego. Resulta curioso, pero houbo pais lle compraron os seus fillos os libros en castelán e correspondían a outras realidades distintas da nosa.
Se cadra os datos que manexa o informe PISA non son estatisticamente relevantes.
Alguén dubida de que o informe PISA ten uns datos fiables? Son bastante rigorosos, fixeron 27.000 enquisas en todo o Estado e 1.585 en 54 centros de Galicia. Penso que é bastante significativo e moi fiable.
E hai organizacións que defenden o contrario?
Que digan directamente que o galego é negativo para o estudo, non o cheguei a escoitar porque todos saben que está demostrado que o bilingüismo é positivo para a aprendizaxe. O problema vén dado cando falamos de galego e castelán, porque hai unha valoración negativa, un prexuízo que trata de expulsar o galego do campo social.
Daquela, que motivacións pensan que teñen?
Hai unha baixa consideración social, non se percibe a riqueza da lingua nin o feito de que nós temos un idioma propio que recoñecen os textos lexislativos. Durante moitos séculos tratouse de quitalo do medio. Con esa ideoloxía creáronse unha serie de estereotipos de prexuízos que asocian o galego a un mundo rural empobrecido e de nivel socio cultural baixo.
E por que cuns datos tan contundentes non se difunden as bondades do galego na educación?
Iso me pregunto eu e tantos docentes. Por que non se difunden eses datos? Hai quen pensa que promover o galego é un erro, que é un símbolo nacionalista, cando está á marxe de calquera ideoloxía. É un valor que hai que promover...
e por que usar o ensino para recuperar o galego?
Porque é como se aprenden as competencias básicas: ler, escribir, entender e producir. O ensino ten que formar en competencias. Se alguén ten vontade de usalo tamén debe ter coñecementos para facelo; debe ter un rexistro culto tanto oral como escrito e se non se adquire no ensino, onde se vai adquirir?
Porén, a escola serve para impoñerlle o castelán a nenos cuxos pais prefiren o galego, que son minoría algúns contextos.
Coas preguntas que se lle fixeron aos pais na famosa consulta sobre o idioma sucedeu de todo porque depende de como as formules. Non é o mesmo preguntar cal é a lingua que falas ti, que preguntarlle en que lingua queres que estuden os seus fillos. Que pasa, por exemplo, en ámbitos castelán falantes? Pois que os nenos galego falantes perden o galego porque son minoría. Claro que os pais poden opinar sobre o ensino, pero iso hai que saber formulalo e ten que haber verdadeira información. Os pais teñen que saber as auténticas vantaxes de aprender galego e castelán e teñen que saber que, aínda que os seus fillos estuden en galego ,van aprender castelán perfectamente porque a presenza social do castelán é enorme, decisiva. Existe unha psicose falaz segundo a que se un neno estuda en galego non aprende castelán e a Xunta non fai nada para loitar contra ese prexuízo.

mércores, 23 de febreiro de 2011
Entre o barullo e a comunicación
por Antón Dobao, levando o discurso da normalización polo camiño correcto. Faranlle caso as empresas do audiovisual, e as institucións? . No dixital A Nosa Terra:
Nos arredores dos Premios Goya, o barullo de certos asuntos accesorios gañou protagonismo. Non o barullo físico, que o houbo na cerimonia de entrega dos premios, senón o discursivo e de conceptos, que coincidiu coa iniciativa gobernamental matriz da Lei Sinde, cuxa función, precisamente, é introducir moito ruído en canles de comunicación insistentemente abertas. E perante ese ruído, todos van posando no photo call
con bo ánimo de se deixaren retratar. Desde o presidente da Academia do cine español, armado con dignidade intelectual, ata a súa vicepresidenta, presa de afectación oportunista, pasando por innumerables actores, directores, guionistas e produtores. Cada cal vaise orientando conforme se sitúa ante a realidade: comprender ou negar o desenvolvemento das forzas produtivas e os camiños que propician; ancorarse aos modos de produción do pasado ou esculcar os do presente e intervir neles para condicionar os do futuro; distinguir entre produtores, homes de negocios e usuarios ou confundirse nun magma de artistas, executivos e consumidores. E, sobre todo, concibir os produtos cinematográficos como un ben cultural de uso público ou como unha mercadoría destinada ao consumo privado e ao negocio. O valor de uso fronte ao valor de cambio. A comprensión da realidade e a intervención nela para transformala marcan fronteiras entre posicións progresistas e reaccionarias. É a relación co real quen impón lindes entre o compromiso cun pasado que mimetiza as relacións de produción do capitalismo –traballo asalariado, explotación, mercadoría, plusvalía, valor de cambio e lucro– e a implicación nun futuro que invente novas relacións de produción: cooperación, produto cultural, distribución da riqueza, valor de uso, riqueza colectiva.
Pero os Premios Goya foron tamén os dunha película pequena, sen gula mercantil, inzada de actores e actrices que non son masivamente coñecidos, que foxe do grande espectáculo e se refuxia no ordinariamente humano, que dialoga cun texto dun campo literario minorizado e ousa asumir o catalán como lingua de comunicación e expresión, con normalidade, sen máis. O triunfo de Pa Negre rompe tópicos, por iso orixinou explicacións externas: que o enfrontamento entre Álex de la Iglesia e Icíar Bollaín dividiu o voto ou que olobby catalán funcionou con eficacia, a dicir dos osos cavernarios. O mundo audiovisual abrazou a perplexidade: como era posible que triunfase unha película que moi pouca xente puido ver en salas comerciais. Coma se a cantidade determinase a calidade dun produto cinematográfico. Coma se as distribuidoras e empresas de exhibición se movesen por criterios de calidade e as súas barreiras fosen artisticamente xustas e non orientadas polo negocio. Ou coma se non urxisen xa novos modelos de relación entre os filmes e o público receptor libres das aduanas que as multinacionais da distribución e da exhibición impoñen. Pa Negre saíu con poucas copias no Estado español, cuxo mercado detesta por principio os produtos periféricos cando non os dá incorporado como pintorescas mostras de exotismo, pero é moi probable que os premios recibidos lle sirvan para ampliar a súa relación cos públicos potenciais.
Sen o querer, ademais, Pa Negre pode en Galicia crebar cun asubío leve o axioma que determina con norma de ferro o audiovisual galego: o discurso do imposible. É dicir, desmonta coa súa praxe a idea de que aquí todos quererían facer un cine galego en lingua galega e con actores e actrices galegos, pero non é posible. A normalidade imposible. E non é posible, segundo explicita ese discurso, porque o mercado español non o admitiría, porque toda película que queira éxito necesita actores españois, porque o público español non acepta producións noutras linguas nin dobraxes ou subtitulacións, seica. A realidade, por contra, expón que se non existe cine en lingua galega é simplemente porque directores, guionistas, produtores e demais participantes no negocio non queren. Probablemente porque non conciben unha lingua galega que exprese a totalidade, que asuma calquera clase de situación comunicativa e que se somerxa en todo tipo de personaxe real, imaxinario ou fantasmal. Algún actor galego ten recoñecido en entrevista a dificultade que lle ofrece concibir que certos personaxes se poidan expresar en galego, e iso en por si xa xustifica que a lingua estea ausente de case a totalidade de producións cinematográficas de Galicia. No mellor dos casos, hai aproximacións a unha presenza exótica, pintoresca e diglósica. O prexuízo lingüístico máis primario inunda un campo cultural de primeira magnitude. A lingua galega non merece a totalidade. Algúns actores e actrices cataláns teñen máis minutos rodados en lingua galega que certos actores galegos. Vivimos na anomalía constante.
O discurso do imposible é unha xustificación feble que oculta un desexo en negativo. Pero se non hai películas rodadas e exhibidas en galego é porque non queren; non se considera esa posibilidade cando se arma un proxecto nin se aposta por fortalecer unha dinámica cultural autónoma, arredada da subalternidade. Porque é subalternidade a marca hexemónica do sector, no que o negocio é preponderante en relación co valor de uso cultural. O valor de cambio e o lucro privado sobre o valor de uso e o enriquecemento social.
O triunfo da película Pa Negre é unha boa noticia para quen desexe un cinema galego, identificado, que dialogue cos nosos campos culturais, fundamentalmente o literario, e que se exprese con naturalidade en lingua galega e non recorra a ela como unha expresión diglósica e de exotismo. Unha utopía. Un desexo e unha necesidade que se deben constituír en proxecto a partir do compromiso artístico dos creadores, do compromiso cultural dos produtores e tamén dunha reorientación das políticas de subvención pública. E cumprirá tamén que algúns sectores de público esixan novas formas audiovisuais.
O exemplo de Pa Negre demostra que é más que posible un cinema en lingua galega. Só hai que empezar a facelo e parar xa de lle rir as burlas á subalternidade.

"Menudo bajón!"
por Millán Fernández López, no Galicia Hoxe:
"Españoles y españolas, ciudadanos hartos del paro y de la crisis económica, de la crisis de valores y de la crisis social, de la crisis política y de la depresión institucional, ¿Habéis visto Egipto? el pueblo, cuando quiere, puede, y el pueblo español quiere".
Este exabrupto, unha invitación implícita a subverter a orde constitucional, non é unha sentenza de Gil Robles alá por 1936 nin tampouco unha arenga nostálxica do Blas Piñar de quenda, non. Aínda que soe extravagante pronunciouna hai pouco un dirixente dun suposto partido de centro-dereita europeo chamado a ser alternativa no goberno, nun concorrido acto de pre-campaña electoral. Son verbas que flanquean a legalidade e superan os límites da decencia e da responsabilidade política. Pero saiamos da caverna, sacudamos as pantasmas en forma de camisas azuis desfilando vitoriosas, xugos e frechas, Azores (falo do iate e non das illas) e vaiamos a asuntos amables e de entretemento. Esteban González Pons aburre as ovellas.
Xa que vivimos na era do hedonismo posmaterialista falemos de banalidades e non deixemos traballar a cabeza. Total, o pasado e o futuro non importan, non existen, e o presente está ben fodido. É moito máis rendible a amnesia tutelada e xeneralizada. Para algúns é un bo investimento agora que o tema das altas finanzas vai un chisco peor.
E digo eu: que pesados son os cataláns, non? Sempre coa teima de mostrar o seu feito diferencial, falarnos de cousas serias e esas parvadas. Das que non lle interesan a ninguén, vaia. Ata teñen unha puxante industria cinematográfica propia! Non lles chegaba con fachendar de Guardiola, pendurarse uns enriba doutros facendo castelos humanos ou comer caracois? Pois non, atrévense con todo. A onde quererán chegar?
Resulta que acendo o bendito televisor e vexo como un filme sobre a Guerra Civil en Catalunya, e feito por enteiro na súa lingua (¿ou será un acento?) triunfa na gala dos premios Goya do cine. O que me faltaba! Nese preciso intre deume un bajón impresionante, de campionato. Algo semellante ao que sinto cando vou camiñando pola rúa asubiando a última bulería de Bisbal e vexo pasar unha rapaza feitiña pero que, ao final, á moi pailaroca, dálle por falar galego. Vaia, iso se non é de Lugo, claro. Alí son tan brutiñas, as miñaxoias, que non hai quen as entenda. Ata din ghato en vez de gato (¿ou será pola costa?). É o mesmo, son todas iguais. Empecei adispersarme tanto que notei como se me estivesen fervendo os miolos. Tiven que cambiar de canle inmediatemente. Menos mal que había algo para desconectar 24 horas seguidas: xente deitada no chan, sen apurarse. Estes son dos meus, pensei. A esas horas era o máis parecido aos documentais da dúas da sobremesa. Non se despiollan entre eles porque me teñen dito que lles dan diñeiro para o xabón, pero sentinme moi identificado. Son tan normais...
E alí estaba conversando animadamente unha rapaza desas que enfeitizan, desacomplexada, das normais (non unha extremista desas que andan por aí soltas), das que facía trampas na escola (tanto copiaba nos exames como trocaba os libros de texo en galego por outros que se entenderan mellor) e encima era galega coma min! Cantas verdades dixo en pouco tempo! Explicoulle perfectamente á compañeira a esquizofrénica realidade sociolingüística do país. Esa inxustiza permanente e estado de absoluta imposición e conculcación de dereitos dos castelanfalantes, que tan ben soubo denunciar Galicia Bilingüe. Aí decateime por fin de que, aínda que Esteban González Pons é algo soso, ten máis razón ca un santo...
Lingua materna
por Xosé ramón López Boullón, no Galicia Hoxe:
O día 21 celebrouse o Día da Lingua Materna, instituído pola Unesco co fin de impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, especialmente as das minorías ou as minorizadas por estaren nunha peor situación. Tal é o caso do galego, lingua materna de Galicia cuxa situación na sociedade, no ámbito da cidadanía, como lingua inicial e habitual, en canto aos usos lingüísticos na familia e noutros ámbitos, como o dos medios de comunicación; ou en canto as opinións que se verten, etc. amosa unha realidade pouco prometedora.
O galego xa non é a lingua materna, a primeira lingua, a L1, a lingua coa que o individuo aprende a falar na casa na súa infancia, coa que comeza o seu percorrido vital nunha gran parte da cidadanía. Moitos galegos non se alimentan coa súa lingua no ventre da súa nai. Non o maman directamente do leite dos seus peitos. Non se fala nas familias. Os proxenitores non llela falan aos seus fillos. Non se transmite xeracionalmente. E este dato da lingua inicial é moi importante para coñecer a vitalidade da nosa lingua. A pesar desa situación xebrada, sexa cal for a lingua inicial no ámbito familiar, o galego segue a ser, é, a lingua materna, a lingua propia de Galicia, a L1contextual, a lingua natural deste lugar chamado Galicia con lingua de seu, independentemente de que se mame na casa ou non. Úsena ou non. Quéirana ou non.
A clave está no que se fai habitual na lingua habitual dos individuos, na lingua que se usa habitualmente, na que se comunican habitualmente os falantes, o cal reverte na fala, nos usos lingüísticos e na identidade lingüística.
O ámbito familiar é decisivo na configuración sociolingüística nunha sociedade na que conviven dúas linguas, como a galega, principalmente, porque determina a lingua inicial dos individuos e porque ten unha influencia central no seu desenvolvemento como persoas e polo tanto tamén no seu desenvolvemento lingüístico. A lingua empregada polos proxenitores cos seus descendentes ten unha importancia transcendental para a transmisión lingüística e, polo tanto, para o mantemento do idioma. Se unha lingua se transmite ou non á xeración seguinte é algo decisivo para a súa conservación. E esta situación é fundamental para coñecer cal pode ser o seu futuro.
Se a lingua non se transmite xeracionalmente. Se a menor idade, a presenza do galego é menor como lingua habitual. Se non se fala nas familias. Se ademais, en canto á variable do hábitat, o dato principal é que, canto maior é o concello, menor número de galegofalantes iniciais existe, e que nestes, a porcentaxe da poboación que ten o castelán como lingua inicial supera a dos que teñen o galego. Como se lles pode dar opción aos pais de elixir a lingua dos seus fillos no ensino e permitir que na Educación Infantil se impartan as clases na lingua maioritaria do contorno? Daquela, que se pretende? E que non se quere que os nenos e as nenas se familiaricen nunca co galego? Preténdese privar os cidadáns do futuro próximo de Galicia de aprenderen a súa lingua materna?.
A humildade de Novoneyra
por Anxo Tarrío Varela, no Galicia Hoxe:
Nada sabía eu da súa doenza cando, alá polo mes de febreiro ou marzo de 1999, chamei a Uxío en demanda dunhas poucas palabras sobre os últimos vinte e cinco anos das letras galegas para un monográfico dedicado a este tema pola revista Ínsula. Na súa voz non había ningún indicio do calvario que (despois souben) estaba a pasar xa o poeta por aquel entón.
Non era a primeira vez que lle pedía eu a Uxío colaboración para traballos que (de)pendían directa ou indirectamente de min e sempre atopei nel unha exquisita atención e unha gran sensibilidade para todo o que estivese relacionado co mundo da edición. Tiña el, a este repecto, un escrúpulo finísimo, ata o punto de non relear esforzo ningún con tal de que o resultado final quedase como el quería. Onde me decatei mellor desa sensibilidade que Novoneyra posuía respecto do proceso de edición foi cando, alá polo ano 1991, tivo a xenerosidade de me entregar para a súa publicación no Boletín Galego de Literatura toda unha primicia naquel momento: os poemas de Viaxe, nove xoias coas que a nosa revista quedou honrada para sempre e das que o poeta fixo un seguimento minucioso ata o final da edición.
Grazas a ese seu gusto e costume, gardo agora como alfaias algúns galanos cos que me agasallou en varias ocasións. Velaquí teño diante de min o exemplar número 14 dunha das tiradas especiais (de só quince exemplares) do 1º dos Cuadernos da Gadaña, onde apareceron os seus magníficos Poemas Caligráficos, debidamente corrixido, páxina a páxina, pola propia man do poeta e ilustrado co seu peculiar grafismo. Está datado para min en Vigo, a 17 de maio, Día das Letras Galegas, de 1980.Teño tamén o exemplar numerado cos díxitos 32 da edición especial (176 unidades) que Edicións Xerais de Galicia fixo da definitiva versión de Os eidos en 1981. Nel, iluminado para min en xuño de 1983, Uxío escribiu de propia man o poema número trinta e dous do libro: "TRONOU ventou e choveo./Bicouse a terra co ceo./A noite que onte caíu/Sólo foi pra quen"a oíu. // Ameteo o río. Ameteron as fontes/i os fontegallos dos montes./ Naz"a auga a golforón./ Regan os prados a cachón."
Aínda teño unhas fotocopias, así mesmo singularizadas polo noso poeta cun rotulador, dos testemuños que sobre a súa obra deixaron escritos Ramón Otero Pedrayo e Luís Seoane. Finalmente, con trazo que quere ser firme pero que, efectivamente (agora véxoo), está crebado como unha premonición no seu final, xustamente na palabra Novoneyra, quedoume del tamén a adicatoria datada en abril de 1999 do libro de entrevistas con Emilio Araúxo, Dos soños teimosos,onde Uxío deixou apousadas moitas ideas. De aí, dese libro, foi de onde, a petición do poeta enfermo, tirei algunhas liñas para o citado número da revista Ínsula.
Moito lle agradecín o xesto de humildade que me amosou proporcionándome o material requirido (el, que fora todo un demiúrgo poderoso do Caurel), en contraste cos inflados de soberbia, figuras grotescas que moldearía moi ben Honoré Daumier e que se negaron a colaborar naquel número extraordinario da revista que tan ben lle parecera a Paco del Riego, colaborador entusiasta no evento e que chegou a dicirme: "Anxo, isto é o que cómpre facer", referíndose á conveniencia de presentar fóra das nosas fronteiras os froitos do país. Hai quen pensa, non obstante, imbéciles e escuros, que a humildade está rifada co seu xenio imprescindíbel..
Nom se trata de SER
por Valentim Fagim, no Galicia Hoxe:Uma das dialéticas que mais tenhem povoado a Galiza nos últimos quarenta anos tem a ver com a identidade do galego. Por outras palavras, a pergunta Quem fala a minha língua? oferece no nosso país duas respostas:
1)A minha língua é a língua da Galiza.
2)A minha língua é a língua da Galiza, do Brasil, de Angola, de Portugal, etc. e tal.
Som inúmeros os debates que a este respeito podemos encontrar na Net seja qual for o tópico de origem. Como afirma sabiamente a Lei de Berto: "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1".
A meu ver, a chave de tanta paixom dialética radica no verbo SER. Este verbo é essencialmente binário, a resposta ou é A ou é B. Este tipo de diálogos povoam a história da teologia, da filosofia e da política com resultados muitas vezes pouco simpáticos.
Ora, quando falamos de identidade lingüística nom temos por que ser escravos do verbo ser. Na verdade, o que acontece é que as pessoas usamos a nossa língua para determinadas funçons. Por exemplo, o autor deste texto usa o galego para comunicar-se com pessoas do Brasil ou de Angola, para obter informaçom na rede, para ler ensaios referenciais ou para ver filmes em versom original com legendas. Eu vivo o galego como sendo umha língua internacional.
Enfim, nom se trata de SER mas de VIVER. Como a vives tu?.
martes, 22 de febreiro de 2011
Lois Pereiro. As armas da paixón
Román Landín, desde o seu Caderno da Lingua recoméndanos o documental didáctico de Sara Paz (guión), do CPI San Vicente da Baña, e Luís Aldegunde (edición), do CPI Os Dices de Rois, sobre a vida e a obra do homenaxeado das Letras Galegas. Eles son tamén os autores d’Os traballos e os días de Uxío Novoneyra, mais agora tócalle o turno a Lois Pereiro. As armas da paixón, outro interesante traballo que contribúe a coñecer mellor a figura de Pereiro a través das reflexións de Arturo Casas, Menchu Lamas, Antón Lopo, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro.
luns, 21 de febreiro de 2011
En Galiza non existe o auto-odio
por Xesús González Gómez, na Nosa Terra:
Co gallo dunhas palabras dunha tal Marta en Gran Hermano volveu ás columnas xornalísticas de xente máis ou menos vinculada ao nacionalismo a palabra auto-odio. É unha palabra que se usou, e aínda se usa, moito para explicar o que algúns consideran inexplicábel. É, tamén, unha palabra comodín, en certa maneira. Os sionistas aplícana a todos aqueles xudeus non-xudeus (que dicía Isaac Detscher, aínda que na versión española de tal conferencia traduciron xudeu non-sionista), é dicir, aqueles non-xudeus que nunca estiveron a favor dun estado xudeu, sionista ou non, que foron moitos, tanto homes e mulleres de esquerda como de dereita. En Galiza, a palabra úsase, sobre todo, para definir o “estado de ánimo” de xente que está contra o galego, ou que lle dá vergonza falar o idioma que mamou desde neno/a e que, de seguro, adoita usar na intimidade familiar cos seus maiores, etc.
Mais, acho, vai sendo hora de cambiar a expresión. Sobre todo por parte daqueles que queren (queremos) atraer cara ao noso idioma a maior cantidade de individuos posíbeis. Cambiar a expresión, por diversas e variadas “razóns”, desde, digamos, socióloxicas até, mesmo, científicas.
O primeiro paso que se debe (ou debemos) facer para intentar comprendermos ese individuo (home ou muller, iso dáse por descontado) sobre o que se lanza o “estigma” de auto-odio é escoitar as súas razóns, e, como afirma Jacques Rancière, contra Pierre Bourdieu, dalas a ler como razóns e non como expresión dunha desgraza: o auto-odio. Esta posición pode e debe impedir que se caia no desprezo do outro, que non é capaz de coñecer os seus “males”, as súas “doenzas”, e debe impedir actuar como se o “diagnosticador” fose un médico que despois de dar cos males do doente receitase as medicinas que ían curar a este, descoñecedor de todas as súas enfermidades e, por suposto, dos remedios para a súa curación. Por outra parte, como afirma Rancière, o desprezo non se cura mediante ningunha ciencia, senón mediante o seu contrario: a consideración. E todos sabemos, mesmo antes de Richard Sennet (talvez haberá que ler, ou reler, os libros deste para intentar achegármonos sen displicencias, superioridades, vitimismos, etc., a ese “fenómeno” que se deu en chamar auto-odio), xa que, como afirma o sociólogo americano “a caridade mesma ten o poder de ferir; a piedade pode enxendrar o mesnosprezo; a compaixón pode estar intimamente ligada á desigualdade”.
Mais antes de intentar xustificarmos porque pensamos que se debe desterrar o concepto de auto-odio por outro que logo mencionaremos, fagamos un pouco de, digamos, historia. Ou mellor, mencionemos algunhas “anécdotas”.
O auto-odio, inter nós, é entendido, seguindo a Rafael Ninyoles, como a vergonza que sente un falante de expresarse na súa lingua propia. Máis ou menos, si fa non fa, que din os cataláns. Cómo se chegou a iso? Necesitaríanse moitas páxinas e profundos estudos para tirar algunha conclusión. Non estou capacitado para realizar tal traballo, así que me dedicarei ás “anédotas”. Ao mellor parvas, máis que poden inducir a pensarmos.
Pediuse, ou pedímoslles, ás famosas clases subalternas que usen o idioma de seu, é dicir, o que mamaran na súa nenez, maiormente os nacidos nas aldeas ou nos arrabaldes das vilas. Os beneficios que tirarán estas clases de tal práctica serán, afírmase, inconmensurábeis, a empezar pola afirmación de si ou autoafirmación, etc. Todo isto é moi bonito, mais… Mais non temos visto como algúns escritores galegos, defensores do galego, etc., nas súas correspondencias con outros escritores (galegos) usaron sempre do español? (E non quero sinalar a ninguén co dedo, mais por aí corren esas correspondencias). E non só nas súas correspondencias, senón nas conversas entre eles. Os mesmos que só usaron do galego para relacionarse cos outros pídenlles ás clases subalternas que usen o galego: hipocrisía, inconstancia, inconsistencia, duplo xogo, internacionalismo (sic), ou, tamén, e como afirmaría un marxista algo obsoleto, posición de clase? Isto, predicar que hai que falar o idioma propio e logo dar trigo en español, é –ou foi?– unha constante dentro de certos sectores da intelectualidade galega.
O caso catalán
Se un bota man dalgunha historia social da literatura catalá verá, por exemplo, que moitos escritores en catalán que quedaron no seu país despois da desfeita do 1939 publicaron, anos despois, obras que escribiran nos anos 40, a empezar por Antígona, de Salvador Espriu, escrita en marzo de 1939, a dous meses da toma de Barcelona polas tropas franquistas: a obra só puido ser publicada en 1955. Tamén saberá o lector desa historia social da literatura catalá que moitos escritores exiliados: Tisner, Agustí Bartra, Joan Oliver, Xavier Benguerel, etc., publicaron, no exilio, obras en español: antes saíran en catalán en pequenas edicións, e todas aquelas edicións, en español, avisaban que estaban traducidas do catalán. Outros/as gardaron as súas obras na gabeta até o momento en que puidesen ser publicadas en Cataluña: Armand Obiols, Mercé Rodoreda, Just Cabot e un amplo etcétera. (Escritores galegos que fixeron algo semellante: Ramón de Valenzuela, Delgado Gurriarán, Antón Fernández… Anoto só exiliados políticos) Por outra banda, deixando de lado aqueles que se pasaron con armas e bagaxes ao franquismo: Sebastià Sánchez Juan, Ignacio Agustí, Carles Sentís, Llorenç Riber ou mesmo Josep Pla (este é un caso “á parte”), moitos dos escritores cataláns que apoiaron por conveniencias de clase o franquismo –e houbo moitos, pode o letor achegarse a ese libro excepcional que é L’Últim Cambó, ou a ese outro, máis anecdótico, mais con moita información, Els cataláns de Franco, de Ignasi Riera–, continuaron a ser, na súa obra de “creación”, unilingües: Joan Teixidor, por exemplo –e o propio Pla, entre outros. Ou Josep María de Sagarra, que se ben non era franquista tampouco era anti, etc.
E en Galiza?
Aconteceu o mesmo entre nós? Non é certo que nos anos 40, e mesmo 50, moitos escritores galegos (é dicir, que escribían en galego) continuaban a usar o español na súa obra literaria simplemente para poder “publicar”, ou por outras causas, xa que hai novelas e obras destes escritores que na década de 1950 podían publicarse en galego sen problemas de censura? Por outra parte, fóra dalgunha excepción, poucos escritores galegos gardaron na gabeta obras súas até que puidesen ser publicadas. E, mentres tanto, a demandarlles ás famosas clases subalternas que gardasen e usasen o galego.
Máis “anécdotas”. Ás veces entramos nunha tenda, en Galiza, e o ou a dependente fálanos en español, continuamos en galego e o ou a dependente acaban por nos falar en galego ao cabo dun pequeno tempo. Volvemos a esa mesma tenda, e volve acontecer a mesma historia, así cada vez que imos a ese espazo comercial. Por que ese ou esa dependente, que xa nos coñece, principia por falarnos en español: auto-odio? As cousas son máis complicadas. E, como remate, ao forzalo/a a falarnos en galego non estamos a coaccionalo/o porque somos os “clientes”? Ese mesmo dependente, se non é amo do seu negocio, dificilmente se dirixirá sempre en galego a un cliente que lle fale en español (aínda que ás veces acontece así, sobre todo en supermercados: loor a eses/as dependentes), e non, evidentemente, por auto-odio. Tamén, e ás veces non nos damos conta, quizais ao lle obrigar (sic) a falar en galego estamos a provocar que ese mesmo dependente, membro das clases subalternas, medre no desprezo de si: non foi capaz de enfrontarse ao superior (resic): o cliente, é , dicir, nós. Porque hai un dato que non se pode esquecer: o galego salvouse mediante un acto de barbarie por parte do Estado español e da nosa burguesía (porque si, tivemos unha burguesía, non sei se aínda temos, que actuou tal e como predicaba herr doktor Marx: explotadora, internacionalista e atenta aos seus intereses: a burguesía nacional non existiu en ningures, talvez fóra dos inicios da revolución burguesa en Inglaterra e Francia; noutras palabras, os males non viñan, nin veñen, de fóra) contra as clases populares: mantelas no analfabetismo durante séculos. As clases populares, as clases subalternas, aumentaron o seu “nivel de vida” e educativo cando foron alfabetizadas (en español): renunciar a este idioma, non podía, para elas, significar volver atrás, aos tempos da miseria? Habería que estudar polo miúdo o nacemento das organizacións obreiras no país durante o século XIX así como a súa prensa. E ben sabemos todos as posicións de socialistas, comunistas e anarquistas fronte ao idioma durante moitos anos.
Non. Non existe por parte das clases subalternas o chamado auto-odio. Existe, pode existir, un rexeitamento do galego. Mais ese rexeitamento é debido, como afirmaba Horkheimer a respecto dos sentimentos dos xudeus integrados en Alemaña fronte aos xudeus que proviñan do Leste, un medo ao “inferior”, a ser considerado e tido como inferior. E predicarlle á xente que temos os remedios para os seus erros e os seus sufrimentos, é consideralos, simplemente, inferiores.
No febreiro 21
No Galicia Hoxe, poema de David Otero:
No febreiro 21
De David Otero (no noso galego materno)
... E ti lingua nosa
... E ti lingua nosa
el como terás un lugar
para o perfume
- nai-
se arestora aínda non constrúes
o teito branco
que preserve
- nai -
o manto azul
de tantos alentos.
Nin tampouco
-nai-
o lume.
Ese lume...
- nai-
das aflorecidas alboradas
Das aflorecidas...
nas raiolantes plenitudes
da nosa mellor estrela.
"Nos EEUU, bilingüismo é sinónimo de oposición á lingua maioritaria e asoballante "
Manuel Vidal Villaverde entrevista a Gabriel Rei Doval no Galicia Hoxe.
Gabriel Rei-Doval (O Baño-Mugardos, 1967), doutor en Filoloxía Galega, é profesor de sociolingüística no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU).
Gabriel Rei-Doval (O Baño-Mugardos, 1967), doutor en Filoloxía Galega, é profesor de sociolingüística no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU).
Boa tarde, Gabriel, permíteme que de entrada faga unha introdución-pregunta ‘in extensum’, se cadra, para que ti reflexiones sobre a miña reflexión, naturalmente a propósito da nosa lingua. Fannos vivir, este novo goberno da Xunta, non nun bilingüismo patético e ao meu ver sempre imposíbel,por varias e distintas razóns que, dadas as circunstancias non inventadas, por suposto, é de natural imposíbel. O natural é político, como certeiramente enfía a miña amiga a profesora Teresa Moure, a quen ti supoño que coñecerás; entón, Gabriel, en ningún caso transmite unha realidade equilibrada dese bilingüismo proposto, pois entre outras razóns, tal equilibrio poderíase dar en igualdade de competencias de ambas as dúas linguas pola sociedade galega, e ese, en ningún nivel é o noso caso, nin sequera nos círculos academizados, pois os dous idiomas transmítense con abundante penuria, o que dá lugar, en primeiro termo, a unha diglosia estarrecedora, en ambas as dúas direccións: galego>castelán (non me esquezo do dirsurso da nova académica da español) e castelán>galego. Do intento frustrado do Decreto de Normalización Lingüística, cinicamente combatido e incumprido, pasamos ao "decretazo" mal cociñado polo PP español e os seus asociados independentes. Bautizouse ao "napelo" con dous adxectivos inapelábeis: "harmónico" e "cordial", dúas andrómenas que non hai por onde collelas", que digan o que digan incorren un delito de lesa lingua galega… Recente o profesor e tamén amigo, "descobre" un "bilingüismo restitutivo", que eu entendo como máis do mesmo. Só a inmersión total e sen compoñendas, é a salvación do noso idioma. Ah, a elección dos pais na lingua na que se ha educar os seus fillos, é máis que discutible aquí e en Londres. No canto do trilingüismo, escollendo como terceira lingua o inglés paréceme "moi interesante" pero non menos ‘cursi’ e disparatado, poñendo como exemplo, e con todo, meu, os meniños de Sarria, Piornedo, Campa da Braña, Celanova, ou outras moitas vilas e cidades da nosa nación. Agradézoche, pois, a túa reflexión despois desta introdución advertida, non é?
A túa introdución sen dúbida dá para moitas reflexións. En realidade case pide un tratado, mais só me referirei a algúns aspectos. A verdade, o actual goberno galego non vai pasar á historia precisamente como o que máis e mellor promocionou a lingua propia… aínda que quizais si por todo o contrario. En todo caso, o bilingüismo, como comportamento individual e social, en absoluto é imposible. En realidade é a pauta habitual en moitos individuos e sociedades. Outra cousa son os discursos creados ó redor del e a súa utilización na dinámica social. Os termos bilingüismo harmónico, cordial ou equilibrado ("made in feito na casa") son profundamente desafortunados e favorecen a preservación dunha inxustiza historicamente imposta en Galicia como comportamento social, coa cínica escusa de buscaren un ben e un achegamento positivos que só oculta a ausencia de compromiso para muda-las cousas. Eses discursos suxiren a harmonía como escusa para seguir ocultando o desequilibrio, a cordialidade como cortina de fume da submisión ós parámetros sociais historicamente impostos e o equilibrio para apartar dos ollos o profundo desequilibrio e falta de igualdade de oportunidades que tiveron –e en boa medida aínda teñen– os galegofalantes respecto a aqueles que teñen como idioma o castelán.
Porén, paréceme que esa "bilingüifobia" que caracteriza unha parte dos activistas a prol do galego é un erro estratéxico impresionante. Ó rexeitaren todo aquilo que teña algún cheiro distinto do monolingüismo consciente e militante, os implicados co galego estamos deixando a aqueles que queren loitar contra o noso idioma un terreo que lexitimamente non lles corresponde. Paréceme unha ironía tremenda que no noso país exista unha asociación chamada "Galicia bilingüe" que en realidade está a apostar por unha acérrima procura do monolingüismo en castelán. Como explicaba eu hai pouco en EEUU, "Galicia bilingüe" debería ser rebautizada como "Spanish-only Galicia" (alí hai un grupo anti-minorías que non ten vergoña en chamarse "English only"). É evidente que tan exiguo e insignificante grupo social só puido acadar a notoriedade actual grazas ó apoio mediático e político da "dereita españolista" máis rancia e resesa, pero non é menos certo que a(s) estratexia(s) utilizadas por parte do nacionalismo galego non foron eficaces.
Por explicalo en termos futbolísticos, o nacionalismo galego púxose a xogar con sete defensas e sen dianteiros, deixando que o contrario despregase toda a súa artillería de ataque e pechase o galeguismo no seu campo arredor da área pequena do monolingüismo, na que apenas fai outra cousa que botar balóns fóra. Aqueles contrarios ó galego, sen xogaren con once, gozan da maior parte do campo, pero o partido aínda está no primeiro tempo (porque non dura noventa minutos, senón mil primaveras).
Nos EEUU, bilingüismo é sinónimo de oposición á lingua maioritaria e asoballante –o inglés– e en todo o mundo existen movementos, estratexias e investigacións que procuran como (re)introducir linguas minorizadas aló onde as maioritarias as teñen esganadas poñendo énfase nas posibilidades que presentan os falantes bilingües. Mesmo se teñen cuñado termos como "bilingüismo cíclico" para falar de como individuos que nun momento abandonan a lingua minorizada poden recuperala se as condicións lles son máis adiante favorables. Non todo tipo de bilingüismo pode ser considerado pecado carnal.
"Bilingüismo restitutivo", termo proposto por Henrique Monteagudo, é unha aposta sen dúbida discutible, coma calquera outra. Pero non se pode nega-la súa audacia. Necesitamos renova-lo espírito crítico do nacionalismo e o galeguismo. E para iso cómpren novas ferramentas analíticas que nos permitan renova-lo discurso e mellora-la posición e a presenza no escenario social. E para facelo debemos multiplica-la nosa audacia e non ficar paralizados polo medo ó incerto. Só retando os nosos límites seremos quen de renovarnos. As ideoloxías invariables son como a auga estancada que acaba enxendrando réptiles no seu interior.
En canto á inmersión lingüística, nada rexeitable hai nela: máis ben todo o contrario. É unha estratexia probada e confrontada con grande éxito en todo o mundo para promove-la aprendizaxe lingüística, tanto de linguas minorizadas como maioritarias. Sen dúbida, resulta paradoxal rexeitar tal estratexia para aprende-lo galego en Galicia mentres se ve con bos ollos para adquiri-lo inglés en Madrid. Tal contradición si que é ideoloxía pura (no mal sentido da expresión) e carente de calquera base real ou sustento empírico.
Como se sente un galego explicando o que ti explicas na Universidade de Wisconsin-Milwaukee… Cal foi e é a acollida?
A acollida en Milwaukee foi moi boa, e sen dúbida a experiencia de vivir e entende-lo contexto bilingüe no noso país foi moi útil para entende-lo bilingüismo inglés-español nos EEUU, que porén tampouco é homoxéneo. Un decátase do importante que é a autoestima e o amor (non só querencia folclórica) polas raíces para preserva-la lingua propia. Por outra banda, nos EEUU hai unha gran valoración do que sabes e queres facer, antes que de quen vés sendo. Eu cando cheguei alí non coñecía ninguén no meu traballo nin me preguntaron con que partido, tendencia ou parroquia ideolóxica simpatizaba antes de contratarme. Esas cousas axudan a un a sentirse acollido.
Percibes ou percibiches conciencia clara da cultura galega por parte da sociedade británica ou americana?
Nos EEUU, nin da galega nin da española. Aínda que o país é moi grande e diverso. En xeral, a conciencia sobre Galicia adoita vir da existencia de galegos nesa zona, algo que en Wisconsin non acontece. A emigración (diáspora, galeguidade ou como lle chamemos) ten unha transcendencia infinitamente maior do que algúns pensan: sen ela Galicia probablemente non sería coñecida fóra da Península. Aínda que o Camiño de Santiago tivo tamén unha función importantísima en Europa e en certos grupos (sobre todo xente nova e clases medias) dos países desenvolvidos. A verdade, vivir durante unha década lonxe da Terra (no meu caso entre o Reino Unido e os Estados Unidos) é todo un exame á querencia por Galicia e a nosa lingua. Para min, simplemente non ten sentido, non é concibible estar no mundo, emocionalmente falando, se non é desde unha perspectiva galega.
Na actualdade, cal é a diagnose e "farmacoloxía" lingüística que ti aplicarías para saír desta patoloxía, que insisto, para min non ten outra cura que a inmersión sen máis?
Eu máis que de farmacoloxía falaría de terapia (psico)sociolingüística. Os individuos son moito máis que química. E se tivese que acudir ós fármacos utilizaría máis a homeopatía que a medicina convencional, á que só recorrería en caso de necesidade extrema. Ademais, debemos ter coidado ó falar de patoloxías, porque á xente non lle gusta ser tomada por enferma, sobre todo en cuestións sociolingüísticas.
O que me parece importante é facer patentes as condicións que producen ou favorecen eses comportamentos "patolóxicos". E tamén reforza-las defensas do noso organismo –social e individual– galego, así como a súa capacidade de recuperación. Sería fantástico se soubésemos (re)utiliza-las condicións actuais en termos homeopáticos. A beladona –como o bilingüismo harmónico e equilibrado– é unha planta que en doses extremas mata, pero que en doses reducidas pode facer reacciona-lo corpo fronte á enfermidade e axudar a que este se inmunice.
O país das palabras
![]() |
| Adicionar legenda |
Lembra Víctor Freixanes, comentando O libro da vaca -1.600 páxinas de Pedro Benavente e Xesús Ferro Ruibal publicadas polo Centro Ramón Piñeiro-, que para nos referir ao becerrotemos no noso idioma 64 formas diferentes, e que, segundo o noso entrañábel animal teña os cornos, as distintas denominacións do mesmo chegan case a cincocentas. E isto, amigos lectores, é realmente extraordinario. Sen dúbida, Galicia, a través do seu idioma propio, posúe unha riqueza lingüística de amplísimo espectro, e tanto é así que até a última edición doVocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa de Porto Editora (2009) -o galego é pai do portugués, non o esquezamos- incorpora, grazas ao traballo realizado pola Academia Galega da Língua Portuguesa, arredor de 800 formas léxicas propiamente galegas que hoxe deixaron de ter uso habitual na chamada lusofonía; palabras tan fermosas como, por exemplo, lóstrego ou brétema. O Dicionario da Lingua Galega de Isaac Alonso Estravís -o mellor dicionario do idioma galego realizado até o momento- anda xa perto -agora na súa versión electrónica actualizada- das 127.000 entradas, o que dá mostra da inmensa potencia léxica coa que contamos. ¿E que podemos dicir da nosa riqueza toponímica? A toponimia galega -lémbranolo Ferro Ruibal- é a máis voluminosa de toda España e, case con toda seguridade, se incluímos aquí a denominada microtoponimia, é tamén a máis voluminosa de Europa. E aí temos outro gran dicionario, este de incalculábel valor en todos os sentidos. Pois ben, lembrábao estoutro día en Pontevedra o arqueólogo Xosé Lois Vilar: en menos de 10 anos perderanse en Galicia entre 1 millón e 1 millón e medio de topónimos. Unha ameaza e unha realidade. Un dos nosos grandes tesouros lingüísticos -patrimonio cultural galego e universal- corre un serio perigo de desaparición. ¿Que se está a facer na actualidade para impedir que isto ocorra? Se non se salva a toponimia de xeito urxente, perderase para sempre. E o país e nós morreremos tamén coas palabras..
Atención telefónica en galego
por Carlos Callón, no Galicia Hoxe:
Hai tamén algunhas empresas en Galiza que din que garanten o dereito de atención en galego para quen así o solicite expresamente. Penso por exemplo no caso dos estabelecementos do grupo Corte Inglés ou na FNAC. Porén, a verdade é que as traballadoras e traballadores destas compañías non teñen como requisito unha formación lingüística en galego nin saben que os seus directivos presumen de ofrecer atención en galego. Cando esteas nalgún destes estabelecementos, solicita que che respondan no teu idioma e, se non o fan ou te encontras con algún problema, presenta a correspondente queixa ou solicitude. Neste caso, non é necesario que sexa nunha folla de reclamacións oficial, xa que se trata dun escrito interno para a empresa. O teu texto non debe ir dirixido contra a traballadora ou traballador que non che puido atender en galego, pois ela ou el non ten responsabilidade niso (salvo que ofreza un tratamento despectivo, claro). Quen debe saber que non recibiches unha boa atención e que iso pode ter consecuencias no teu futuro como clienta/e é a empresa, que na realidade non garante aquilo do que presume.
O dito até aquí vale para a atención presencial. Mais, na telefónica? Encontrámonos neste aspecto cunha das formas máis intensas de imposición do castelán na actualidade. Hai empresas fornecedoras de gas ou enerxía eléctrica non teñen ninguén que saiba entender o galego ou só o teñen a determinadas horas (segundo isto, para poderes falar no teu idioma só podes ter unha avaría os días laborábeis pola mañá). Case todas as compañías de telefonía móbil (coa única excepción de R) só teñen servizo de atención en galego a algunhas horas ou dependendo do tema polo que chames. Hai empresas de asistencia en estrada coas que parece misión imposíbel continuares a falar en galego. E así cun amplo e discriminatorio etcétera.
Coas mesmas orellas que agora levo postas, unha traballadora de Movistar espetoume hai dez días que eu podería ter atención en diferentes "lenguas" como o español, o catalán, o inglés ou o alemán, mais que non tiñan servizo para "dialectos". Non discutín con ela, pois nin ela era responsábel nin coñecía o alcance ofensivo das súas palabras. Só lle pedín que tramitase a miña queixa e así o fixo.
Seguro que quen falades habitualmente galego e ledes estas liñas estades a facer que si coa cabeza mentres comento a anécdota. Só na semana pasada, souben do caso de tres persoas diferentes (Silvana, Rosa, Paulo) ás que, con toda a má educación, lles cortaron a chamada porque falaban galego en Galiza.
Ante estas situacións, temos que saber que si temos plena cobertura legal para presentar a correspondente queixa oficial. A disposición adicional sexta da lei 1/2010 estabelece que todos os prestadores de servizos que operen no territorio da comunidade autónoma galega, "con independencia do lugar de estabelecemento orixinario" (isto é: non importa se nos din que nos chaman desde os antípodas, ese é problema da empresa, non noso), "deberán respectar o marco legal vixente en materia lingüística". A norma estipula que estas empresas "favorecerán a normalización progresiva do uso do galego na prestación dos seus servizos e deberán ofrecer aos seus destinatarios a posibilidade de manter a comunicación oral e escrita en lingua galega".
En consecuencia:
Se te chaman para unha oferta comercial ou se chamas ti para realizar calquera xestión, lembra que tes o dereito a continuar falando en galego.
Se che din que te chaman ou te responden de fóra do ámbito dos territorios de fala galega e que non che entenden, non entres en discusións. Por lei teñen a obriga, como mínimo, de te entender, así que teñen que mirar de pasar con alguén que te comprenda falando no teu propio idioma.
Se che exixen mudar de lingua, realizan declaracións ofensivas ou se che cortan bruscamente a chamada por falares galego, anota os datos da empresa e tramita unha reclamación oficial. Pásalle tamén a información á Mesa pola Normalización Lingüística.
Se din que non che entenden, non entres nun diálogo de xordos nin discutas coa persoa que está do outro lado da liña. Lembra que non estás a falar co dono ou a dona da empresa e que esa persoa non é a que toma a decisión de que se marxine o galego.
A pregunta a formular é: "Pode pasarme con alguén que me poida entender?" É moi importante que nos manteñamos no uso do idioma en todo momento. Repara que aínda que esa persoa non comprenda determinado vocabulario ou expresións do galego, unha pregunta como a que lle acabas de formular é perfectamente intelixíbel para calquera castelán falante mesmo que, polo lugar desde onde nos estea a falar, poida non saber nin situar Galiza no mapa. (Anota, se non, as diferenzas entre "Pode pasarme con alguén que me poida entender?" e "¿Me puede pasar con alguien que me pueda entender?")
Se non che comprende esta pregunta, non é porque non entenda en realidade, senón porque non quere entender. Entón, o problema xa é outro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)