Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 31 de marzo de 2014
21 días+ 1
Por se fose pouco todo o traballo realizado dentrto do proxecto 21 días co galego, para acabar de adobalo, chega este vídeo como resultado dun obradoiro lipdub. A actividade foi financiada pola Concellería de Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal.
domingo, 30 de marzo de 2014
Presentación na Estrada de "Coa lingua na terra"
venres, 28 de marzo de 2014
Rosalía vs. Cela
Hai algunhas ideas presentes nesa nube que é a ideoloxía social que sempre aparecen para atacar as propostas normalizadoras. Quen non ten oído, repetida unha e mil veces, a matrácola de que o galego nos sae caro ou que está (ultra)subvencioado? Pois ben, como se fomenta este prexuízo?
No seguinte exemplo veremos como a Consellería de Educación promove sibilinamente a falsa idea de que gastamos os cartos que nos faltan en actividades que teñen que ver coa lingua galega, porén o castelán sáenos gratis.
Se repasamos as notas de prensa que emitiu a Consellería de Educación sobre a Fundación Rosalía, agás un par ([1] e [2]) de presentacións ás que fan referencia pola presenza do político de turno, comprobaremos que procuran obsesivamente informarnos das cantidades que se lles asigna á entidade:
15/07/13: A Consellería asinou este ano un convenio coa entidade [Fundación Rosalía de Castro] por un importe de 60.000 euros
07/01/14: A Consellería de Cultura e Educación investiu 200.000 euros na rehabilitación da casa onde viviu a poetisa galega os derradeiros anos da súa vida. [Fundación Rosalía de Castro]
22/03/14: Xesús Vázquez Abad asinou un novo convenio de colaboración coa entidade [Fundación Rosalía de Castro] que inclúe un orzamento de 26.000 euros destinados á difusión, estudo e conservación da obra de Rosalía de Castro
Pola contra, as noticias sobre a Fundación Camilo José Cela non teñen ningunha referencia aos custes que xeneran. Tamén chama a atención que a cantidade de anuncios relativos ás actividades da Funcación Cela sexa máis do dobre que as que atopamos nas notas da Consellería de Educación facendo mención da Fundación Rosalía, sobre todo nun momento en que a actividade social arredor da obra da escritora de Padrón foi enorme. Posiblemente isto teña moito que ver cunha toma de postura política: a de minimizar a función de Rosalía de Castro na sociedade galega; lembremos que esta mesma consellería retirou do "Calendario do Libro e da Lectura 2014", negouse a asumir no 2013 a conmemoración do Día de Rosalía, vetado xa o ano anterior polo goberno da Xunta.
04/07/13: Cultura e Educación, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, presenta a exposición `La Ría de Vigo, en Imágenes’, e inaugura o horario de verán no Museo de Iria Flavia [sen referencia económica]
01/08/13: A Consellería de Cultura e Educación pon en marcha unha campaña para incentivar aos peregrinos a que se acheguen á fundación Camilo José Cela de Padrón [sen referencia económica]
12/09/13: Cultura e Educación a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela amplía ata finais de setembro a exposición “La Ría de Vigo, en imágenes” [sen referencia económica]
14/10/13: Cultura e educación a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela abre as súas portas a profesorado e monitores de tempo libre [sen referencia económica]
15/10/13: A Fundación Pública Galega Camilo José Cela celebra o tricentenario da Real Academia Española a través da mostra “Unas barbas en la Academia, la RAE en el legado de Camilo José cela”[sen referencia económica]
23/12/13: Cultura e Educación organiza unha nova edición do talleres de Nadal para familias na Fundación Pública Galega Camilo José Cela [sen referencia económica]
17/01/14: Programación Escolar 2013-2014 da Fundación Pública Galega Camilo José Cela. [sen referncia económica]
14/02/14: Cultura e Educación a través da Fundación Cela leva preto de 60 obras de pintura española contemporánea da colección da institución padronesa ao sexto edificio do Museo de Pontevedra [Sen referencia económica]
24/01/04: III Concurso de Microrrelatos Fundación Camilo José Cela. [Sen referencia económica]
27/02/14: Cultura e Educación afonda na vinculación de Camilo José Cela co cine a través da exposición ‘CJC, un novelista na pantalla’ [Sen referencia económica]
21/02/14:Cultura e Educación conmemora o centenario da obra “Platero y yo” cunha exposición monográfica. [sobre esta e outras actividades gratuítas]
17/01/14: Cultura e Educación recorda ao nobel Camilo José Cela no XII aniversario do seu pasamento a través do concurso de microrelatos da súa fundación [sen referencia económica]
Apenas temos noticia das fraudes cometidas pola Fundación Camilo José Cela, pero podemos seguir lendo novas recientes sobre a curiosa donación que o ex-director da Fundación fixo a un museo de automóviles de Salamanca dun Jaguar S-Type que pertencera a Cela.
Non sabemos a cantidade total dos cartos que a Xunta, as deputacións e o Concello de Padrón, destinan a unha fundación que practica a exclusión do galego. Sabemos que, convenios a parte, a cifra anda polos 332.294 €. Céntimo a céntimo, sacado do peto dos galegos para promover a ultra-instalación do español nunha terra cada vez máis necesitada de Rosalía.

xoves, 27 de marzo de 2014
;-)
Como cho digo é outra boa idea da CTNL. Trátase dunha campaña para a visibilización do galego nos medios. Calquera persoa ou entidade pode sumarse e recibirá unha declaración personalizada que pode entregar aos medios no caso de participar en calquera evento noticiable.
Isto lémbrame unha iniciativa da NASA que entre os anos 2009 e 2011 abriu a posibilidade a que todo o mundo enviara o seu nome a unha base de datos que se enviaría na nave Curiosity. De volta a NASA mandábache un certificado que indicaba que o nome desa persoa se gardaba nun microchip da nave-laboratorio que percorreu a superficie marciana.
Neste caso, para polo menos, sentírmonos un pouco menos extraterrestres, se nos sumamos á inicitiva da CTNL, obteremos unha declaración que comenza así:
Declaro
Que me gustaría que o galego se visibilizase máis na prensa e que, polo tanto, cando me
expreso en galego, se as miñas declaracións son recollidas en medios de comunicación do
país, estas se reflictan e difundan en lingua galega.
Carta de Mero a ProLingua
por Baldomero Iglesias Dobarrio nas Voces de Prolingua:
Amigas e amigos de Prolingua, alédome que vos gustase a canción. Grazas. A idea de botar man da música e da palabra é para ofrecer un aloumiño, unha canción, un afago de desexos e tenrura.
martes, 25 de marzo de 2014
Lonxa na rede
Lonxa na rede é unha central de poxas online na que permitirá ao sector comercializador mercar polbo capturado nas confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, Pindo e Porto do Son.
Xunto a esta inicitiva temos outra, a da comercialización da marca Polbo de lonxa, unha marca que quer ser unha garantía de calidade ante os consumidores. Parece unha boa idea para reactivar un sector que carga con mil dificultades.
O malo de todo isto é a secundarización, outra vez, á que se ve sometido o galego. Xa de primeiras o acceso é mediante a dirección http://www.lonjaenlared.com/gl/.
En segundo lugar, é demasiado redundante ter unha aplicación en galego e ao mesmo tempo en castelán, se só vai ser usado pola comarca fisterrá. Un exemplo máis do caro que nos sale a sobreabundancia do español. Era necesario?
En terceiro lugar, no anuncio da marca Polbo de lonxa xa se nos avisa de que a marca é "Pulpo de lonja", ou mesmo que o (verdadeiro?) nome da inicitiva é "Lonja en la red". Sabendo como é a situación social da lingua galega, cargada de prexuízos, un pequeno paso adiante sería dispoñer desta plataforma en galego pois, ou moito me equivoco, ou unha gran parte dos seus usuarios, polo aquel de asociar o galego a determinadas funcións, non van facer uso da opción secundarizada, da que emprega o galego. Chegados a este punto, eu xa ando mosqueado, e estou por apostar que estou vendo re-editada a historia do Gallega 100% (o de gallega é referido ao leite)
Unha cuarta anotación. Todos nos podemos decatar de que una aposta desta plataforma polo galego serviría para darlle valor de realidade e verosimilitude ao produto Polbo de lonxa e a un tempo permitiría dar a coñecer tanto aos foráneos como aos do Carballiño o nome que os galegos lle demos ao octopus vulgaris.
En quinto lugar, a entidade que xestiona estas iniciativas identifícase como Agrupación de Interese Económico *Finisterre Sur Pesca
Un sexto apuntameno. Non se deixa dúbida de que a lingua de partida da plataforma é o español. Nesa lingua veñen redactadas as novas e, se cadra, aparecen mal traducidas ao galego. Como exemplo esta referencia: "Catro barcos capturan trinta e catro toneladas de lubina" [sic].
Por último, o corpo desta noticia xa nin en galego aparece.
luns, 24 de marzo de 2014
domingo, 23 de marzo de 2014
Nós cantar cantamos
No transcurso deste último mes no apartado da columna da dereita reservado para as novas dos blogues foron aparecendo nas Ferreiras e na Marela Tarabela a mesma serie de fermosísimos carteis realizados nas aulas do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín).
36 escritoras, 36 poemas e 36 carteis seguindo o ronsel de Rosalía de Castro foron publicándose neses dous blogues e encheron os expositores do IES Ramón Mª Aller e do IES Pintor Colmeiro (Silleda), ligando o Día de Rosalía co Día da Poesía.
Xela Arias, Luz Pozo Garza, Lucía Novas, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Elvira Riveiro Tobío, María do Carme Kukenberg, Pilar Beiro, Pilar Pallarés, Pilar Cibreiro, Ana Romaní, Helena de Carlos, Yolanda Castaño, Marica Campo, Antía Otero, Oriana Méndez, Rosalía Fernández Rial, Lorena Souto, Olalla Cociña, Rosa Méndez Ponte, Helena Villar Janeiro, Olga Novo, Alba Payo Froiz, Chus Pato, Medos Romero, Eva González Blanco, Xohana Torres, Dulce María López Rivera, María Mariño e Marta Dacosta Alonso.

venres, 21 de marzo de 2014
Javier Gómez Noya. Premio Leixapren 2013
A CGENDL concedéralle o premio Leixaprén na súa edición do 2013 a Javier Gómez Noya, triatleta de prestixio mundial. Como a un iso do deporte lle queda moi lonxe, a cousa quedárame nos cavorcos da memoria. Mais pegándolle un repaso ao blogue do ENDL do CEIP Campolongo fun bater con esta entrevista que un traballador incansable do ensino pola lingua, Nito, lle fixo ao campión mundial. Para ser máis precisos, Nito é o portavoz do alumnado do CEIP, quen foi realmente quen redactou o cuestionario.
Un exemplo máis de que restrinxirlle funcións á lingua ten tanto sentido como andar batendo paus contra o vento.
Vía Ghafos
xoves, 20 de marzo de 2014
Rosalía 3.0
ROSALíA 3.0 from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
Xa ventaba eu que iso do Abalar servía para algo. No CEP Sequelo (Marín) deron cunha aplicación realmente orixinal.
Cunha referencia a esta actividade tamén deixo de actualizar a entrada sobre as celebracións do Día de Rosalía
mércores, 19 de marzo de 2014
Lingua estranxeira para a Consellería de Educación
Un par de días despois reproducían a noticia desde a Confederación de Anpas.
O conto non tería moito que comentar... se a política lingüística da Xunta fose moi outra. O que non nos estraña xa é a identificación da Xunta co desprezo da lingua galega, por algo será.
Neste erro (?) o que vemos é un retrato da súa forma de actuar respecto da nosa lingua, que polo que se ve, non é a deles. Nós, os que falamos galego, somos de facto os estranxeiros na nosa patria, somos os que, sen lar nin arrrimo, contemplamos as palabras da nosa lingua como se fosen lumes fuxitivos esvaéndose nesta podremia pantanosa.
¿A Cruña ou A Coruña?
pola Cerna de Prolingua nas Voces de Prolingua:
No facebook de ProLingua do pasado 11 de marzo Adrián Blanco expuña unha dúbida sobre o topónimo A Coruña e preguntaba“por que non se usa a palabra A Cruña coma forma oficial?”.
martes, 18 de marzo de 2014
Non impartimos cursos Celga
Este é un exemplo da escurantista e revanchista forma de actuar da Consellería de Educación. No día de onte, 17/03/14, recibiuse no meu centro unha chamada do Gabinete de Normalización de Pontevedra, dependente da Consellería de Educación, ofrecéndolle ao profesorado de Lingua e Literatura Galega do noso centro a impartición dos cursos Celga que se programan na Estrada. E ao dar resposta negativa, a quen chamarían despois? ao IES de Forcarei? ao de Cacheiras?, ao CPI de Cuntis? Con que criterio se fan as contratacións co diñeiro público? Non derivará este tipo de actuacións na calidade dos cursos Celga? Por que non se ten en conta para nada o criterio da experiencia da impartición nos anos anteriores?
Se eu puidese dar os cursos, negaríame a impartilos. Así que o menos que podo facer é recoller esta entrada do ENDL As Ferreiras:
Máis:
CIG-Ensino denunciará por improcedentes os 476 despedimentos de docentes do Celga, no Sermos Galiza
Se eu puidese dar os cursos, negaríame a impartilos. Así que o menos que podo facer é recoller esta entrada do ENDL As Ferreiras:
Velaí que a Consellería, deixa de ofrecer os cursos preparatorios Celga ao profesorado en paro e cos que segundo o informe da Inspección de Traballo mantén unha relación laboral. Concretamente, a Inspección Provincial de Traballo da Coruña, despois dunha inspección á Secretaría Xeral de Política Lingüística, comprobou que o profesorado que viña impartindo os cursos Celga non estaba dado de alta na Seguridade Social, non se cotizaba por el como corresponde e non tiñan recoñecidos os seus dereitos laborais. En consecuencia a Xunta terá que asumir unha forte sanción económica e debería reformar a escurantista metodololxía de contratación coa que actúa.A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) fixo unha proposta para a mellora da planificación dos Celga na que incluía a creación dunha lista pública e transparente de profesorado colaborador na que se valorara obxectivamente a experiencia e a formación para a impartición destes cursos e se abrira o camiño á profesionalización no sector.
En vista do exposto, considerando que esta forma de realizar contratos para a adminstración pública carece da transparencia e as garantías necesarias, e en solidariedade co profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga, o profesorado do noso centro rexeitou o ofrecemento da Consellería.
Máis:
CIG-Ensino denunciará por improcedentes os 476 despedimentos de docentes do Celga, no Sermos Galiza
luns, 17 de marzo de 2014
A cara da imposición
Neste retallo audiovisual pónselle cara á imposición lingüística. Cando o periodista se achega obtén unha resposta chea de fachenda, prexuízos e falta de educación. Faino así porque se sinte fortalecido polo discurso da imposición do español. Segundo o seu construto mental, un finxido "no entiendo" debería chegar para que o interlocutor teña que verse forzado a cambiar de lingua. Consiste nunha actitude agresiva, de imposición da lingua que ten todas as garantías, co fin de reducir a presenza da lingua da terra e dar un paso máis no proxecto nunca declarado de lingüicidio.
Vía Cousas de Imeneo.
domingo, 16 de marzo de 2014
Ollos de aula13 + A letra miúda 5
Xa van 13, e está claro que non poden parar aquí.
Un retalliño para provocar a lectura deste novo número da revista:
Un retalliño para provocar a lectura deste novo número da revista:
o look estrela para os vindeiros meses vai ser a combinación da lingua galega coas actitudes abertas e sen prexuízos; un estilo atractivo e contemporáneo, que se adapta perfectamen-te a ámbitos urbanos e ao ritmo de vida das xeracións máis novasTamén aproveito para recomendar o artigo de Mercedes Queixas no número trimestral da outra revista da CGENDL, A letra miúda. Neste artigo desenvólvense criterios básicos para a confección dun documento maltratado e que desde a posta en marcha do funesto decreto 79/2010 normalmente fica aparcado e sen desenvolvemento nos centros de ensino. Trátase dos Proxectos Lingüísticos de Centro. Dese unha perspectiva normalizadora, temos unha guía para o seu desenvolvemento.
sábado, 15 de marzo de 2014
O “Adiós ríos, adiós, fontes” da St. Mary’s Primary School
Non me lembro da primeira vez que escoitei falar de Rosalía de Castro. Crecín con ela, a súa poesía acompañoume ó longo da miña vida, sempre da forma brillante e perfecta na que só ela soubo cantar e entender a alma e a forma de sentir da súa xente, de todos/as nós. Hai dez anos, mentres estudaba o bacharelato no I.E.S. María Soliño en Cangas, tiven a sorte de que un dos mellores mestres que tiven me ensinara outra Rosalía máis: a técnica, os recursos, a teoría. A descrición e a reivindicación, a sensibilidade e a forza. A perfección.
venres, 14 de marzo de 2014
Telexornal desde o CPI de Navia de Suarna
)
Gustoume moito este telexornal gravado polo Alumnado do CPI de Navia na Fundación TIC dependente da Deputación de Lugo. Unha iniciativa lúdica e que de seguro aportou novos e gorentosos coñecementos ao alumnado do CPI. Parabéns!.
Vía ENDL Navia de Suarna

mércores, 12 de marzo de 2014
Dicir a palabra complexo
Especialmente adicado ao profesorado de matemáticas, para que cando fale dos números complexos, o faga coa pronuncia correcta.
Ademais Xosé Luis Regueira tamén nos comenta a pronuncia de reflexo e crucifixo.
E de postre, unha explicación sobre as palabras que deben pronunciarse con ks, do blogue Dúbidas do galego
Compromiso e desleixo
por Andrés Coruñago Laxe nas Voces de Prolingua:
A principios dos anos oitenta tiven coñecemento da actividade dunha asociación barcelonesa comprometida coa normalización da lingua catalá na cidade de Barcelona. Comezaran o seu labor, dunha forma moi intelixente no campo da hostalería. Querían que os restaurantes da cidade contasen coa carta de menús tamén en catalán. Hai moitísimo tempo que os cataláns saben aquilo que dixera Castelao: “unha lingua non nace por vontade dos homes, senón por necesidade do seu progreso”. E así lles vai.
martes, 11 de marzo de 2014
Os empresarios, sen galego
Ésta é a nota que se pode ver na páxina da Confederación de Empresarios Galegos facendo referencia ao peche desde o 31/12/12 do peche do seu servizo normalización lingüística.
Supoño que ninguén, agás algún zunante, dubidará da necesidade de contarmos cun servizo de normalización no ámbito comercial e empresarial. Pero aínda antes deberiamos contar cunha política lingüística que realmente desenvolvera a normalización no mundo económico. Sabe alguén dalgunha medida que se tomara desde o goberno nos últimos anos favorecedora do uso real do galego na empresa? ... Por iso, atopar con noticias como a recentemente divulgada por Prolingua da edición da revista de Eroski para os consumidores sobrepasa xa o ámbito da normalización e pasa a ser todo unha heroicidade. Non sei se hai que lembrar que o goberno de Feijóo tirou ao lixo todas as propostas de promoción do uso do galego no comercio e aprobou unha lei do comercio na que as referencias ao uso da lingua galega destacan pola súa ausencia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)