A parella formada por Jesús Vázquez (conselleiro de Cultura e Educación) e Anxo Lorenzo (secretario xeral de Cultura) son os protagonistas do anuncio que proclaman no web da Xunta na sinatura da colaboración coa Asociación Galicia Milenio encol das actividades culturais que se van realizar no 80 aniversario da misa de Rosalía de Castro. Segundo a nota de prensa da Consellería ésta é unha vía de 'promoción de utilización da lingua galega'
Chamoume a atención a colaboración cunha entidade para min tan descoñecida como Galicia Milenio mentras que non hai forma de que asociacións do recoñecemento a historia e o prestixio da Mesa pola Normalización Lingüística reciban un trato semellante. Así que, comido pola curiosidade procurei información no buscador sobre Galicia Milenio e resulta que se presenta como unha foro de ideoloxía liberal e humanista. Iso si, hai que ser moi xeneroso (ou estar moi cego) para ver a promoción do galego detrás desta presentación
Ningún comentario:
Publicar un comentario