Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 11 de xullo de 2012

O desprezo de Feijóo

Que o seu apelido continúe a ser Feijóo, e non Feixóo é un indicativo ben claro de cal é o lugar que lle corresponden á lingua galega no seu ideario.
Quen oíra algunha vez algúns minutos dun discurso seu tamén saberá do seu desleixo pois fala un galego contaminado.
Quen coñeza a política lingüística que defende, a da queima da normalización, a  prohibición do uso do galego, a exclusión e redución, tamén terá coñecemento do arraigado do seu auto-odio.
 Por se non quedara ben claro, onte volveu a facerlle un desprezo ao galego e polo tanto, a todos os galegos.
A situación era a seguinte: Alberto Ruíz Galladrdón, o ministro de xustiza mantivo un encontro co presidente da Xunta. O resultado dese encontro divulgouse mediante unha nota de prensa aos medios na que se nos ofrece un vídeo de estética completamente institucional, na que Feijóo se dirixe á poboación galega... en castelán. Isto non é o habitual, o Feijóo do desleixo, da prohibición, e da exclusión do galego non se pode presentar espido diante da poboación pois provocaría o rexeitamento;  pero claro, estaba de visita un señor de Madrid e o presidente da Xunta quixo deixar ben claro que  pesa máis a presencia dun castelán ao que, por certo, non se estaba a dirixir no vídeo, que os 2.800.000 galegos aos que nos estaba a contar un acordo co ministro de xustiza.
O resultado desta xuntanza publicitouse coas frases de Feijóo:“do mesmo xeito en que todo o mundo coincide en que o que contamina, paga; agora todo o mundo vai coincidir en que o que queima, paga”
E pagará o que despreza a lingua galega?

2 comentarios:

  1. pois iso, o da nosa lingua en mans de Feijo pirómano e a súa brigada de " dinamitación, é un queime de grande lamento.Por riba unha pailanada propia de tipos acomplexados do que son de certo e en nada lle favorece ao que aparentan.

    ResponderEliminar
  2. Concordo. O malo é que estas evidencias acaban sendo imitadas por moitos: a hipocresía lingüística

    ResponderEliminar