Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 8 de novembro de 2013
Kumbarikira
Kumbarikira urupukira
tsa kumbari utsu ukaima
kurachi wiri tima tsa katupi
tsa kumbarikira urupukira
Este exitoso rap dos nenos do pobo kukama kukamiria fai referencia a un relato do urupukira, unha especie de voitre natural do continente Americano: "compañeiro voitre /o meu compañeiro perdeuse/ de día non aparece/ o meu compañeiro o voitre".
Leonardo Tello, director de Radio Ucamara, un medio implicado na dignificación da comarca e na recuperación da lingua kukama-kukuramiria, comenta que "o voitre, é un animal que todos rexeitan. Sucédelle como á lingua indíxena que é considerada pola escola e o goberno como un idioma de salvaxes que se opoñen ao progreso. Os nenos aparecen coa boca vendada pola prohibición de falar a súa lingua e que avergoñados da súa identidade obrigan os seus avós a que tamén a abandonen. Isto sucede desde que a escola e mal chamado progreso chegaron á Amazonía. Deste xeito a xente é máis vulnerable e manipulable ante os poderes económicos que saquean as terras".
Vía IES Pintor Colmeiro
Etiquetas:
ecolingüismo,
internacional,
música,
Perú,
vídeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario