Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 11 de novembro de 2013

Eratóstenes e a medición do tamaño da Terra



Mañán está programada a vídeo-conferencia sobre as medidas do universo feitas polos gregos. A actividade está organidada pola Coordinadora Galega de ENDL e será compartida por milleiros de escolares de toda Galicia nun acto de reivindicación do uso do galego nas materias de carácter científico. Como introdución á xornada de mañán deixo aquí este vídeo. Posiblemente este sexa  que máis veces puxen nas miñas aulas. Unha breve introdución a un dos momentos estelares da historia da ciencia. Nel explícase moi claramente como Eratóstenes calcula as dimensións da Terra usando simplemente un pau, unha sombra e un paseo entre dúas cidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario