Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 5 de novembro de 2013

Día da Ciencia Sen Galego

Para a SXPL o Día da Ciencia en Galego, xa non é 'en galego'
Indicativo do que é a política lingüística da Xunta de Galicia.
Á SXPL esvaéuselle o Día da Ciencia en Galego nesta edición do 2013.
Para acceder aos contidos que está preparando, polo momento non vos queda máis remedio que facelo desde esta entrada pois no web da SXPL, non temos acceso a nada. [P.S.: agora, despois de pasada a data, por fin están accesibles pero aínda así, bastante disimulados: non se destacan especialmente]
Indicativo do interese que se ten desde a Xunta na normalización da ciencia.
Como non se pode falar de estudo da ciencia en galego sen atentar directamente contra o decreto 79/2010, a SXPL recoméndanos o material dunha unidade didáctica de matemáticas en galego dun colexio de Vigo. E quedan tan fachendosos!
Indicativo do nível de cinismo ao que se chegou nas dependencias da política lingüística da Xunta.
Tal e como van as cousas, aínda veremos como celebran antes o Día da Ciencia en Galego en Londres ca en San Caetano.

P.S.: Pois na SXPL rectificaron ( o titular; seguen promovendo na práctica a exclusión do galego do ensino das materias científicas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario