Outro estudo sociolingüístico. Neste caso o do meu centro.
Calquera que teña o valor de pegarlle un repaso decatarase do traballo que hai detrás, e non estou a falar do realizado únicamente este curso, senón dos dous anteriores. Fóronse acumulando ideas e datos e velaquí está o resultado. Esperamos que sirva de base do traballo para a normalización do centro e o seu contorno nos vindeiros anos.
Boa parte do documento pode ser aproveitada polos Equipos de Normalización da comarca pois aparecen recollidos os datos da Enquisa da Condición de Vidas das Familias realizada polo IGE no 2008. Esta enquisa ofrece datos por comarcas. Neste traballo aparecen os da chamada zona Pontevedra nororiental que comprende as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
Témoslle que lle agradecer á SXPL que este ano non convoque axudas aos proxectos de innovación. Grazas polos ánimos.
Ese 3% bastante en desacordo co de aprender as Matemáticas en galego...
ResponderEliminarPode haber algún máis porque hai aínda un grupo de profesores que non contestou ao cuestionario. En todo caso, radicais hainos en todas partes. O caso é que non sexan os que mandan. E vendo a política lingüística desta Xunta...
ResponderEliminarDo demais, eu destacaría o dato positivo de que se mantén arredor do 70% o uso, e en termos xerais, a transmisión da lingua no noso entorno, e como negativo que tamén se incrementan aqueles que están instalados no castelán excluínte.
Obrigado por compartir. Um excelente trabalho!!! Parabéns!
ResponderEliminarTiña idea de mandárvolo aos centros da comarca pois poderíades aproveitar a recompilación de datos do IGE. Tan pronto poida fágoo.
EliminarGrazas polas túas palabras.
Parabéns polo traballo!!!
ResponderEliminar