Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 10 de xaneiro de 2014

O Carrabouxo e o presidente da RAG

No absurdo debate sobre a argallada *pulpo creada artificial e mediáticamente polo alcalde do Carballiño pouco hai que dicir e menos que remexer. Creo que o caso non merece outra contestación que a ofrecida polo Carrabouxo. Unha mágoa que o presidente da RAG, que tivo oportunidade de pechar definitivamente o conto, non o fixera. Podería parecer que Alonso Montero defende á institución que representa cando indica que agardará polo ditame da RAG sobre a cuestión pero esta suposición é un completo absurdo despois de termos escoitado pronunciamentos de todo tipo: "Wert é o caradura máis grande que deu Europa desde o século XII", apostar por "seguir o camiño da revolución socialista", ou “o BNG é como esas nais que queren tanto aos nenos pequenos que os apertan tanto que os abafan”, cos que a Academia nada gana pero que fere gravemente ao esfandangado proceso de normalización lingüística.
Outra vez máis o presidente da RAG non quixo que o seu cargo servise de garante da lingua e de defensa da normalización. Visto o sucedido mellor nos iría se o presidente da RAG fose O Carrabouxo, non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario