Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 17 de xaneiro de 2014

E ti, tes fame?



Grazas a un anuncio da SXPL chégame a noticia de que no veciño concello de Teo convócase o 'I certame de cantautores e cantautoras' pois, non sei con algo de retranca, segundo se informa no portal do concello, o concurso convócase coa axuda, entre outros, da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística. Se por algo se distinguen as accións en materia de lingua da Xunta de Galicia dos últimos 5 anos é por eliminar calquera vestixio do concepto "normalización". O que se agocha detrás desta práctica é un proxecto político anti-galego que busca reducir a presencia social e o uso da lingua da terra. Como este obxectivo é impopular o que se fai é ofrecer doses homeopáticas de promoción da lingua (véxase este caso) mentras que o fundamental da política lingüística pasa por atacar os dereitos dos galego-falantes e en xibarizar a propia política lingüística.
En defitinitiva, a todos os que temos  fame de galego, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non fan outra cousa que botarnos con desprezo as migallas do que lle sobra á lingua ultrapromocionada e ultraprotexida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario