pola Mocidade Nacionalista Galega, no Galicia Hoxe:
Estimado Roberto Blanco Valdés: Dirixímonos a vostede en calidade da MNG (Mocidade Nacionalista Galega), rama política xuvenil do BNG, para responder ao seu artigo de opinión intitulado Lenguas en RTVG y miedo a la libertad e publicado no diario La Voz de Galicia no pasado 12 de xuño de 2011. A polémica provocada nun amplo sector da sociedade galega tras a lectura das intencións do PPdeG de abrir a RTVG a outras linguas mais sobre todo ao castelán e da súa opinión no devandito xornal, obríganos a ofrecer o noso punto de vista sobre unha realidade, a RTVG, que afecta, en maior ou menor medida, a todos os galegos quer individualmente quer colectivamente. E, xa que logo, vémonos incitados a encetar algunha das expresións que chegou a empregar na súa carta.
Antes de máis, queremos sinalar cales foron as frases principais que motivaron o feito de que agora esteamos a escribirlle esta nosa carta resposta: "Cuando en 1984 se creó la Compañía de Radio Televisión de Galicia, el artículo 1.º de su ley fundacional determinó que aquella tendría la misión de promocionar, difundir e impulsar la lengua gallega. Aunque de esa declaración no se deducía forzosamente el monolingüismo en RTVG, tal acabó por ser, sin embargo, el modelo de nuestros medios públicos de comunicación"; "Es discutible si tal modelo estuvo justificado en su momento, y lo es que todos los que apoyaron ese artículo lo hicieran con la intención de expulsar por completo de RTVG al castellano"; "un modelo de RTVG monolingüe, tal y como acaba de aceptar el PP por las presiones del PSOE en la negociación sobre la nueva ley reguladora de los medios públicos gallegos, constituye un grave error y una injusticia flagrante con una parte del país: la que, con todo su derecho, habla en castellano y paga sus impuestos, pero no puede ver ni oír en la radio y la televisión que se financian con ellos ningún programa realizado en su propia lengua"; " lo que tendrían que explicar los que temen a la libertad como a la lumbre es por qué después de tantos años de promoción e impulso del gallego en todos los niveles oficiales (eso que llaman normalización lingüística) su número de hablantes viene disminuyendo de forma permanente"... etc...
Ante semellantes atravementos que deixan o mellor lingüista do mundo a velas vir, as persoas que conformamos a MNG non podemos máis que declarar rotundamente:
1º) Que no Estado español existen máis de 20 canles de televisión vehiculizadas exclusivamente en castelán (sen contar outras tantas televisións locais). Pola outra banda tamén se poden sintonizar ducias e ducias de emisoras de radio vehiculizadas unicamente en lingua castelá (sen facer referencia tampouco ás radios locais). Alén diso, todos os días podemos asistir á edición de centenas e centenas de revistas e diarios exclusivamente en castelán. Esta realidade dáse, mesmo, na maior parte dos medios de comunicación coñecidos como galegos. Pola contra, en Galicia/Galiza (como prefira chamala), só dispomos de dúas canles de televisión medianamente vehiculizadas en lingua galega, e declaramos medianamente porque todos coñecemos que de continuado se inclúen certos espazos e anuncios dirixidos ao público unicamente en castelán. Na nosa propia terra, tamén dispomos de bastantes canles televisivas locais que ignoran por completo a lingua galega, excepto contadísimas excepcións. Xa que estamos, fagamos referencia á única emisora de radio que vehiculiza, tamén medianamente, a súa programación en galego e que é a Radio Galega. Na mesma liña, existen numerosas emisoras de radio locais ao longo e largo de Galicia/Galiza que non saben falar galego e as únicas que o usan dun xeito amplo e non anecdótico soamente son percibidas en liñas de onda curta e non en todo o territorio.
Vostede tenta darnos unha lección de moralidade, democracia e liberdade, e como tal, asegura abertamente que os medios públicos galegos como son a radio e a televisión deberían ser bilingües galego-castelán, por disque existen castelanfalantes que se senten discriminados por estaren vehiculizados "exclusivamente" en galego. A realidade cae polo propio peso: se cadra hoxe en día, os galegos, especialmente os galegofalantes debemos ser xenerosos e saber renunciar á ÚNICA televisión e á ÚNICA radio públicas que empregan o galego dun xeito máis ou menos normalizado porque existen certas persoas que aínda posuíndo unha oferta de máis de 20 canles televisivas e ducias de emisoras de radio que só atenden e entenden ao español, se senten discriminadas. E logo os galegofalantes que queremos facer uso da RTVG, como nos deberiamos sentir cando soamente posuímos dúas canles televisivas e unha radio en galego? Atendendo ao mesmo sentido de democracia e liberdade que vostede proclama, sería igual de xusto que, existindo no Estado español máis de 7.000.000 de persoas que usan unha lingua diferente á castelá e que pagan ou pagarán os seus impostos mantendo, desta maneira, a existencia da RTVE, fosen incluídas na programación da Radio e da Televisión Españolas as seguintes porcentaxes: 1/4 en galego, 1/4 en euskera, 1/4 en catalán-valenciano e 1/4 en castelán, superando deste xeito a propia concepción feijoana do "trilingüismo harmónico", nós propomos o perfecto "cuadrilingüismo". Á fin e ao cabo, os impostos destes 7.000.000 de persoas que teñen como lingua materna linguas diferentes ao español, son tan válidos como os do resto da poboación española. Ou non señor Roberto? Ou se cadra quere dicirnos que os impostos desas persoas son de segunda categoría?
2º) Que o señor Blanco Valdés acaba de mandar pola borda o labor inxente realizado por filósofos, psicólogos, lingüistas, psicolingüistas, sociolingüistas, etc. de todo o mundo ao longo dos anos, ao afirmar sen pelos na lingua que "lo que tendrían que explicar los que temen a la libertad como a la lumbre es por qué después de tantos años de promoción e impulso del gallego en todos los niveles oficiales (eso que llaman normalización lingüística) su número de hablantes viene disminuyendo de forma permanente". A MNG gostaría de convidalo amabelmente a que acuda a aulas de lingüística xeral, adecuadas para o seu nível de entendemento, e que nos seus momentos libres faga por escoitar e por ler a Juan Carlos Moreno Cabrera (entre outros) un lingüista madrileño que explica para persoas que mostran niveis tan avanzados de intelixencia coma o seu aspecto, entre outros moitos, como a que se debe que unha lingua minorizada / minoritaria perda falantes ano tras ano...o cal non se debe á suposta "imposición lingüística" ou á "problemática" acción da "normalización lingüística" senón, entre outras consideracións, á simple existencia dunha lingua xigante que ocupa a maior parte dos ámbitos da sociedade. Estaría ben que nos indicase cando celebrará o seu próximo aniversario xa que, moi gostosos, lle regalaremos os seus primeiros libriños de lingüística para principiantes que de seguro lle van campar moito e necesitaraos máis do que nós. Á fin e ao cabo, "o saber non ocupa lugar" e culturizarse nun determinado tema que un mesmo descoñece é o principal antes de botar libremente a lingua a pacer.
3º) Que como vostede afirma, señor Blanco Valdés, se realmente existise en Galicia/Galiza unha democracia e liberdade reais, o galego estaría en mellor situación e gozaría realmente dos mesmos dereitos dos que dispón a lingua castelá. E non, señor, non temos medo nin á liberdade nin á democracia, pola contra, devecemos por elas. De feito, as palabras de Xavier Queipo (escritor compostelán) na última entrevista que lle fixeron hai uns días, mostra moi ben o sentimento de moitas persoas ao respecto: "A xente que ataca a lingua galega é a que ten medo" e "O medo á liberdade é o que predica a dereita máis antidemocrática, esa que prefire a inxustiza á desorde".
4º) Que atacar o ben común máis importante que posuímos na nosa terra, o galego, desde unha posición privilexiada, influente e poderosa, contando con todos os medios audiovisuais e escritos á súa disposición é o máis sinxelo e simple que se pode realizar, mais non deixa de ser a acción máis rastreira, ruín e mesquiña que poida existir. Esperamos que vostede, se aínda tiver un pouco de decencia, saiba cavilar sobre destas palabras bastante certas.
5º) Que se vostede, señor Blanco Valdés, ten honestidade e vergoña, e fai unha introspección das súas múltiples e malparadas declaracións sobre a lingua galega, alén de sobre os diversos nacionalismos do Estado español, facendo fincapé sobre o galego, vasco e catalán, debería entón deixarlle de facer as beiras ao nacionalismo español. Á fin e ao cabo todo nacionalismo se basea nuns principios comúns: unha lingua-unha nación-un estado (aínda que o galego, vasco e catalán se atopen a millóns de anos luz do que proclama o español). Se vostede se declara tan "antinacionalista" comece por deixar de ser nacionalista español, ou polo menos recoñeza selo. Non hai persoa máis descarada, desvergoñada, hipócrita e obscena que aquela que di "non ser" e despois resulta "ser".
O noso máis sincero saúdo.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 19 de xuño de 2011
O galego na TVG
por Víctor F. Freixanes, en La Voz de Galicia, contestando ao artigo realmente infumable dun tal Blanco Valdés, habitual opinador precisamente tanto na TVG como nese mesmo xornal. Freixanes non é o primeiro ao que lle proeu tanta zunia: ver o blogue Meu!
A Compañía de RadioTelevisión de Galicia creouse coa finalidade expresa de configurar un «servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega». Así se explicita na lei fundacional de xullo de 1984: «Con atención á máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e máxima cobertura [...], favorecendo activamente a difusión cultural, intelectual e artística de programación e eventos cívicos, económicos, sociais, científicos e técnicos mediante toda clase de emisións en lingua galega» (artigo 1.1); «fomentando a produción audiovisual propia e a proxección cara ás comunidades galegas no exterior» (artigo 1.2), etcétera.

A creación da CRTVG, e non é a primeira vez que o dicimos, foi sen dúbida o acontecemento e a ferramenta política máis útil na construción da Galicia moderna, logo da aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981, e abofé que unha das institucións claves da nosa actual realidade social. Podemos discutir a súa programación, as súas estratexias, a xestión das persoas que a dirixen en cada momento. Mais a Compañía, en si mesma, é unha conquista irrenunciable.
A lingua galega é a que lle dá identidade e a xustifica. Non hai máis ca botar unha ollada aos consumos de comunicación que a nosa sociedade recibe decote nos quioscos, na radio, na variadísima e crecente oferta audiovisual, maioritariamente de carácter privado e en castelán. Certo que a CRTVG pagámola cos nosos impostos, como pagamos outros servizos. Mais para iso está. Tal é a súa razón de ser. A polémica que dende algúns sectores minoritarios (e interesados) pretende cuestionar este compromiso, en vésperas do debate e posible aprobación dunha nova lei orientadora da mesma, resulta preocupante por como se está presentando: pretendendo cuestionar o seu decidido posicionamento a prol do idioma dos galegos (os seus principios fundacionais).
¿Mudou a sociedade? Por suposto. Mais non para minguar a presenza do galego no medio público, máis ben ao contrario. ¿Onde vai a Radio Catro de RNE, por exemplo, tamén pagada cos nosos impostos? ¿Non pagamos tamén a RTVE, o Ministerio de Asuntos Exteriores (que debería asumir a representación desta identidade nosa, non agochala), a Administración estatal, burocracias duplicadas, servizos de todo tipo, incluídas as institucións políticas europeas? ¿U-lo idioma dos galegos en todo isto? ¿Por que non esiximos tamén nestes casos a nosa presenza, na medida en que o Estado o configuramos todos? Perdemos posicións no ensino. Mermaron espectacularmente os recursos para o necesario desenvolvemento da política cultural e lingüística. Cando máis forte e poderosa é a oferta global, máis fráxiles somos. E agora queremos volver atrás. Semella que, tocante á lingua, cando non hai nada que dicir nin outras ideas que expresar, todo vale. ¡Leña ao moneco, que é gratis!
Diccionarios contra dicionarios

(Os suliñados en vermello son meus)
No portal educativo da Consellería de Educación destacan estes días na lapela de Servizos unha ligazón chamada "Dicionarios", co subtítulo de "Dicionarios de galego". Ao premer na ligazón atopamos outro web (o da foto) que nos permite acceder, por exemplo ao Diccionario da RAG do ano 1997, cando todo o mundo sabe que a normativa oficial cambiou no ano 2003, e que, por exemplo, a palabra que antes se escribía diccionario, a partir desa data pasou a escribirse dicionario.
Despois do visto, non parece moi educativo que desde o portal da Consellería de Educación se faga tal recomendación. Máis ben habería que pensar que isto non é máis que outro exemplo dunha conduta chea de desprezo que este organismo mostra diante da que debería ser tamén a súa lingua.
Ou debería poñer conducta?... Mirarei no dicionario.
sábado, 18 de xuño de 2011
Lectura pracenteira
Non ten desperdicio.
De visión imprescindible, sobre todo nestes tempos de desprezo aos verdadeiros promotores do gusto pola lectura nos centros de ensino.
Vía Marlou.
De visión imprescindible, sobre todo nestes tempos de desprezo aos verdadeiros promotores do gusto pola lectura nos centros de ensino.
Vía Marlou.
venres, 17 de xuño de 2011
Homenaxe da CGENDL a Agustín Fernández Paz
A CGENDL fíxolle unha merecida homenaxe a Agustín Fernández Paz o pasado 4 de xuño.
Xabier Docampo: 'A túa, a nosa loita, só foi unha loita polo obvio: o sermos galegos en Galicia'
Agustín Fernández Paz: 'Coas planificacións lingüísticas, como pretenden que o alumnado teña competencia en galego?, con excursións masivas a Lourdes?'
Valentina Formoso: 'Xa que á administración non lle acordou celebrar o noso aniversario...'

20 anos dos Equipos de Normalización. Vídeos de presentacións.
Inconmensurable o traballo realizado pola CGENDL, quen, para homenaxear o traballo realizado polos Equipos de Normalización nos centros escolares desde a súa creación hai 20 anos, realizaron as presentacións que deixo aquí abaixo. Vai tamén unha pregunta: se este acto merecía o absoluto desprezo dos medios de comunicación, pois agás algunha nota nas edicións locais, só aparecen referencias del aquí e aquí.; sobre todo porque ese desprezo se estende a todo o labor realizado polos ENDL durante todo este tempo.
20 anos normalizando cara á sociedade. Faise un percorrido por algunhas das actividades realizadas polos ENDL, organizado por temas: revistas, tradicións, actividades conxuntas, incorporando aos inmigrantes, ....
20 anos cos Equipos de Normalización nas augas da lingua. Historia dos ENDL desde a súa creación ata hoxe.
20 anos normalizando no ensino secundario. Mediante retallos de películas explícase cal foi o labor dos ENDL nos centros de ensino secundario.
Ademais destas presentación, a CGENDL achéganos as intervencións dos relatores/normalizadores no acto celebrado no Museo do Pobo Galego o pasado 4 de xuño.

xoves, 16 de xuño de 2011
Lingua, mentiras e CRTVG
por Bieito Lobeira, en Terra e Tempo:
Manipulo a mantenta o título do filme "Sexo, mentiras e fitas de vídeo", comedia dramática norteamericana, do mesmo xeito que PP e PSOE manipulan a información relativa á Proposición de Lei, por eles tamén pactada, de modificación da Lei da CRTVG. Velaí outro bon exemplo de comedia dramática, neste caso máis perralleira. En concreto no referente ao papel dos medios de comunicación de titularidade pública, Televisión de Galiza e Radio Galega, no que ten a ver coa lingua galega.
O pasado 10 de xuño facíase público o acordo PP-PSOE para a reforma do marco legal desta Compañía pública. Afirmaban os respectivos portavoces do PP e PSOE que por esta vía se "blindaba" o galego na TVG e Radio Galega. O que é a vida. Ese mesmo día, case á mesma hora, o PP (e a abstención do PSOE) rexeitaban unha iniciativa parlamentar do BNG para dignificar e galeguizar plenamente a CRTVG. O grande argumento para botar abaixo a nosa proposta -agarraivos- foi o de que "o nacionalismo pretende unha TVG e Radio Galega monolingües". O que entraría no terreo da lóxica máis esmagadora convértese nun terríbel delito. Pois si, un monolingüismo similar ao de TVE, Tele 5, Antena 3, Cuatro, La Sexta, Clan TV,... mais en galego. Vaia pecado! Solicitar para nós o que outros xa teñen, e en inxusta proporción. Multiplícase a oferta televisiva en español (através da TDT), mentres o galego se reduce en exclusiva á TVG e, por extensión redundante, á G2.
PP e PSOE chegaron a un pacto, mais ese acordo pretende afondar no actual proceso, máis visíbel dende o acceso do PP ao Goberno galego, no 2009, que provocou un significativo retroceso na función galeguizadora da TVG e Radio Galega, mesmo no uso do noso idioma, degradando a súa corrección e introducindo directamente o español (ou o inglés: Teletubbies, Dawson Creek) para desprazar o galego.
Desgaleguización lingüística e de conteúdos. Á evidente e acusada dependencia respecto da axenda informativa, cultural e ideolóxica que se marca dende Madrid a fin de remarcar unha dialéctica informativa e comunicacional na que Galiza non sexa centro, senón periferia, súmanse tamén calculados usos lingüísticos que remarquen o esquema diglósico e conflitivo que padece o noso idioma: A Radio Galega no seu espazo informativo matinal entrevistará integramente en español durante varios minutos a un "experto" que opinará sobre o futuro de Novacaixagalicia (na Galiza parece que non hai opinións solventes ao respecto, e moito menos expresadas en galego), mais si figurarán entrevistas en galego na TVG referidas á festa do polbo do Carballiño ou ao medre de tubérculos descomunais nalgunha explotación agraria. A reprodución interesada, en definitiva, dos peores e máis inxustos tópicos inculcados historicamente no noso pobo, segundo os cales o galego non é idioma apto para falar de economía, mais si para o ámbito doméstico, familiar, coloquial, ou vinculado a un medio rural tamén deformado para o asociar cunha imaxe de atraso que cumpre superar.
É habitual, e o pasado 10 de xuño votaron en contra de eliminar esta práctica perversa, que agora nos espazos de opinión e análise política se introduzan "tertulianos" que utilizan sistematicamente o español, mesmo provocando -é posíbel comprobalo no espazo "A Crónica", da Radio Galega- que o resto de participantes abandonen o galego e pasen a debater e intervir en español. Esténdese este criterio ao peculiar programa da TVG "Foro Aberto", xa coñecido popularmente como "Foro Alberto".
É perceptíbel tamén a degradación hibridizante no uso do galego en numerosos espazos, tanto do punto de vista fonético e prosódico como do sintáctico ou lexical. Disto teñen xa falado colaboradores do "Terra e Tempo" tan solventes neste ámbito como Xosé Ramón Freixeiro Mato ou Xosé Manuel Sánchez Rei. Até no "Land Rober" é posíbel ouvirmos, nunha forma lingüística de pretensión exaxeradamente popular "madre", "Órdenes" (topónimo), "me lo papo", "prueba", "pa la juventú", ao tempo que participan convidados españois (con criterios, por certo, esencialmente horteras) que non falan en galego. E isto non é ningunha caste de dignificación ou fidelidade coa fala popular. É simplemente un exercicio de desleixo co noso idioma que non é de recibo nuns medios creados xustamente para todo o contrario.
Posición e voto tamén contrarios do PP para que a emisora radiofónica temática "Radio Galega Música" contribúa a divulgar e popularizar as distintas músicas que, en lingua galega, se producen no noso país. Resulta lamentábel que nesta canle case a totalidade dos espazos musicais en sesión continua -sen interrupcións- que representa o 85% do tempo de emisión, está ocupada por producións musicais foráneas (fundamentalmente música española e en menor medida anglosaxona), ficando a rica, vivaz e diversa expresión musical do noso país completamente secundarizada e marxinalizada, practicamente excluída.
Aí está o acordo PP-PSOE e as súas mentiras. O nacionalismo galego non participou desa pantomima. Por pura coherencia. Pódese abondar en máis información e argumentos, alén dos estritamente lingüísticos, nun artigo clarificador da nosa posición crítica escrito por Ana Pontón en diversos medios de comunicación.
Mais tamén teñamos presente que non é este un caso illado ou esporádico. Lembremos como funciona o acordo PP-PSOE en casos como o da Lei de Disciplina Orzamentaria, estratexia para Galiza de fondos comunitarios, estatus do noso país na UE, protocolo de fusión e estratexia en NCG, modificación da Lei de Caixas de Galiza, Lei de Comercio interior de Galiza, Lei do Servizo de Gardacostas de Galiza, resolucións do Plano Estratéxico de Galiza 2010-2014, mantemento do encoro do Umia, Lei de protección urbanística, reforma da Lei do Solo, transferencias en materia de salvamento marítimo, supresión de deputacións, rexeitamento da declaración de Galiza como territorio libre de transxénicos, transposición de directivas da UE á lexislación galega, e tamén -lembremos- a designación do actual Director Xeral da CRTVG. Moito ruído, si. Moita dialéctica mediática e confronto aparencial. Mais non o esquezamos: PP e PSOE, PSOE e PP manteñen posicións moi similares en ámbitos fundamentais (política económica, exterior, UE, rol da Galiza no estado español) porque son pés imprescindíbeis para o dominio político de Galiza. Outra cousa é como actuemos tacticamente nese contexto, en función da actual correlación de forzas. Mais nunca perdamos de vista esa realidade. Nunca fixo tanta falta nacionalismo na Galiza.

Linguavisión
por Craig Patterson, no Galicia Hoxe:
Xabier Queipo ten razón. É verdade que a xente que ataca a lingua galega é a que ten medo, e niso consiste ser de dereitas. En xeral, si. O conservadorismo como cosmovisión ten como raíz ontolóxica a resistencia ao cambio. Non obstante, non todos os que defenden a soberanía dunha lingua supostamente maioritaria e máis dominante son nacionalistas centralistas ou de dereitas. E non todos os que defenden a pluralidade identitaria reflectida na reivindicación das linguas como sistemas operadores de cosmovisións distintas son nacionalistas periféricos, ou de esquerdas. Pero na miña experiencia, non deixa de ser suxestivo o feito de que as persoas máis abertas de cosmovisión, máis defensores do pluralismo social e político, entenden instintivamente a importancia da saúde multilingüística do mundo como metáfora da democracia viva. Por algo sempre me resultaba bastante difícil ter longas conversas cos políticos do PP, con algunhas excepcións notábeis entre Ribadeo, Lalín e San Caetano, precisamente porque a maioría dos seus militantes non recoñecen a necesidade de que triunfe a variación sobre as máis intelixentes unificacións, como dixo Otero Pedrayo.
Neste artigo vou citando moito escritor galego, tanto vivo como defunto. Aquí vai outro: Miguelanxo Murado, felizmente vivo, no seu artigo publicado en inglés hai unha semana no xornal británicoThe Guardian: "Nunca sabemos que pasado nos agarda no futuro". Algún día imos ter compaixón por Feijoo e tódolos seus co-conspiradores que pretenden facerlle dano prexudicial á saúde lingüística de Galicia , sexa por cartos, por aquel choio en Madrid, polo poder ilusorio do poder. E por medo. Aquel medo a seren tachados polos mesmo alcumes que os galegofalantes aturaron durante séculos, e que aínda aturan cada vez máis diante deste rexurdir de tanta intolerancia lingüística que pretenden facer inzar primeiro en Galicia, e logo Valencia. Con todo, o minifundio da fala non se deixa esnaquizar. E, para citar a outro que vía de todo aínda que fose miope, algún día as realidades do noso tempo serán lembranzas leccionadoras. Si, terémoslle compaixón deses gobernantes actuais de non poder ver alén do bandullo, do ego e do medo. Pero sobre todo por non poderen vivir a vida da linguavisión..
Leo i Arremecághona!:'estase erosionando a terra que pisamos'
Entrrevista a Leo i Arremecághona! na entrega dos premios Xerais na Illa de San Simón, na que chama á reacción urxente contra a política de ataque sistemático ao galego.
Hai unha escolma de todos os vídeos en Brétemas.
Hai unha escolma de todos os vídeos en Brétemas.
mércores, 15 de xuño de 2011
Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética
Primeiro, un dilema moral. Unha antropóloga atopa unha nova aldea ao pé dun volcán con síntomas de entrar pronto en erupción. Os habitantes do lugar están dispostos a sacrificar as nenas do lugar para evitar a ira do lume. Que facer? Non intervir?, tal e como din os manuais de antropoloxía ou, pola contra, facer todo o posible para evitar un sacrificio inútil?
Aínda que nun principio non se lle enxergue o elo que une este dilema coa ecolingüística, é sobre isto sobre o que, segundo ela mesma confesa, Teresa Moure tece as febras do seu libro Ecolingüístca. Entre a ciencia e a ética. Así desenvolve a súa tese fundamental que parte de que o uso do microscopio en sociolingüística pode levarnos a posturas como a equidade da defensa do uso do galego e o castelán, ás nefastas posturas do equilibrio. Frente a elas a autora propón o uso do telescopio, isto é, da ecolingüística, da ciencia que defende as políticas de defensa das linguas minoritarias, a ciencia que realmente defende unha ética da diversidade, contra a imperante corrupción da aniquilación.
Tal e como di Teresa Moure:
"Estannos a pedir que aínda que saibamos que non hai un deus durmido na barriga do volcán, calemos a boca e, para iso, manipulan a noción de bilingüismo ou, por estraño que pareza, a de coexistencia pacífica"
Aínda que posiblemente, o mellor sexa oir á propia autora neste vídeo que xa puxen algunha vez por aquí.

Xabier Queipo: 'Solidariedade para construir unha sociedade maioritariamente en galego'
E seguimos a volta con Xabier Queipo, gañador do Xerais deste ano. Montse Dopico entrevístao para o Galicia Hoxe. A entrevista completa, na ligazón.
"Mal de linguas" había en "Diarios dun nómade". Un "mal" do que, afortunadamente, non te curaches. Como ves as polémicas sobre o decreto do suposto plurilingüismo de Feijoo? En Bélxica a cuestión lingüística tampouco é simple...
O mal de linguas é para min unha necesidade, pois vivo nunha sociedade plurilingüe. Eu falo varias, todas elas mal e cun sotaque galego encantador, do que estou ben orgulloso. O importante aquí na Bélxica e o respecto polas dúas comunidades e establecer pontes de entendemento entre elas. Eu entendo o plurilingüismo de xeito diferente ao goberno da Xunta, mais ese é o goberno que nos demos. Entrementres -eles non van mudar- teremos que procurar facer uso dunha verba tan preciosa como solidariede, axudar entre todos a construír unha sociedade maioritariamente en galego, respectando as opcións que outros poidan ter e insistindo na aprendizaxe do portugués a partir do galego, que é unha materia pendente do ensino en Galiza.
Nas municipais saíu elixido na Coruña un señor que quere poñerlle L á Coruña, e en Santigo outro que di que na Nasa se crían terroristas. Que cres que pasará, se engadimos os recortes e retrocesos da Xunta do PP en cultura?
A entrevista é de literatura, supoño, mais xa que insistes direi que esas anécdotas son síntomas do recorte de liberdades que estamos a vivir, onde a ideoloxía non pasa de slogansque ben poden ir nunha camiseta. Se alguén basea o seu programa na letra L é que esta en prácticas e non sabe o que é gobernar. Se alguén basea a súa campaña na ignominia, pois pouco se pode esperar del e do da liberdade individual. Preocúpanme os recortes culturais, mais tamén os de sanidade, educación, política social, etc. Do partido no goberno non vou falar. Só dicir que se son tan católicos como din saberán que se pode pecar de pensamento, palabra, obra e omisión. Coido que pecan cos catro ases da baralla.
martes, 14 de xuño de 2011
Entullo
por Xabier Queipo, n´A Nosa Terra:
Vivo nun país afastado da terra onde nacín, e dende alí, daquela atalaia teño visión anamórfica do que na terra de orixe acontece. Non vivo o día a día, a realidade esmagadora que os meus compañeiros de angueiras literarias padecen. Sei da súa loita constante na defensa e na dignificación da lingua nas varias plataformas que para ese fin se teñen construído.
Hai ataques diarios, arteiros, cheos de carraxe e de ignominia contra a esencia mesma do ser de noso, contra a lingua, por descontado, que é o noso xeito de ver o mundo, mais tamén contra as institucións culturais e os axentes culturais (o caso da Sala Nasa, centro neurálxico dunha aposta cultural intelixente e anovadora, é se cadra paradigmático, xa digo, coa ollada dende o niño da aguia).
Os ataques non van cesar, pois os voitres están empolicados no poder e coa desfeita do “mal goberno” central e os erros estratéxicos cometidos no goberno autonómico bipartito (a bicefalia foi un deses desacertos como mundos), incrementaron o seu poder. Para eles a cultura en xeral, e a cultura de raíz galega en particular, son o que se podería chamar “unha prioridade negativa”. Tamén o son por certo, a sanidade, a educación e o ensino en galego, as políticas sociais e ambientais, a ordenación do territorio e a democracia participativa.
Contra esa ondada de reacción hai que persistir no empeño solidario de construír cada día o territorio dunha cultura galega vizosa e autónoma. Nese empeño hai unha verba que eu considero esencial. Esa verba é solidariedade. Contra a maré de ataques e destrución, contra a redución das partidas orzamentarias destinadas á cultura usando a coartada da crise (e as políticas socias, por descontado, mais ese non é o obxecto deste artigo), é necesaria máis que nunca a solidariedade entre os axentes culturais do país, entre as súas institucións e os seus actores. A contribución de todos e cada un de nós é fundamental para artellar un novo rexurdimento, para evitar que estes anos nos que sufrimos a praga da sen razón e da negación interesada da nosa lingua se convertan, sen nós querelo e “polo pecado de omisión”, noutra xeira de anos escuros.
Hai ataques diarios contra a esencia mesma do ser de noso. Así, do país, da súa cultura e da súa lingua, fica un castelo en ruína, onde so quedan en pé algunhas paredes estomballadas... e o demais é entullo. Máis con ese entullo e coa forza liberadora da razón imos reconstruír cachote a cachote, laxe a laxe, perpiaño a perpiaño, o edificio da nosa cultura.
Ánimo compañeiros, sacade de dentro o mellor que hai de vós, esa carraxe creativa, esa indignación anovadora, esa ganas de vivir en liberdade, ese ímpeto democrático, esa forza de titáns atlánticos. Nós podemos.

luns, 13 de xuño de 2011
Xabier Queipo: 'o máis revolucionario en Galicia é escribir en galego'
No agadecemento polo premio Xerais, Xabier Queipo tivo unhas palabras para Roberto Varela: solicitoulle ao goberno galego 'que nos deixe vivir en galego'. Entrevista de Iago Martínez para o Xornal, (completa na ligazón).
Varela é soamente o mensaxeiro?
Varela forma parte dun goberno que está a masacrar conscientemente o galego, pero non creo que sexa o inimigo. Outra cousa é que non fose galego falante, pero tampouco eu o era cando me mudei a Bruxelas. Eu empecei a falar galego na emigración, cando me decatei de que se precisaba un referente.
E cando aconteceu iso exactamente?
En 1989, tiña eu trinta e un anos. Falábao de cando en vez con algún amigo, pero pouco máis. A partir dese momento, na miña casa e na miña vida privada sempre se falou galego. Cando remato a miña xornada laboral, que transcorre en inglés, francés e algo menos en italiano, portugués ou español, chego á casa e falo galego. É bastante liberador.
[...]
“O noso é un pobo de mariñeiros máis que de navegantes; os mariñeiros non escriben novelas e os navegantes non tiñan conciencia de nación”. Desolador.
Que eu saiba, si. Nin os irmáns Nodal de Pontevedra nin Mourelle de la Rúa, que andou á procura de Alasca, escribiron en galego. Hoxe é máis fácil atopar o diario de Mourelle de la Rúa en inglés ca en galego, porque en galego non existe. Todo aquel que nace en Galicia é galego, pero hai quen exerce e quen non exerce. Non hai máis que mirar para o que temos no goberno da Xunta.
No Encontro Internacional de Literatura de Viaxes (Litvi), que financia a Xunta con 20.000 euros, non hai un só escritor galego. Non os hai ou non os ven?
Unha cousa é que non teñamos unha experiencia marítima e outra que non sexamos viaxeiros ou non teñamos literatura de viaxes. A literatura da emigración é literatura de viaxes, e temos abondosos exemplos recentes, como New York, New York de Inma López Silva, Fin de século en Palestina de Miguel Anxo Murado ou o que escribín sobre as miñas viaxes por Asia. A metade deSaltimbanquis no paraíso, de Xelís de Toro, tamén se desenvolve en Londres. E hai literatura de catedrais, por suposto. De que fala Trece badaladas? De que fala Festina lente? Falan de catedrais. Se fose profesor de literatura e non biólogo, podería dar moitísimos máis exemplos.
Daquela, como se explica?
Supoño que a dirección consideraría que aos autores galegos non son abondosos, nin en número nin na súa calidade. Eu estiven na primeira edición, e coido que en igualdade de condicións con xente como Julio Llamazares ou César Antonio Molina. Nunca me sinto inferior cando estou con autores de sistemas literarios cun idioma maioritario, pero tampouco podemos esquecer que o galego é unha lingua minorizada en Galicia. Unha lingua que, debendo ser maioritaria, como indica o noso Estatuto de Autonomía, está a ser atacada pola xente que ten medo, pola dereita. Ser de dereitas consiste niso, en ter medo.
Medo a que?
Medo a que cambie unha coma no libro sagrado, no sistema de referencias no que eles se sinten seguros. O máis revolucionario en Galicia é escribir en galego, e por iso o fago.
Don Valentín Paz-Andrade
por J. V. Domínguez, no Xornal:
Alá polo ano 1982, tiven a sorte de manter unha relación persoal, sobre todo epistolar, con don Valentín Paz-Andrade. Xa tivera a honra de coñecelo dez anos antes, cando a botadura dun barco factoría da empresa Pescanova, no que eu estaba enrolado.
Naquela andaina do 1982, ocupaba eu a subdirección xeral de Pesca e portos pesqueiros daXunta de Galicia, cando fun convidado a unha charla que daba don Valentín preto de A Coruña. Presenteime a el e, a partir daquela, comecei a escribir con asiduidade na revista Industrias Pesqueras. Foi para min moi gratificante e sobre todo encheume de confianza cando recibín unhas notas asinadas por el na que me animaba a escribir e remataba cunha inmerecida loanza dos meus artigos sobre temas pesqueiros e marisqueiros: “...le felicito por la brillantez de la exposición de sus artículos y el acierto en todo su desarrollo. Su amigo V. Paz-Andrade”
Recibir tal gabanza do home que máis sabía de pesca e asuntos pesqueiros de Europa, ademais do bo escritor que el era, deume motivo para celebralo coma unha festa ademais de lle mostrar a carta, (coma quen non quere a cousa), a algún ca outro compañeiro. Tamén hei dicir que a puxen a modo de apéndice do meu primeiro libro Con el sol por la popa, no que recompilaba moitos dos artigos publicados na súa revista.
Escoitar a don Valentín, daquela que os da miña xuventude pouco ou nada coñecíamos da verdadeira historia dos homes que quixeron facer grande a Galicia, era como descubrir un novo sentimento de amor a nosa patria. Falaba da Xeración Nós, do xornal Galicia ou de Industrias Pesqueras, coma quen conta cousas da súa familia.
É que Galicia e todo o que con ela puidese estar relacionado, formaba parte desa patria íntima que sempre defendeu; unhas veces aportando a súa sapiencia contribuíndo á redacción de primeiro estatuto de autonomía de Galicia, cando outras desde a participación política a través do cariño e permanente saudade que sentía polo Partido Galeguista ou desde calquera das tribunas periodísticas como Xan Quinto e outros pseudónimos en tempos de pasadas tebras.
Por iso, agora que se actualiza o recoñecemento a don Valentín non podo deixar de darlle as grazas polo seu agarimo, mesmo cando aplicaba supostas verbas de Kipling os seus queridos capitáns, neste caso do meu pobo: “Capitáns de Palmeira, para Kipling forxados”, dicía don Valentín que así o tiña dito o inglés. Así é como recordo a don Valentín, sempre tan cordial, tan afectuoso, tan nobre persoa...
Lémbroo lixeiramente contrariado unha soa vez cando me contaba cousiñas referidas a certo persoeiro do seu tempo de loita, daquela inesquecible xeración que tanto ser lle deu a Galicia. “Xa ve meu amigo, sonlle cousas da debilidade humana”, rematou xustificando con elegancia o comportamento postremo, lixeiramente servil, daquel seu compañeiro.
Xa era tempo de lle dedicar a este home de ben o día das Letras Galegas pois, na pluralidade da súa obra, sempre aflorou o máis fondo sentimento da súa indiscutible galeguidade. Parabéns a quen tivera o acerto de propoñelo e aos que asentiron coa proposta.
IV asamblea da Irmandade Xurídica Galega
por Xosé González, no Galicia Confidencial:
Hai catro anos que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística creou a Irmandade Xurídica Galega. Unha sección integrada por profesionais do Dereito e da Administración de Xustiza. Desde entón fóronse integrando nela un número considerable de maxistrados, xuíces, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios xudiciais de tódolos niveis.

O fomento do uso da lingua galega nas instancias xudiciais e despachos profesionais constituén o obxectivo fundamental da Irmandade. Os resultados acadados falan de seu: máis de cen profesionais da xudicatura militan nesta entidade asociativa; a súa incorporación formalízase cada ano nun acto público revestido de coidada liturxia: impónselles a toga da galeguidade e insignia irmandiña a tódolos candidatos a formaren parte dela previa lectura dunha fórmula de promesa de futuro de realizaren as súas actividades profesionais en lingua galega.
Pero amais desta incorporación activa ao proceso de normalización lingüística nos usos xurídicos, a Irmandade Xurídica Galega tamén recupera a memoria da nosa tradición xurídica. Sebastián Martínez-Risco, maxistrado e avogado prestixioso, que desempeñou a presidencia da Real Academia Galega durante moitos anos; Ramón Carballal Pernas, maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña, activo promotor da actualización do dereito consuetudinario galego; Pedro González López, inspirador e organizador do primeiro congreso do Dereito galego celebrado en Lugo en 1972; Daniel García Ramos, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a quen moitos lembramos estimulando o uso do noso idioma nas instancias xudiciais; Claudio Movilla, o maxistrado que dictou a primeira sentenza en lingua galega en 1984, despois de tantos séculos de marxinación; Orencio Pérez González, xuíz de fonda emoción galeguista, e moitos outros, defensores do noso patrimonio cultural. Velaí están Amadeo Varela, en Ourense, e Roberto González Pastoriza en Vigo, aos que nos próximos meses se lles renderá xusta e merecida homenaxe, como exemplos para as novas fornadas de profesionais descoñecedoras dunha tradición xurídica galeguista, porque nas facultades de Dereito non se divulga.
A IV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega celebrarase este ano en Pontevedra o día 2 de xullo. O salón de plenos da Deputación Provincial será o escenario no que se desenvolverá o acto no que ingresarán vintecinco novos irmandiños (xuíces, fiscais, avogados… e funcionarios xudiciais). Nesta nova convocatoria o xurista homenaxeado será don Fermín Bouza Brey, que fora maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra na década dos anos cincuenta do pasado século. Un monumento do escultor José Molares, e unha biografía inédita do escritor Clodio González Pérez servirán para perpetuar a súa memoria grazas aos patrocinios da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra. No mesmo acto imporáselle a medalla de ouro da Irmandade a don Santiago Torres Bernárdez, xuíz da Corte Internacional de Xustiza, fillo dun vigués represaliado polo franquismo.
domingo, 12 de xuño de 2011
Valentín Paz Andrade como tarea
por Ramón Villares, presidente do CCG, no Xornal:
Na biografía intelectual de V. Paz-Andrade sobrancea un libro publicado en Bos Aires, na editorial Citania, que leva por título Galicia como tarea (1959). No seu prefacio aseveraba que para el Galicia non era “algo que nos ha sido dado irremediablemente hecho y, en parte, contrahecho”, senón que Galicia se debería entender como “algo que hemos de hacer, o rehacer, todos los días”. Era todo un programa económico e material, pero tamén cultural e espiritual. Un programa propio dunha persoa de reflexión e de acción, que estaba atenta ás correntes intelectuais do seu tempo e que teimaba en aplicalas á realidade galega. Pasou máis de medio século e aquela idea forte segue en pé. Pero agora, como figura central do Día da Letras Galegas de 2012, ábrese unha nova tarefa, que é a de repensar e mesmo imaxinar Galicia da man deste autor e da súa fecunda biografía.
A figura de Paz-Andrade permite revisitar un capítulo esencial da cultura galega como foi o xornalismo, como práctica profesional e como concepción empresarial. É ben sabido que o xornal Galicia (1922-1926) foi un exemplo de publicación moderna, independente e galeguista, que se distanciou claramente da prensa de partido ou dos diarios de avisos e comerciais, tan frecuentes aínda naquela época. O moderno xornalismo galego ten neste diario un precedente, ademáis, pola calidade dos colaboradores que nel se reuniron, desde Castelao ou Vicente Risco ata Otero Pedrayo ou Blanco Torres. Esta vocación pioneira de Paz-Andrade tivo continuidade no xornalismo profesional, como é a revista especializada Industrias Pesqueras, cabeceira fundada en 1927 e que felizmente aínda segue viva, como un raro exemplo de lonxevidade nun campo de tan difícil supervivencia.
Pero a longa vida desta revista non é realmente unha casualidade. Expresa a verdadeira paixón de V.Paz-Andrade polos asuntos pesqueiros e, máis amplamente, polo mundo do mar. Ten mérito que nunha terra de esmagadora hexemonía da terra como lugar de traballo e mesmo de identidade, houbera persoas que reclamasen protagonismo para o mar. O mar foi a gran novidade da historia galega do século vinte, como motor dunha revolución industrial moderna baseada na pesca e na conserva, e como camiño de ida e volta dos fluxos migratorios entre Galicia e América. A esta chamada do mar responderon empresarios conserveiros e navais, pero tamén técnicos que foron quen de pensar e de analizar as potencialidades da pesca. Neste campo, Paz-Andrade foi o perito máis sólido, como o acreditan non só os seus textos sobre cuestións pesqueiras, senón a súa condición de experto da FAO e a súa participación na fundación da gran multinacional galega Pescanova, a máis perenne aposta do empresario Xosé Fernández López e a máis acaída plasmación das ideas de Valentín Paz-Andrade.
Home da comunicación e da empresa, tamén merece ser revisitado como activo político nas campas do galeguismo autonomista da preguerra, como un teimudo resistente na longa ditadura franquista e como unha voz da lexitimidade republicana nos tempos da transición democrática. Mantivo intensas relacións co exilio e frecuentou a amizade de moitas das súas figuras, desde Seoane e Dieste ata Blanco-Amor ou Lorenzo Varela. Alén diso, foi un atinado ensaísta e un notable escritor. Ensaísta en materia económica e pesqueira, foi tamén biógrafo de dúas figuras descomúns como Valle-Inclán e Castelao, expresión da súa concepción de Galicia como “nodriza” de dúas grandes literaturas. Moi innovadoras son as contínuas reflexións de Paz-Andrade sobre as necesarias relacións entre Galicia e a cultura de expresión luso-brasileira, á que se achegou de forma sistemática e á que dedicou algunha das súas obras maiores, como é o seu ensaio sobre A galecidade de Guimarâes Rosa, un dos grandes da literatura brasileira do século XX.
Para o ano 2012, pero xa desde agora, ábrese unha tarefa especial, que é a de retornar sobre obras e accións deste home singular da Galicia do século XX que foi Paz-Andrade. Revisitar os seus ensaios e biografías axudará a entender como de actuais son algunhas das súas reflexións. Achegarse ás súas iniciativas empresariais permitirá ollar un tempo en que economía e cultura andaban de parcería. E reparar no seu estilo vital, de home tenaz e talentoso, aberto ao mundo pero sen abdicar do compromiso coa súa terra e coas súas xentes, será un espello en que se poidan mirar as novas xeracións que viven nun tempo en que tampouco nada lles é dado, no que todo ha de ser conquistado. Como lle aconteceu a devanceiros como Valentín Paz-Andrade, que quería “rehacer Galicia todos los días”.
sábado, 11 de xuño de 2011
Na procura dunha tele menos galega
Parece ser que o representante do PP na negociación da Lei da CRTVG, Pedro Puy, defendeu ata o último momento a inclusión dun apartado que consagraría a posibilidade de que a televisión e a radio públicas puidesen emitir noutras linguas distintas ao galego, tal e como denunciou o BNG cando se levantou da negociación.A proposta dos populares era a seguinte: «A lingua dá corporación RTVG é ou galego, sen prexuízo do uso doutras linguas que, en función dá tecnoloxía e do alcance da emisión se estimen convintes por contribuír ao mellor cumprimento» dos fins propios da compañía.
O obxectivo do partido de Puy está claro, a pesar de que a presenza do galego no audiovisual é realmente ridícula, querían afondar aínda máis na súa redución introducindo o castelán como lingua propia das emisións de radio e televisión galegas. Sería un paso fundamental na invisibilización do galego nunha sociedade cada vez máis pendente do mundo electromagnético. Neste punto cómpre lembrar polo menos dúas cousas. Unha, que a lei fundacional da CRTVG, impulsada por José Luis Barreiro no 1984 comenzaba cun artigo no que se lle atribuía á entidade "a misión de servizo público, consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega". E segunda, que a SXPL nunca deixou de dicir que a política de promoción e defensa do galego que tanto anuncia ser o seu eixo de actuación, é un obxectivo transversal do goberno.

venres, 10 de xuño de 2011
A RAG, deformador da realidade
por Alberto Ramos, no Xornal:
Pasado. Eran cinco. Hai un ano, eran cinco as mulleres no plenario da Real Academia Galega. Doce meses despois, a cifra redúcese. Despois de designación de tres vacantes, o número baixa. Queda unha praza por adxudicar, pero o único candidato proposto é Pegerto Saavedra. Desta volta, non vai ser. Nos últimos meses houbo un amplo debate sobre a presenza feminina na institución presidida por Ferrín. Diferentes colectivos e persoeiros (independentemente do xénero) pedían o ingreso de máis mulleres. Non era unha guerra de xéneros, non se falaba de cotas. Non foi desta volta. Un ano despois e tras a perda de Olga Gallego, as mulleres na RAG serán catro.
Presente. Ninguén cuestiona os méritos de Regueira, nin de Monteagudo nin de Fernández Ferreiro. Tampouco de Saavedra. Que non querería que estes homes estivesen na RAG? Ninguén. Quen quere que non ingrese na Academia unha Marilar, unha Queizán, unha Krukenberg? Seguramente, ninguén. No entanto, ingresou quen ingresou. Os motivos, sexan cales sexan, sábenos os académicos. O plenario, máis ou menos bronco que puido haber coa votación entre Fernández Ferreiro e Aleixandre, coñecerano tamén eles. A realidade que transcende, a que importa, é o balance: trinta cadeiras e só catro para mulleres na rúa Tabernas.
Futuro. A RAG ten que formularse varias cuestións. A institución ten unhas funcións a prol da lingua e da cultura. Aquí, cumpre. Ademais, debe ser unha corporación que represente a cultura deste país. Aquí, falla. Catro mulleres non é espello da realidade cultural, só unha deformación. “Hai mulleres que poden estar na RAG, pero só hai trinta cadeiras”, dixo Fernández Ferreiro estes días. Pois se hai mulleres que poden estar e só hai trinta cadeiras, se cadra é que a cifra é insuficiente. Ese debate tamén está no seo da RAG. Nos tempos que corren, quizais 30 persoas non se axusta ao traballo que se debe desempeñar coa fala nin no ámbito da representación.
Etiquetas:
Alberto Ramos,
muller,
Opinión,
RAG,
Xornal
Co "Galicia" de Paz Andrade
por Pedro Rielo, no Galicia Hoxe:
Nun dos primeiros números do xornal Galicia, dirixido por Paz Andrade, atópase, entre a novela de Rosalía de Castro, El caballero de las botas azules, o anuncio dunha confitería na que se pode tomar un bocadillo de xamón e unha copa de Rioja por 75 céntimos. Non é algo casual a relevancia da publicidade e na que se fai uso de simpáticos pareados: "Se queres beber bon viño, pide sempre Río Miño". Anúnciase tamén a chegada de varias motos Harley-Davidson ou dos ómnibus Dogde Brothers con capacidade para 13 persoas e con arranque electrónico.Xunto a eses anuncios moi visuais e directos, aspectos moi prácticos; así, por exemplo nos catro anos de andaina do xornal, aparecen os horarios dos autobuses, dos vapores Vigo-Cangas, as horas de misa...
Hai seccións que abranguen a situación internacional recollida en Avances Telegráficos, tamén a Crónica Municipal onde se trata a necesidade de contar cun parque en Castrelos, a falla de auga, os problemas dos pescadores e o, xa daquela, atraso histórico das comunicacións.
Ese compromiso, a defensa dos trens de ferro, custoulle ao polígrafo de Lérez a cadea en Vigo que deu pé a un amplo movemento de solidariedade no que, entre outros, os traballadores dos tranvías abriron unha subscrición de 10 céntimos por doador para liberalo. A cabeceira continuou ofrecendo información pero tamén opinión con autoridade como a de Vilar Ponte que escribe sobre a situación da muller ou a dun novísimo Filgueira Valverde, un dos candidatos a ser homenaxeado co Día das Letras, que saúda a importancia dunha universidade galega cun sonoro: "¡Ave alma mater!".
Remexo con curiosidade os exemplares deste xornal moderno e comprometido que saíu á rúa un 25 de xullo de 1922 para definirse como "liberal, independente e galeguista" e nótase que segue a dobre pegada de El Sol no eido literario e no aspecto máis combativo sitúase como herdeiro deLa Zarpa, dun Basilio Álvarez entusiasmado por este proxecto de curta vida.
A nómina de colaboradores inclúe a Otero Pedrayo, Cuevillas e no apartado gráfico a Cebreiro, Maside e, por enriba de todos, a Castelao que fai unha radiografía da actualidade con esa fonda capacidade para abrir os ollos sen deixar á beira a retranca cun punto de idealismo. Nunha caricatura aparecen varios raparigos xogando ao fútbol e baixo o debuxo, a explicación: "Así chegaremos a ter máis futbolistas... e máis zapateiros". O autor das Letras 2012 atravesou moitas dificultades, pero tamén de azos como os que representou Galicia, un xornal na marxe de localismos bocamangas.
Eran os anos nos que se vestía con sombreiro, nos que en Caldas vendían máquinas de escribir que eran campioas do mundo de resistencia e onde as pingas de tinta dunha Remington eran o mellor bautismo literario..
xoves, 9 de xuño de 2011
Escolma de novas da lingua
A Xunta pasa por riba da RAG e consulta coa Real Academia Española, no Galicia Hoxe do 31/05/2011
Carlos Callón: 'El PP ha fet servir Galícia de banc de proves del model d´involució lingüística', Vilaweb entrevista a Carlos Callón, 01/06/2011
A Xunta cuestiona a "axilidade" e o criterio da Real Academia Galega, no Xornal do 02/06/2010
A educación valenciana únese á galega contra o decreto plurilingüe, no Xornal do 02/06/2010
O modelo galego, o que menos protexe a lingua propia no estado, no Xornal do 02/06/2010
A Academia retruca que a Xunta acudeu á RAE por "ignorancia", no xornal do 04/06/2010
O decreto de plurilingüismo ou como ensinar o camiño, no Xornal do 05/06/2010
Unha lingua indignada, no Galicia Hoxe do 05/06_/2010, no que se relata a xuntanza da CGENDL celebrando os 20 anos dos ENDL e a homenaxe a Agustín Fernández Paz
Un decret molt contestat, en Vilaweb do 06/06/2010. Inclúe vídeo con reacción de protesta de varios organismos da Comunidade Valenciana.
Tamén engado este vídeo da canle Levante Tv, onde informa que o Conseller de Educació, Font de Mora, que elaborou un borrador de decreto que eliminará as liñas de valenciano, e que propón un modelo lingüístico fundamentado no equilibrio
P.S.: E máis:
Les concentracions contra el decreto del Consell clamen per la llengua a l´escola, en Vilaweb. Incúe vídeo das manifestacións contra o decreto
15.000 persenes clamen 'Si al valencià!' en la protesta contra el projecte de model educatiu ùnic, en Ara

Web do CCG e foros.gl, a rede galega renóvase e crece
Renovación do web do Consello da Cultura Galega
Xa tiña un espazo web desde o ano 2000, mais desde agora renovou o seu aspecto e centra na súa Mediateca a idea principal sobre a que montar o seu cambio. Deste xeito, eventos e convocatorias públicas da institución adquiren unha importante visibilidade. Na zona inferior da páxina de inicio, o visitante pode acceder a un mosaico de actividade dos diferentes deparamentos e Arquivos da entidade, ofrecendo un corpus dinámico.
Alén disto, o Consello da Cultura, desde estes días tamén estende a súa presencia na rede a facebook e twiter.
Foros.gl
Conta Manuel L. Rodrígues no seu blogue que a idea de foros.gl foi argallada nunha taberna cos arumes dun licor café. Presentouse o pasado luns e está inspirada en boards.ie, web de referencia en Irlanda. Así foros.gl nace co obxectivo de construír un lugar virtual de encontro onde achegar ideas, vivencias ou dúbidas en clave galega. Para isto, animan os internautas a unírense a esta comunidade e compartir as súas inquedanzas. Tamén conta cun blogue e un facebook.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)