Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 11 de xuño de 2011

Na procura dunha tele menos galega

Parece ser que o representante do PP na negociación da Lei da CRTVG, Pedro Puy,  defendeu ata o último momento a inclusión dun apartado que consagraría a posibilidade de que a televisión e a radio públicas puidesen emitir noutras linguas distintas ao galego, tal e como denunciou o BNG cando se levantou da negociación.A proposta dos populares era a seguinte: «A lingua dá corporación RTVG é ou galego, sen prexuízo do uso doutras linguas que, en función dá tecnoloxía e do alcance da emisión se estimen convintes por contribuír ao mellor cumprimento» dos fins propios da compañía.  
O obxectivo do partido de Puy está claro, a pesar de que a presenza do galego no audiovisual é realmente ridícula, querían afondar aínda máis na súa redución introducindo o castelán como lingua propia das emisións de radio e televisión galegas. Sería un paso fundamental na invisibilización do galego nunha sociedade cada vez máis pendente do mundo electromagnético. Neste punto cómpre lembrar polo menos dúas cousas. Unha, que a lei fundacional da CRTVG, impulsada por José Luis Barreiro no 1984 comenzaba cun artigo no que se lle atribuía á entidade "a misión de servizo público, consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega". E segunda, que a SXPL nunca deixou de dicir que a política de promoción e defensa do galego que tanto anuncia ser o seu eixo de actuación, é un obxectivo transversal do goberno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario