Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego

luns, 20 de xuño de 2011

Boas perspectivas para conseguir o dominio galego .gal

A  Asociación Puntogal traballa para  que a comunidade galega sexa visible en internet mediante o dominio .gal (pensade noutros dominios como .org, .info, .es). Isto permitiríanos aos galegos circular pola internet cunha matrícula de noso que nos identificara. Os cataláns xa o teñen, o .cat, e agora acaba de abrirse unha porta para que o dominio galego sexa unha realidade nun futuro non moi lonxano. En Puntogal explícanolo moi claramente:

A ICANN, o ente que organiza as direccións de internet, aprobou este luns o lanzamento do proceso de candidaturas para novos dominios. Isto significa que probablemente o Puntogal (.gal), o dominio para a lingua e cultura galega, poderá presentarse a exame no primeiro cuadrimestre de 2012.

A Asociación está formada por 108 entidades, entre outras, as tres universidades galegas, a Real Academia e o Consello da Cultura. Dende o comezo o .gal conta co soporte da Xunta de Galicia e tamén recibiu o apoio dos tres grupos do Parlamento de Galicia.
De lograr o novo dominio, a lingua galega disporía dun identificador de seu no primeiro nivel das direccións de internet. O  .gal permitiría localizar máis doadamente as páxinas web escritas na nosa lingua, contribuíndo ao aumento da presencia do galego no ciberespazo. 
Igualmente, servirá como vínculo con todos os galegos da emigración.

Aquí podes asinar para apoiar a iniciativa Puntogal

Ningún comentario:

Publicar un comentario