O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que, segundo informa, pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).
Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores.
Este novo recurso conta tamén cunha páxina en facebook onde facer achegas e comentarios.
P.S.: Un novo blog gratuíto centraliza a descarga de libros sobre o galego, no Xornal
Nace Galegobook, no Galicia Hoxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario