É coñecido que un dos principais argumentos empregados pola Xunta para defender as súas reformas en materia lingüística é o “plurilingüismo”. Ademais da formación ordinaria, Educación organiza campamentos e cursos de inglés intensivos para o alumnado a través dunha empresa con sede en Madrid.
Algúns dos pais e nais solicitantes destes campamentos atopáronse cunha sorpresa. A documentación ofrecida pola empresa que contratara a Xunta, así como a súa páxina web, está unicamente redactada en castelán. Non hai, polo tanto, posibilidade de obter datos en galego dunha actividade da Consellería.
Ao solicitaren a información en galego, as familias foron informadas de que se trataba dun “erro”, e recibiron un duplicado do documento, pasado ás claras por un tradutor automático, e a confusión foi aínda maior. O BNG xa rexistrou unha iniciativa no Parlamento pedíndolle explicacións a Educación.
Os problemas non quedan só nas familias dos estudantes. O profesores encargados de atender o programa estiveron durante semanas tentando obter información sobre o curso, o seu funcionamento e as súas datas. Por parte do departamento que dirixe Jesús Vázquez non tiveron resposta ningunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario