por Xosé González, en Galicia Confidencial:
As circunstancias históricas e o ordenamento xurídico en vigor non llo permitían. A primeira sentenza ditada en lingua galega, despois de varios séculos de paréntese, viría da man do maxistrado Claudio Movilla Álvarez en maio de 1984, cando as leis da democracia permitiron que unha resolución xudicial se promulgase na nosa lingua.
Porén, don Fermín Bouza Brey, o sete de novembro de 1931, nun artigo publicado nun xornal galego instaba aos lexisladores da II República a promulgaren medidas legais para que a Xustiza se puidese administrar en galego. O seu coñecemento do dereito público e privado era densísimo, raiano coa erudición. Por iso teimou na necesidade de abrirlle á lingua galega novos espazos nos usos xurídicos. “En non sei ata que punto o Xuíz debe enteirarse do folclore do pobo onde outorga xustiza, o que equivalería a coñecer o pensamento colectivo en que a súa función se move. O que sei por min é que sempre recibín auxilio en trances de dúbida do saber popular como denominador común a todos os xusticiables nun medio tan denso en expresións gregarias como é Galicia” (do prólogo da súa obra “O refraneiro xurídico galego”).
O pensamento político, cultural e xurídico de Bouza Brey entronca coa tradición xurídica galega. Dela recolle as súas formulacións e reitéraas. Malia os atrancos e devalos políticos, Galicia foi berce de xuristas comprometidos coa súa cultura e lingua. A carón de Bouza Brey están outros moitos: Arturo Noguerol, Peña Novo, Salvador Cabeza de León, González Pastoriza... Por iso chama a atención que na actualidade haxa gobernantes e lexisladores empeñados en negaren a importancia que ten a lingua galega no proceso de reconstrución da nosa identidade esmacelada polas adversidades da historia. Eses políticos e lexisladores exercen a “potestas” pero carecen de “auctoritas”; é ben distinto ter o poder que ter coñecemento da realidade.
A Irmande Xurídica Galega, continuadora e impulsora desa identificación do Dereito co noso patrimonio cultural (para máis información sobre as súas actividades aconsellamos acceder a www.galeguizargalicia.tv), recolle da historia o legado lúcido daqueles xuristas que, adiantados ao seu tempo, postularon a creación dun ordenamento xurídico entroncado coa idiosincrasia do pobo galego.
Para dárlle concreción a esa arela, o día 24 de setembro, o Concello da Estrada e a Irmande Xurídica Galega convocan unha xornada académica coa finalidade de estimular a galeguidade nos profesionais do Dereito. Os actos comezarán coa descuberta dunha placa conmemorativa na casa onde vivíu o xuíz Bouza Brey.
Unha segunda parte terá como escenario o Teatro Principal. Alí asistiremos á sinatura da “Declaración” dun fato de operadores xurídicos do Partido Xudicial, formalizando publicamente o seu compromiso de normalizar a lingua galega nas súas actividades profesionais, demandando tamén de tódolos órganos xurisdicionais que diten sentenza en lingua galega, amparándose no dereito que lles recoñece o art. 7 da Lei de Normalización Lingüística. As asesorías xurídicas do Concello da Estrada e doutras corporacións locais da contorna sumaranse tamén a este gran Acordo
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 23 de setembro de 2011
xoves, 22 de setembro de 2011
Bouza Brey versus Calvo Sotelo
Tendo en conta o post que escribín hai un par de meses, non podo facer outra cousa que felicitar aos organizadores desta merecida homenaxe ao que fora xuiz da Estrada. Merecida entre outras razóns porque moitos veciños do concello lle deben a vida a el e á súa valentía xa que tivo a feliz idea de procesar e meter no cárcere todo aquel que podía ser víctima dos militares no 1936 para que así estiveran baixo a súa custodia e imposibilitarlle aos golpistas realizar os tritemente famosos paseos.
Descubrirase unha placa na que foi casa de Bouza Brey na rúa Calvo Sotelo. Aínda que eu preferiría que se lle cambiara o nome á rúa e que no canto de lembrar acotío a un icono do alzamento fascista, a homenaxe fose completa e a placa que se descubrise fose a placa da rúa Fermín Bouza Brey. Pero teño a impresión de que desde a corporación mucipal prefiren botar un foguete un día polo galeguista con tal deque a festa grande dure todo o ano e sexa na honra dos valores na defensa dos valores do 18 de xullo.
No Teatro Principal presentarase o libro "Fermín Bouza Brey. Xuiz e galeguista" e avogados e procuradores asinarán un documento de compromiso coa nosa lingua.
Vía CTNL e Concello da Estrada
Descubrirase unha placa na que foi casa de Bouza Brey na rúa Calvo Sotelo. Aínda que eu preferiría que se lle cambiara o nome á rúa e que no canto de lembrar acotío a un icono do alzamento fascista, a homenaxe fose completa e a placa que se descubrise fose a placa da rúa Fermín Bouza Brey. Pero teño a impresión de que desde a corporación mucipal prefiren botar un foguete un día polo galeguista con tal deque a festa grande dure todo o ano e sexa na honra dos valores na defensa dos valores do 18 de xullo.
No Teatro Principal presentarase o libro "Fermín Bouza Brey. Xuiz e galeguista" e avogados e procuradores asinarán un documento de compromiso coa nosa lingua.
Vía CTNL e Concello da Estrada
martes, 20 de setembro de 2011
Busco medio en galego de información xeral
Até sempre!, foi a despedida de Vieiros (24/07/2010)
chuza! tamén pecha as portas, foi un titular do Xornal (25/07/2010). Afortunadamente despois resucitou.
'A Nosa Terra' manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso, en culturagalega.org (1/09/2010 faise o anuncio )
Galicia Hoxe sae mañá á rúa por derradeira vez, no propio Galicia Hoxe (o último número é o do 28/06/2011)
Adeus e grazas, vémonos na rede, era a mensaxe da última portada en papel do Xornal, era o 4/8/2011 e anuncíabase unha nova etapa deste medio que pasaba a ser Xornal.com, mais
Xornal.com tamén pecha na rede, no Galicia Hoxe
Así que:
chuza! tamén pecha as portas, foi un titular do Xornal (25/07/2010). Afortunadamente despois resucitou.
'A Nosa Terra' manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso, en culturagalega.org (1/09/2010 faise o anuncio )
Galicia Hoxe sae mañá á rúa por derradeira vez, no propio Galicia Hoxe (o último número é o do 28/06/2011)
Adeus e grazas, vémonos na rede, era a mensaxe da última portada en papel do Xornal, era o 4/8/2011 e anuncíabase unha nova etapa deste medio que pasaba a ser Xornal.com, mais
Xornal.com tamén pecha na rede, no Galicia Hoxe
Así que:
O galego non atura a calor
por José Luís Sucasas, no Xornal:
O galego é idioma nado na brétema e as súas palabras arroladas en berce de musgo e orballo, e xaora que non atura ben a calor. Por iso non é de estrañar que Vieiros se nos fora en Xullo do ano pasado, e Galicia-Hoxe e Xornal de Galicia en Xuño e Agosto do ano que estamos. O demo do calmizo levounos por diante. Os que aínda conservades un chisco de memoria, lembraredes que o sol petou forte en Xullo de 2010: no entanto, no 2011 as fogaxes viñeron en Xuño e nos derradeiros días de Xullo e primeiros de Agosto. Todo vai cadrando. O galego é lingua de braña e xunqueira; e cando aperta o sol e a terra regaña pola seca, as palabras galegas morren esganadas coma peixes fóra da auga. A diferencia dos nosos vellos, que mais ben marchan coas xeadas do inverno.
O Xornal de Galicia foi unha aventura engaiolante, fermosa, e o que me parece mais importante, unha aventura necesaria. Se a metade da poboación galega, —cuarta arriba, cuarta abaixo—, votaPSOE e BNG, non parece descamiñado pensar que lle gustará ler a realidade contada dende unha óptica afín, ou cando menos non belixerante, co ideario desas formacións políticas. E tendo en conta que os xornais existentes mantiñan unha liña editorial poromompera, unha de dúas: ou os votantes de esquerdas non lían xornais, ou xa aprenderan a ler do revés. Había aínda unha terceira posibilidade, moi galega, por certo: E que lle imos facer, meu? Éche o que hai! Pero sexa cal for a situación lectora da esquerda votante, o que si estaba fóra de toda dúbida era a existencia dun mercado potencial abondo para garantir o éxito da empresa.
E logo, que foi o que fallou? Sempre hai mais razóns para que algo fracase cas que hai para que trunfe, así que non é difícil dar con elas. Que se a crise xeral, que se a crise do sector, que se a perda da Xunta polo Corazón Partido, que se esto ou aqueloutro. Pero a cuestión fundamental é que a xente non merca xornais e o mercado potencial pasa a ser unha entelequia mais paseando polo limbo dos xustos. A xente le os xornais, pero non precisa mercalos, xa que pode acceder a eles de balde no medio millón de bares, tabernas, casinos e demais centros de lecer, esparexidos por todo o país. Se á venda neses lugares lle engadimos os adquiridos polos entes públicos, xa temos completado o 99 por 100 do mercado efectivo e real da prensa escrita. Quedaríanos ese 1 por 100 para a compra do exemplar do domingo por parte da xente de a pe. Noutros tempos aínda se mercaba algún xornal de cando en vez para envolverlle a merenda dos cativos ou o bocadillo do marido albanel, pero agora co papel de aluminio e mailos táper, xa non ven a conto.
Os mais listos —somos un pais de listos, non o esquezamos— dicían que Xornal de Galicia era a crónica dunha morte anunciada. Xaora que non leron a novela de Gabo, pero aprenderon a frase. Tamén dicían o mesmo cando os meus amores adúlteros con Leididí. E tanto nun caso coma no outro, os listos levaban razón. Pero tanto a xente de Xornal coma este pillagaliñas que lles escrebe, cando menos intentámolo. Cousa que eles nunca fixeron nin nunca farán. Sentan na porta da casa e agardan pacientes o paso dos cadaleitos por diante. Iso é o que lles chista. Coma o negro Floro de Zobra, que cando pousaban as andoriñas vascas no verán, sentaba nos valados a velas pasar polos camiños, aguzando eternamente un pau coa navalla, sen falarlles, sen case miralas, só refungando entre dentes : cando non vos quede outra, xa viredes a min, xa...
domingo, 18 de setembro de 2011
De aldeanos
Gañadora do I Certame de Curtas na Rede. Realizada por Edu Lavandeira
Chegoume desde Queremos Galego de Marín
Chegoume desde Queremos Galego de Marín
xoves, 15 de setembro de 2011
Unidades didácticas de matemáticas para a ESO (en galego)
Agora que comenza o curso creo que é o mellor momento para presentar os únicos libros de texto de matemáticas en galego aos que podemos ter acceso hoxe en día pois grazas ao labor de ataque á nosa lingua de quen todos sabemos a situación está no mesmo lugar que cando colectivo Vacaloura hai máis de 30 anos publicaba o primeiro libro de texto de matemáticas en galego.
O que aquí aparece é só unha mínima parte do que constitúe o material ed@d para matemáticas na ESO.
ed@d é un proxecto do Ministerio de Educación. Fundamentalmente é un libro interactivo que permite incidir unha aprendizaxe autónoma aproveitando os recursos TIC. Para coñecer a totalidade dos recursos ed@d de matemáticas bastaría con navegar por esta páxina. Se queremos descargalos tamén podemos desde aquí.
De seguido van 12 unidades didácticas para cada un das cinco áreas de matemáticas na ESO, e aproveito para agradecer ao MEC as facilidades aportadas para que poidamos compartir este recurso, ao profesorado implicado no seu desenvolvemento e sobre todo a Xosé Eixo, o coordinador e impulsor desta iniciativa en Galicia.
1º ESO
O que aquí aparece é só unha mínima parte do que constitúe o material ed@d para matemáticas na ESO.
ed@d é un proxecto do Ministerio de Educación. Fundamentalmente é un libro interactivo que permite incidir unha aprendizaxe autónoma aproveitando os recursos TIC. Para coñecer a totalidade dos recursos ed@d de matemáticas bastaría con navegar por esta páxina. Se queremos descargalos tamén podemos desde aquí.
De seguido van 12 unidades didácticas para cada un das cinco áreas de matemáticas na ESO, e aproveito para agradecer ao MEC as facilidades aportadas para que poidamos compartir este recurso, ao profesorado implicado no seu desenvolvemento e sobre todo a Xosé Eixo, o coordinador e impulsor desta iniciativa en Galicia.
1º ESO
2º ESO
3º ESO
mércores, 14 de setembro de 2011
Falar bretón hoxe. Basta de nos xustificar!
Para que serve falar bretón? Un mozo de fala bretoa responde a esta pregunta deixando claro que unha lingua non ten por que ser útil.
Falar bretón non é sempre froito dunha elección persoal. No meu caso, decidiron por min cando tiña dous anos ao me matricularen nunha escola Diwan onde se practica a inmersión lingüística. Por desgraza, non puiden seguir neste centro e dez anos máis tarde tiven que pasar a unha escola pública da rede bilingüe Div Yezh. A dicir a verdade, non aprendín o bretón: digamos que o vivín. Vivino a cotío durante máis de quince anos, cunha indiferenza máis aciaga do que cabería supor. Ao falar e ouvir unha lingua como o bretón todos os días, acabas por perder de vista o importante e tamén o fráxil que é. Deixou de me importar e así abandonei a lingua que medrara comigo e que me forxara a min.
A lingua que foxe
Porén, máis tarde ou máis cedo acabas caendo do burro. Decátaste de que che falta soltura naquelas poucas ocasións cando toca conversar en bretón: as palabras envurúllanse e esvaecen, engulidas polo francés que xa se tornou omnipresente. A lingua comeza a arredarse, fuxindo da boca que 'esqueceu' darlle vida. Vai esmorecendo a desenvoltura de antes e xa non queda outra que recoñecer -non sen bastante vergoña- que falabas mellor o bretón aos seis anos. As únicas opcións son a resignación ou o rescate. Así que decidín volver lanzarme ao bretón, recuperar o tempo perdido para reencontrarme coa lingua e, sobre todo, para non esquecela nunca máis.
Desde este momento, a miúdo véxome obrigado a xustificar esta miña decisión: "De que serve aprender bretón?", preguntan algúns, mentres que outros preguntan: "Queres ser profe?". Estas preguntas resoan como un interminábel laio raiante. Como se esta decisión só puidese responder a uns motivos estritamente profesionais. Como se saber bretón só servise para ensinar o bretón. Como se o bretón, considerado como unha lingua mantida viva nunha burbulla de respiración artificial, vexetando nun bote de formol, só interesase algúns eruditos e un puñado de universitarios... Hoxe por hoxe son poucas as persoas que imaxinan que é posíbel manter unha conversa sobre a vida e as cousas do cotián, ou mesmo sobre a sociedade ou a política. Tamén son poucas as persoas que imaxinan que as reflexións estruturadas se poidan expresar en bretón ou que se poida falar en bretón durante unha comida familiar ou estando de troula coa cuadrilla. Pola outra banda, son moitas as persoas que cren que o bretón é unha lingua morta, obviando así todos aqueles amantes da lingua que se empeñan en facer del unha lingua viva.
Un día, contoume un vasco que non lle saía a frase 'quérote' noutra lingua que non fose o euskera e que era nesta lingua que mellor lle sabía. Ao mellor é para iso que serven ante todo, estas nosas antigas linguas. Non cabe dúbida que as miñas emocións e os meus sentimentos se expresan mellor na ruda lingua dos meus devanceiros, enchoupada de emoción, xa que o bretón é a outra lingua da miña infancia. É a lingua na que tantas veces me rifaron e me fixeron rir e chorar.
A contracorrente do progreso
Gustaría de non ter que xustificar querer falar en bretón nunca máis. Sen ter que xustificarme por querer volver a encontrarme coa lingua que me eludía. Sen ter que explicarme con argumentos baseados nas perspectivas profesionais. Sen ter que buscar unha explicación racional a esta miña decisión... Acaso as persoas que aprenden inglés, español ou alemán teñen que responder a tantas interrogativas para xustificaren a lexitimidade dos seus estudos, como temos que facer os que aprendemos o bretón? Acaso teñen que aducir motivos profesionais que se 'axeitan' aos seus estudos de predilección? Claro que non. Como tampouco teñen que xustificar a súa decisión os pais e nais que opten por unha escola bilingüe onde se ensina o inglés (a razón parece tan obvia), mentres si que o teñen que facer aqueles que optan por unha escola Diwan. É que as linguas 'útiles' teñen sitio de seu e unha lexitimidade automática neste noso mundo, mentres que as linguas que se dan por mortas levan moito tempo remando a contracorrente do progreso convertido en leitmotiv das sociedades modernas.
Finalmente, todos os comentarios deste tipo van sempre no mesmo sentido, ao insinuaren que falar unha lingua, estudar a historia, pensar, construír ou escribir non serven para nada se non van ligados a un máis valía económico ou social. Os interminábeis comentarios como estes tamén revelan a importancia de conceptos como o traballo e o diñeiro, e apuntan a que cada xesto e cada respiro teñen, por forza, que estar enfocados a alcanzaren un obxectivo concreto.
Mais falar bretón non me vai servir a min para atopar un posto de traballo. Tampouco me servirá para montar ou afianzar unha rede social. É máis, xa non fica ningún falante monolingüe de bretón que tornaría obrigatorio o uso desta lingua para poder comunicarme con el, do mesmo xeito que poderían falarme en francés todas aquelas persoas coas que me relaciono habitualmente en bretón. Se falo esta lingua, é para sentila mellor. Tamén para vivila mellor.
[ Artigo de opinión asinado por Arzhur, publicado en 'Loitas de liberación nacional, unha revolución posíbel', Courant alternatif Nº 17/ Offensif, Nº 30 (xuño 2011), publicación conxunta daOrganización comunista libertaria e da Ofensiva libertaria e social. Tradución: Robert Neal Baxter ]
Nel Vidal: 'Nun ano dramático para a normalización Anxo Lorenzosó pode dimitir'
Entrevista a Nel Vidal, presidente da CTNL, no Xornal:
Nel Vidal (Ribeira, 1980) é dende 2007 o presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL). Esta asociación enviou a semana pasada un comunicado no que esixía a dimisión inmediata de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, tras coñecerse que o seu departamento suspendía as axudas para a promoción e fomento da lingua nos concellos. Para Vidal, o secretario xeral xa non ten "credibilidade" e considera que a súa marcha é a única saída que lle queda. Ademais, Vidal afirma que o ano 2011 está a ser "un ano dramático para a normalización lingüística" e que as axudas para o fomento do galego nos concellos pasaron de 800.000 euros en 2008 aos 420.000 euros de 2011, ano no que por vez primeira en dúas décadas estas subvencións quedan anuladas.
No comunicado que enviou a Coordinadora a semana pasada sinalábase que a suspensión destas axudas podía supoñer a desaparición dos servizos de normalización lingüística en varios concellos. De cantos técnicos podemos estar a falar?
Non podemos precisar a cifra exacta, pero esperamos que sexan os mínimos posibles e que, a poder ser, non haxa ningún despedimento. Pero as consecuencias son moi graves. Por un lado, aXunta anunciou que van sacar as axudas de novo con cargo a 2012, pero como é lóxico os concellos non investiron este ano os cartos que aínda non lles concederon. Facelo sería unha irresponsabilidade. Irresponsabilidade que, por outro lado, cometeu a Xunta co Fondo de Compensación do Estado. Esa irresponsabilidade foi a que nos levou a esta situación. Se neste 2011 non se van conceder esas axudas para a normalización, os propios concellos non van levar a cabo actividades de normalización con cartos que lles vaian dar, supostamente, en 2012. É totalmente imposible. Aínda que a Xunta lles deixe xustificar gastos a cargo de 2012, xa é tarde. O ano está perdido. Toda esta situación lévanos a que moitos concellos estivesen agardando pola resolución das subvencións para levar a cabo actividades de normalización e mesmo para contratar técnicos. Se non hai resolución, como non vai haber neste ano, nin haberá actividades nin contratación. Os concellos mantiveron contratos de técnicos de normalización esperando que chegasen estas axudas que, finalmente non vai haber. É posible que moitos consistorios acaben por prescindir dos técnicos. Dende a Coordinadora, pedímoslles aos concellos que fagan un esforzo para manter estes postos de traballo
No seu comunicado, a Coordinadora denunciaba que esta liña de axudas descendera considerablemente nos últimos dous anos, dende que o PP chegou ao Goberno. De que cifras estamos a falar?
Os cartos que lle dedicou a Xunta en 2008 foron 800.000 euros e agora falamos de 420.000. O ano pasado foran 600.000 euros. Agora estamos xa coa desaparición total destas axudas. As consecuencias que podemos ver é que agora hai menos concellos con servizos de normalización lingüística que en 2008 e os que hai son financiados en moitos casos pola Deputación da Coruña, non pola Xunta. Nestes momentos non sabemos que vai pasar o ano que vén coas axudas da Deputación, polo que as consecuencias poden ser aínda máis dramáticas.
A Coordinadora pedíralle a Política Lingüística nas últimas semanas información ao respecto destas axudas cuxa convocatoria se fixo en marzo. Vostedes acusan a Xunta de negarse a facilitar información ao respecto. Que pasou?
Non contestaron as nosas preguntas, nin sequera nos deron respostas de cordialidade. Reclamamos información ao correo xeral de Política Lingüística. Ao ver que non respondían, decidimos comunicarnos coa xefatura de gabinete, coa subdirectora xeral de Política Lingüística e tamén co propio Anxo Lorenzo. Isto dende o mes de xullo. Nin sequera tivemos unha mínima contestación de cordialidade. É incrible e inaudito, xa que sempre houbo un contacto normal. Un contacto como o que ten que haber entre o departamento de Política Lingüística, responsable de coordinar os servizos de normalización, e a entidade que aglutina os traballadores de normalización lingüística.
É o 2011 un ano perdido no ámbito da promoción da lingua nos concellos?
Poderíase definir directamente como un ano dramático. Oxalá fose simplemente un ano perdido! Pero cando os retrocesos son tan grandes e non se toman un mínimo de medidas, estase a producir un grave retroceso. É un ano dramático con consecuencias que estamos vendo e sufrindo. Neste sentido, hai que engadir que tamén resultou vergonzoso e impresentábel que o señor Anxo Lorenzo estivese dous anos presentando a Rede de Dinamización Lingüística ao mesmo tempo que se reducían as axudas aos servizos de normalización. Ao final mesmo chegamos á suspensión total das axudas. É incoherente que se presente esa rede e que se fomente que pechen os servizos de normalización, porque iso é o que está a pasar. Ademais, os concellos foron chantaxeados por Política Lingüística coas axudas deste ano que finalmente non se van dar. Foron chantaxeados, porque nunha das bases se recollía que aqueles concellos que se unisen á rede ían recibir máis cartos. E agora suspéndense as axudas! Os concellos que caeron nesa chantaxe deberon quedar con cara de parvo. Anxo Lorenzo perdeu xa a escasa credibilidade que tiña, xa non é o interlocutor válido para representar a administración autonómica neste eido. Só ten unha saída: dimitir. Se está de acordo con que a Xunta anule estas axudas, ten que marchar. Se non estaba de acordo e as anularon, ten que marchar. Lorenzo só pode dimitir.
Precisamente Anxo Lorenzo cualificou de "noticia lamentable" que o seu departamento tivese que eliminar esas axudas e culpou o Estado. Válelle esta explicación?
É unha explicación ridícula. A competencia de normalización lingüística e a responsabilidade de fomentar a lingua na administración local son do Goberno autonómico. Se a Xunta non soubo facer ben as contas ou incluíu no apartado de ingresos cartos que non tiñan, é culpa dos malos xestores da administración galega. Que non lle boten a culpa a ninguén e, sobre todo, que non llo fagan pagar a lingua
martes, 13 de setembro de 2011
CGENDL: nova bolsa de actividades
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística (CGENDL) preséntanos para este comenzo de curso unha nova bolsa de actividades para a normalización no ensino non universitario.
Ésta é unha páxina aberta pois nela iranse incorporando todas aquelas actividades que sexan recibidas pola CGNDL na seguinte conta de correo: correo[arroba]coordinadoraendl.org
A Coordinadora confímase como un referente esencial para a normalización no ensino. Non sucede o mesmo con algunha outra institución que presume acotío de ser o garante da defensa do galego e que non realiza outra actividade máis que a de ser escaparate do seu máximo representante.
Ésta é unha páxina aberta pois nela iranse incorporando todas aquelas actividades que sexan recibidas pola CGNDL na seguinte conta de correo: correo[arroba]coordinadoraendl.org
A Coordinadora confímase como un referente esencial para a normalización no ensino. Non sucede o mesmo con algunha outra institución que presume acotío de ser o garante da defensa do galego e que non realiza outra actividade máis que a de ser escaparate do seu máximo representante.
luns, 12 de setembro de 2011
A viaxe de Hércules
A viaxe de Hércules é a viaxe de achegamento ao galego do profesor andaluz Domingo Ruiz Pineda. Producida polo IES Perdouro de Burela e realizada por Matías Nicieza. Obra vinculada co Modelo Burela de Planificación Lingüística.
Chegoume desde os incansables vieiros da CGENDL
Chegoume desde os incansables vieiros da CGENDL
domingo, 11 de setembro de 2011
Nin un céntimo para o galego
Desde hai 18 anos a Feira de Artes Escénicas era o escaparate do teatro galego que servía para que as compañías presentaran as súas propostas aos progamadores culturais. Na Feira establecíanse os contactos fundamentais para asegurar os proxectos da nova temporada da industria teatral galega. Nun momento en que é imprescindible apoiar os proxectos empresariais, a Xunta decide non organizar a Feira coa desculpa da falta de presuposto: precisaríanse 160.000 € e actualmente só se dispón de 50.000. Porén esa mesma Xunta non ten ningunha dificultade para desviar fondos (225.000 €) a un Festival das Rías Baixas celebrado o pasado mes de xullo e que, agás o contrato de Ana Belén ou Sancho Gracia, nada aportou ao fomento da cultura propia.
Hai 20 anos que se viñan concedendo axudas ás editoriais para a elaboración de libros de texto en galego. Para as editoriais non é negocio ningún, agora menos que nunca, cando se acaba de reducir drásticamente a presenza do galego grazas ás virtudes do decreto de plurilingüismo. Este ano, nin axudas ao sector dos libros que fai o esforzo de innovar e apostar polo galego. Será outra vez por cartos? Non é creíble. O presuposto para este apartado estaba xa enormemente reducido: 400.000 €.
Outras axudas cunha tradición de 20 anos son as que se concedían aos concellos como aportación ao incentivo na normalización lingüística. Neste caso o cinismo chega a límites paroxísticos. Tanto os membros do seu gabinete como o propio Anxo Lorenzo, o responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), a entidade convocante das axudas, negáronse a darlle información sobre a resolución das mesmas á Coordinadora de Traballadores para a Normalización da Lingua só uns días antes de que publicaran a supresión das mesmas.
Para máis INRI, a política de normalización lingüística para os concellos mudou completamente de dirección desde hai un ano coa publicación da orde que desenvolve a creación da Rede de Dinamización Lingüística. A día de hoxe esta rede é un espectro que só ten existencia nas letras do DOG que a creou. Se temos os folgos suficientes podemos ver os paseos de Anxo Lorenzo visitando concellos facendo propaganda da presunta Rede. Na última destas visitas foi recibido por Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago que sempre se mostrou moi reticente tanto ao uso como á defensa da lingua galega. Esta entrevista tivo lugar o pasado día 8 e foi destacada desde a SXPL como unha importante achega ao apoio da Rede. Un día antes, o 7, é a data da suspensión das axudas á lingua nos concellos. O presuposto para este capítulo era de 450.000 €. A suma do total retirado é de 850.000 €.
Hai un ano Anxo Lorenzo declaraba que se retiraba a campaña de propaganda do decreto de plurilingüismo (944.989 €) "por motivos políticos", non presupostarios. Todo o mundo comprenderá que o apoio aos concellos ou ás editoriais é moito máis prioritario que unha campaña publicitaria. É de supoñer que a función de programar os orzamentos da SXPL é unha das principais funcións do seu responsable. Por esta razón conclúese que Anxo Lorenzo alcanzou uns niveis de falsidade e cinismo que só vai poder superar se el mesmo continúa no cargo.
Hai 20 anos que se viñan concedendo axudas ás editoriais para a elaboración de libros de texto en galego. Para as editoriais non é negocio ningún, agora menos que nunca, cando se acaba de reducir drásticamente a presenza do galego grazas ás virtudes do decreto de plurilingüismo. Este ano, nin axudas ao sector dos libros que fai o esforzo de innovar e apostar polo galego. Será outra vez por cartos? Non é creíble. O presuposto para este apartado estaba xa enormemente reducido: 400.000 €.
Outras axudas cunha tradición de 20 anos son as que se concedían aos concellos como aportación ao incentivo na normalización lingüística. Neste caso o cinismo chega a límites paroxísticos. Tanto os membros do seu gabinete como o propio Anxo Lorenzo, o responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), a entidade convocante das axudas, negáronse a darlle información sobre a resolución das mesmas á Coordinadora de Traballadores para a Normalización da Lingua só uns días antes de que publicaran a supresión das mesmas.
Para máis INRI, a política de normalización lingüística para os concellos mudou completamente de dirección desde hai un ano coa publicación da orde que desenvolve a creación da Rede de Dinamización Lingüística. A día de hoxe esta rede é un espectro que só ten existencia nas letras do DOG que a creou. Se temos os folgos suficientes podemos ver os paseos de Anxo Lorenzo visitando concellos facendo propaganda da presunta Rede. Na última destas visitas foi recibido por Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago que sempre se mostrou moi reticente tanto ao uso como á defensa da lingua galega. Esta entrevista tivo lugar o pasado día 8 e foi destacada desde a SXPL como unha importante achega ao apoio da Rede. Un día antes, o 7, é a data da suspensión das axudas á lingua nos concellos. O presuposto para este capítulo era de 450.000 €. A suma do total retirado é de 850.000 €.
Hai un ano Anxo Lorenzo declaraba que se retiraba a campaña de propaganda do decreto de plurilingüismo (944.989 €) "por motivos políticos", non presupostarios. Todo o mundo comprenderá que o apoio aos concellos ou ás editoriais é moito máis prioritario que unha campaña publicitaria. É de supoñer que a función de programar os orzamentos da SXPL é unha das principais funcións do seu responsable. Por esta razón conclúese que Anxo Lorenzo alcanzou uns niveis de falsidade e cinismo que só vai poder superar se el mesmo continúa no cargo.
sábado, 10 de setembro de 2011
Escolma. A Xunta retira as axudas aos libros galegos e á normalización nos concellos
Houbo moitos
outros ataques obrados por esta Xunta, pero o primeiro paso de grande envergadura en contra do galego foi a aprobación do funesto decreto 79/2010, chamado de plurilingüismo. Vén de consumarse un segundo coa eliminación dos orzamentos destinados ao apoio da edición de libros de texto en galego e á normalización lingüística nos concellos.
A educación en galego, primeira vítima da tesoirada da Xunta,
editorial do Xornal
Bragado: "A Xunta opera violentamente; é inconcebible sacar as axudas dos libros de texto", no Xornal
A oposición califica como "ataque á lingua" e medida "lingüicida" a eliminación das axudas, no Xornal
BNG e a Xunta denuncian o "ataque sen precedentes" da Xunta ao galego, no Galicia Hoxe
Traballadores de normalización lingüística dos concellos piden a dimisión de Anxo Lorenzo, no Galicia Hoxe
Tamén hai novidades sobre as mentiras do Conselleiro de Educación encol do anunciado apoio da comisaria da UE ao decreto de plurilingüismo:
Anexo á noticia anterior: resposta da Xunta, no Xornal
P.S.:
Anuladas las ayudas para la promoción del gallego en material escolar y municipios, en El País
A Xunta suprime as axudas aos libros de texto e á promoción local do galego, en Radiofusión
CIG-ensino denuncia os novos recortes da Consellaría de Educación contra a nosa lingua, en CIG-ensino
P.S.:
Anuladas las ayudas para la promoción del gallego en material escolar y municipios, en El País
A Xunta suprime as axudas aos libros de texto e á promoción local do galego, en Radiofusión
CIG-ensino denuncia os novos recortes da Consellaría de Educación contra a nosa lingua, en CIG-ensino
venres, 9 de setembro de 2011
Ser ou non ser
Todo o que reflexionara durante máis de cinco minutos no asunto da normalización sabe o o primeiro chanzo que hai que pisar é o da identidade. An Alfaya explícanolo moi ben neste artigo d´A Nosa Terra:
Non é o mesmo ser galego que sentirse galego. Ser galego vén sendo aquel que nace nun territorio chamado Galicia, aínda que logo non implique necesariamente que utilice o idioma galego como vehículo de comunicación. Porén, dáse o caso de quen nacendo ou non en terra galega, chega a sentir a lingua como propia, incorporándoa ao seu contorno cotián como xeito de expresión verbal ou escrita. Daquela, sentirse galego dános unha clave de identidade, mais tampouco impele a levar tatuado un código de barras na fronte, senón que agroma do íntimo e logo emerxe cara ao universal. Sentir a lingua galega supón aprehendela cos cinco sentidos. Obríganos a defendela dos envites alleos coa razón e co corazón, tal coma se na tarefa nos fose a vida de quen amamos por enriba de nós mesmos, porque coa súa morte esmorece a nosa ilusión polo presente e a nosa esperanza polo futuro da nosa Cultura. Porén, se un pon os ollos, as orellas, o nariz, a lingua e a pel nas palabras autóctonas, de súpeto espertan os recendos, os sabores, as cores, as texturas e a musicalidade dos vocábulos, é dicir, os motores da degustación lingüística. Porque as nosas palabras son seres orgánicos, e coma tales nacen, medran, nútrense, desenvólvense, e tamén murchan ou desaparecen se caen no limbo do esquecemento dos transmisores e dos oíntes. Co desuso corren o risco de mudar en pura arqueoloxía, de transformarse en obxectos de museo conservados en formol, gardados en urnas de cristal, fosilizados, dispostos para ser analizados e espertar a curiosidade das xeracións vindeiras. Os medios de comunicación, os poderes públicos e o conxunto da cidadanía deben entender que protexer o galego é un deber e un dereito dende calquera parcela ou sector social. Educadores, creadores, administracións e demais, piares dunha ecuación de primeiro grao cunha soa incógnita por resolver, están abocados a camiñar da man na busca da solución, que non pasa pola liorta, senón polo diálogo. Os enfrontamentos das capas sociais, as promesas electoralistas, a escasa argumentación e os desatinos políticos, así como o abandono da nosa lingua condúcenos a escurecela e a facela prisioneira na gaiola do pensamento, sen posibilidade de fitar a luz, sentenciándoa nun xuízo sen lei á pena de morte. Calquera lingua supón un banzo na gran pirámide do que convén preservar e cultivar como patrimonio da humanidade, e o galego está cando menos ao mesmo nivel das outras. Porque non hai concepto ou sentimento que non poida expresarse en galego, e o mundo pode ser entendido, sentido e amado dende o celme, dende a raíz, dende o berce. As palabras recenden, cheiran, feden e olen tamén en galego. As palabras abrasan, abrazan, amansan e acarician, tamén en galego. As palabras degústanse, mastíganse, deglútense e saboréanse, tamén en galego. As palabras pronúncianse, escóitanse e soletréanse, tamén en galego. As palabras escríbense, debúxanse, perfílanse e coloréanse, tamén en galego. Porque ser ou non ser Galego cos cinco sentidos depende tan só do emprego dun: do sentidiño común.
mércores, 7 de setembro de 2011
Ayuntamiento de Sada
O galego está completamente excluído da páxina web do concello de Sada. Cando alguén ten a triste experiencia de visitala pode pensar que Sada está polas latitudes da Arxentina. Pero o maltrato á nosa lingua non se limita a isto. Premendo na lapela de Parroquias podemos comprobar outro exemplo máis de incumprimento da Lei de Normalización Lingüística, desta volta coa curiosa lista de presuntos topónimos formada por: *Amexeiral, *Granja, *Veloy, *Molino del Viento, *Sadarriba, *San Mamed, *Villablanca ou *Las Delicias.
Eu xa lles presentei a miña queixa, pero dubido de que quen despreza aos 15.000 veciños do concello cunha porcentaxe dun 89% de galegofalantes, supoño que pouco terá en conta o meu parecer, por moi asisado que éste sexa.
Eu xa lles presentei a miña queixa, pero dubido de que quen despreza aos 15.000 veciños do concello cunha porcentaxe dun 89% de galegofalantes, supoño que pouco terá en conta o meu parecer, por moi asisado que éste sexa.
Teño que lle agradecer a Francisco Xosé Rei García a información que divulgou.
Etiquetas:
concello,
cousas,
foto-denuncia,
onomástica,
Sada,
web,
zunantes
martes, 6 de setembro de 2011
Galego. Á conquista do teu espazo!
Todos os gobernos da Xunta levaron a cabo algunha campaña de promoción de uso do galego. Todos agás o actual que só as realiza na súa contra. Velaquí lles deixo unha idea que fusilei neste outro sitio.
luns, 5 de setembro de 2011
Ti es dos meus
Versión do tema "Ti es dos meus" realizado polos alumnos de música de 2º de Bacharelato do IES Salvaterra de Miño para participar na iniciativa do Galego Lab "Agasallo sincronizado para o mundo".
domingo, 4 de setembro de 2011
A lección do ataque ao modelo de ensino en catalán
Os partidos políticos (agás PP e Ciutadans) demandan que se continúe co actual modelo. No mesmo sentido se manisfestaron as asociacións de pais, os sindicatos e as asociacións de defensa da lingua e da cultura.
A ninguén se lle escapa que estamos frente a un uso perverso das institucións para estender a hexemonía e a imposición do castelán, a única lingua que ten consideración de tal para aqueles que no estado atacan ás periféricas. Os mesmos fundamentos xurídicos que usa o TSJC para forzar a redución do uso do catalán na escola poden usarse xustamente para o contrario pois non lle corresponde a un tribunal determinar se a lingua minorizada deixou xa de estalo e, aínda nese caso é competencia da Generalitat determinar o peso de cada unha no sistema educativo. Con todo, o mellor garante da defensa do catalán vén da man da consellera de Enseñament quen anunciou un recurso contra a resolución do TSJC argumentando que a inmersión é un patrimonio colectivo que garante a cohesión social, unha cohesión contra a que se atentaría no caso de separar aos escolares por razón de lingua.
Pola contra, en Galicia, o maior perigo para o galego está precisamente nunha Xunta que aproveita todas as oportunidades que ten para reducir a instalación da nosa lingua nesta nosa sociedade. O maior ataque vén precisamente da Consellería de Educación quen primeiro aproba un decreto chamado de plurilingüismo e que na práctica significou o maior paso atrás na normalización lingüística e despois reforza esta involución mediante unha presunta lei de convivencia que non é outra cousa que un salvoconduto para os negacionistas. Aquí a Xunta actúa tamén contra partidos políticos, sindicatos, asociacións profesionais... e enfréntase directamente contra os ditames do Consello Escolar, do Consello da Cultura Galega e do Consello Consultivo. Ata tal punto chega a radicalidade da zunia de quen nos goberna que forza á mesmiña RAG a presentar un recurso contra a farramalla lexistativa argallada en contra da lingua galega.
O modelo lingüístico no ensino en Galicia non é o de inmersión senón o de conxunción de linguas. Este modelo non é ningunha panacea pero podía dar moito de sí tal e como se estaba comenzando a demostrar coas medidas tomadas polo goberno bipartito ao poñeren tímidamente en funcionamento algunhas das directrices do Plan Xeral de Normalización Lingüística que, curiosamente, fora aprobado por unanimidade no Parlamento galego no ano 2004. O primeiro intento de avance, feble pero serio e transversal, na normalización do ensino promovido polo goberno galego durou ben pouco e a resposta foi a dun retroceso brutal. Agora sabemos o que sucedería se eses primeiros chanzos na galeguización do ensino se fosen consolidando; e sabémolo polo que vemos que acaba de suceder en Cataluña. Nunca se vai permitir que se faga efectiva unha verdadeira normalización das linguas periféricas. O sistema político está construído de tal xeito que a única lingua que nunca terá ningunha dificultade vai ser únicamente o español e, pola contra, tan pronto como se verifiquen uns mínimos avances na consolidación doutras linguas nos seus respectivos territorios, haberá múltiples formas de atrancar o proceso.
Todo reside na disimetría na consideración legal entre as linguas que como o galego e o catalán só figuran secundariamente e a única á que realmente lle son recoñecidos dereitos materiais, a única que se impón, que arrasa coas outras culturas, a única que ten sempre o paso libre, o castelán. Eis que nunca veremos unha reforma que estableza realmente a igualdade entre as linguas na península e que polo tanto restaure a igualdade entre os seus utentes.
Claro que isto non significa que os vieiros da normalización conduzan sempre ao fracaso. Velaí a resposta da sociedade catalana, máis unida e máis indignada que nunca arredor do seu ser máis esencial: a súa lingua. Alí ben saben que non se lle poden poñer cancelas ao vento. Para aprendermos.
xoves, 1 de setembro de 2011
En perigo a normalización dos concellos
A CTNL (Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua) vén de denunciar que o vindeiro día 11 cumprirase o prazo de 6 meses indicado na convocatoria de axudas de promoción da lingua galega nas administracións locais co que automáticamente se desestimarían as solicitudes de subvención.
A CTNL denunciou en anos anteriores a ineficacia desta convocatoria debido á tardanza na resolución. Pero este ano supéranse todos os records de ineficacia pois nunca nunca se tardou tanto en publicar a resolución e agora, co agravante da negativa a ofrecer información sobre a convocatoria de axudas. A CTNL non recibiu ningunha resposta da SXPL polo que sospeitan que mediante o procemento do silencio administrativo queren facer desaparecer este tipo de axudas. Unhas axudas das que a pesar de contaren cun orzamento ben cativo, a propia SXPL explicaba que se convocaban para garantir unha maior visibilidade e proxección da lingua galega desde o ámbito local. Será que desde a SXPL o que están a procurar é xusto o contrario do que predican, tal e como demostran acotío os feitos.
A CTNL denunciou en anos anteriores a ineficacia desta convocatoria debido á tardanza na resolución. Pero este ano supéranse todos os records de ineficacia pois nunca nunca se tardou tanto en publicar a resolución e agora, co agravante da negativa a ofrecer información sobre a convocatoria de axudas. A CTNL non recibiu ningunha resposta da SXPL polo que sospeitan que mediante o procemento do silencio administrativo queren facer desaparecer este tipo de axudas. Unhas axudas das que a pesar de contaren cun orzamento ben cativo, a propia SXPL explicaba que se convocaban para garantir unha maior visibilidade e proxección da lingua galega desde o ámbito local. Será que desde a SXPL o que están a procurar é xusto o contrario do que predican, tal e como demostran acotío os feitos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










