Fermín Bouza Brey era xuiz na Estrada cando o levantamento fascista do ano 1936. Grazas ao seu labor salvaron a vida moitos veciños, pois a Bouza Brey ocurríuselle que podía procesar el aos que podían ser víctimas dos militares e con esta maniobra garantía que mentras
estiveran por el ancausados non foran sacados da prisión da Estrada por ninguén que non lle dera garantías de que non era para aplicar a lei de fugas. Así, mentres participaba nas manifestacións públicas de adhesión ao réxime, en privado tecía a súa particular estratexia para evitar maior número de crimes que puidera nun pobo no que xa non se podía administrar xustiza.
Esta xa sería razón suficiente para que toda a miña veciñanza coñecese e gabase o seu labor ou para que calquera galego lle tivese noticia da súa figura e das características principais do seu labor. Para contribuir neste sentido deixo aquí este pequeno documental da canle galeguizargalicia.tv, magníficamente realizado.
Engado tamén dous documentos. O primeiro pode consultarse nesta ligazón e tamén foi editado por Galeguizar Galicia baixo o título 'Fermín Bouza Brey. Xuiz e galeguista'. O segundo é da autoría de Jesús Palmou e aparece no último número da revista 'A Estrada. Miscelánea histórica e cultural' e que vén de publicarse na rede hai unha semana. O artigo de Palmou leva o título 'Fermín Bouza Brey. O xuiz da Estrada'
Ningún comentario:
Publicar un comentario