Vivir o galego, vivir en galego é un blogue creado por Filipe Díez que nos ofrece a posibilidade de asinar un compromiso pola lingua en 10 puntos. Segundo o seu creador preténdese visibilizar a existencia dun grupo que se compromete coa lingua o suficientemente importante que 'queremos ter voz pública, no ámbito da comunicación pero tamén no da economía, o comercio, a publicidade... E estamos dispostos a tomar unha actitude individual e colectiva para conseguilo.'
Na ligazón pódese consultar o blogue, mais vou destacar un dos puntos que, aínda que redactado en negativo, ben podería ser unha do o que Descartes chamaba regras para dirección do espíritu.
Non consumir medios de comunicación que teñen unha liña editorial agresiva cara ao galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario