A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística presentoulle ao comité de expertos da CELRM (Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias) un informe no que denuncia a situación da lingua no ensino sobre todo a raiz da aprobación do funesto decreto 79/2010, chamado de plurilingüismo, e que en realidade é de redución efectiva do uso da lingua galega. Outros aspectos que se critican desde a CGENDL é a aniquilación das liñas de galego, das Galescolas, as facilidades para obter exencións de galego na escola e na selectividade, a falta de apoio á edición en galego coa inmedita consecuencia da desaparición de múltiples recursos educativos na nosa lingua, a eliminación da obrigatoriedade do coñecemento do galego para o ingreso ao funcionariado, a redución -exclusión en ocasións- do uso do galego como lingua da administración, a eliminación do galego nas novas tecnoloxías, o uso do plan Abalar para facer aínda máis abafante a presencia do castelán fonte de recursos educativos, a retirada dos portais da Xunta de materiais educativos en galego, recortes orzamentarios para os equipos de normalización, en defitinitva, procurouse 'a eliminación de calquera iniciativa de "discriminación positiva" para o
galego' para o que se parte do 'imcumprimento dos compromisos unánimes do Parlamento Galego recollidos no Plan Xeral da Lingua Galega de 2004 e adóptanse medidas como permitir que os pais e nais decidan a lingua ou asegurar que o galego nunca supere o castelán na carga lectiva,
feito que redunda na discriminación histórica que sufriu o galego no ensino'.
Por se o queredes ler enteiro, déixovolo por aquí, paga a pena.
CGENDL_CELRM Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo_6_xullo_2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario