No mes de abril escribín un post co mesmo título que este para anunciar a publicación por parte do ITE (Instituto de Tecnologías Educativas), organismo dependente do MEC, dun recurso educativo en galego que, desde o meu punto de vista é o mellor que hai para o ensino das matemáticas. Trátase dunha colección de 60 unidades didácticas que tratan todo o temario da ESO. Coñecido como 'material ed@d' a este recurso pódese acceder desde aquí ou ben premendo nunha ligazón que desde aquela deixei ao principio da columna dereita deste blogue.
Agora a novidade é que podemos descargar as unidades que queiramos desde esta nova páxina. Basta con marcar as unidades que queremos e premer en 'descarga', así de simple. Polo que eu sei, de non ser polos atrancos postos desde a Consellería de Educación, esta ferramenta estaría á nosa disposición desde hai un ano. Como proba do interese que manifesta esta Consellería, eu envieille hai máis de dous meses unha solicitude para que cargaran este material no repositorio de contidos do 'Espazo Abalar' e aínda non tiveron tempo para o facer. Despiste ou zunia?. Eu teño ben clara a resposta.
Se non vedes a aplicación que deixo aquí como exemplo, extraída dunha das unidades de ed@d, pode ser por non terdes instalada a máquina virtual de JAVA ou plugin DESCARTES. Paga a pena facer a descarga.
Outros requisitos: Flash Player 7 ou superior, Acrobat Reader
Ningún comentario:
Publicar un comentario