O comité de expertos do CELRM (Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias), remate de emitir un comunicado sobre a situación do idioma galego e a deturpación que está soportando pola lapidación que a santísima trindade do xuntoiro, Feijoo-Vázquez-Lorenzo veñen mantendo obsesionada obstinación contra calquera manifestación expresiva do idioma nacional de Galiza.
O empeño que se ten posto na Normalización Lingüística e nos proxectos que poñan barreiras a esa degradación tan palpábel que nos ben da propia administración da Xunta, que non cesa en pór atrancos con decretos depredadores e creando confrontacións e inestabilidades a non respectar consensos das verdadeiras entidades con experiencias e con cifras ben desconsoladoras que manifestan que desde a ascensión ao poder de Núñez Feijoo en 2009, o cataclismo que se cerne ao redor do idioma galego non pode ser mais arrepiante.
A confabulación hermética e demagóxica que a Xunta está manifestando, con ousadía interesada de que todo o que ule a identidade o afastan con silencios e decretos, co fin de amparar realidades alleas a nosa idiosincrasia. Neste contencioso, expertos europeos non desminten o que as organizacións galegas que veñen facendo un traballo serio e reivindicativo, como é “A Mesa” e outras entidades da nosa entidade.
O atributo mais poderoso e resolutivo da nosa identidade e o noso idioma. Os nacionalistas españoleiros, montados a cabalo da Xunta, saben moi ben por onde atacar e crear espolio. Neste sentido, se verificamos as prácticas con que tratan de confundir ao colectivo de ensinantes, desde a confusión e a parcialidade. A liquidación das galegoescolas, loadas polos expertos do CELRM, corroboran as excelencias desas manobras contra a nosa identidade.
Remata de desaparecer “Galicia Hoxe”, un xornal herdeiro de “O Correo Galego”, que apareceu naquel día máxico do 6 de xaneiro de 1994. Tivo longa vida propia, dentro dun contexto en que se conformaba a primeira experiencia dun diario en galego. Longos anos emitindo e defendendo nas súas páxinas a nosa lingua e todo o memorial que nela se pecha. Unha dirección e uns redactores determinantes na hora de proclamar democracia e liberdade de expresión por parte dos que colaboraron e opinaron. Algo fundamental para que o público e o social tivera un respiro elocuente dun país en tódalas súas problemáticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario