Unha primeira consideración: nun contexto diglósico, como o galego, lingua declarada non é equivalente a lingua real. Falar “só” galego ou máis galego que español, para moitos falantes, significa practicalo, por continuidade ambiental, no ámbito familiar-privado, sen cuestionaren o cambio de idioma noutros espazos e funcións. Isto é, a “naturalidade” do uso do español con interlocutores descoñecidos ou lugares e funcións sociais e públicos non se advirte. Véxase como os mesmos suxeitos entrevistados recoñecen este cambio cando se dirixen ao médico, aos profesores, ás administracións públicas, á banca, ao comercio ou no lugar de traballo.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 5 de outubro de 2019
O espello do idioma
María Pilar García Negro, sobre a enquisa do IGE sobre o estado social do galego, no Sermos Galiza:
venres, 4 de outubro de 2019
Como mentir coas estatísticas do galego. 1
Nesta ocasión comenzaremos coa última cifra deste cartel, divulgado desde as altas instancias da Secretaría Xeral de Política Lingüística. aos poucos días de publicarse os datos do IGE. Parece que se fai referencia a que houbo un aumento, +3,95%, da lectura en galego. Polo contexto enténdese que as cifras indican incrementos dos resultados da enquisa do IGE do 2018 respecto da anterior, do 2013. Se facemos a comparativa entre os datos destas dúas enquisas sobre a lingua dos libros que lemos os galegos, vemos que non houbo cambios. O máis prudente sería afirmar que neste aspecto a situación segue igual. Entón, de onde sae esa cifra de +3,95%? Non se trata de ningún incremento, fai referencia á porcentaxe de persoas que len máis en galego que en castelán (datos 2018). A gráfica explica moi ben tanto a mentira do cartel como a febleza do mundo editorial en galego, moi condicionado por unha lei zombie, que frustra o seu potencial.
En todo caso o mellor é ir á fonte limpa e consultar os datos da porcentaxe de persoas segundo a lingua que usan para ler libros:
Continuará.
As linguas
por Montse García en La Voz de Galicia:
Onte os versos de Rosalía resoaron nunha decena de linguas baixo os soportais do Museo das Peregrinacións. Estudantes de China, Finlandia ou Irán sumáronse á lectura de poemas «da nosa Shakespeare, Víctor Hugo, Camões...», en palabras do presidente da súa Fundación, Anxo Angueira.
mércores, 2 de outubro de 2019
O galego dos mártires
por Eva Rodríguez Argiz, no Sermos Galiza:
Se nos preguntaran: e ti, por que falas galego? Que é o que te motiva a empregar o galego?
venres, 27 de setembro de 2019
O fracaso educativo no país das marabillas
Co comenzo do curso os afiliados á CIG-Ensino recibimos un exemplar do Xornal do Ensino no que tiven a alegría de colaborar con este artigo:
Os máis altos representantes políticos da cultura acoden a presentar o libro
Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións .
Queren visibilizar que foron eles os que tomaron a decisión de apoiar súa
edición. Esta é a ilusión. Distribúense os exemplares polos centros de ensino?
Non. Seguen estando na súa maior parte almacenados no Centro Ramón Piñeiro. En
todo caso o libro non se pode usar na escola; a propia consellería que o edita
xa se encargou de prohibilo polo feito, precisamente, de estar redactado en
galego. Velaquí a realidade.
O método consiste en crear a ilusión de que a Xunta cumpre cos mínimos na normalización lingüística cando a verdade (oculta) é precisamente a contraria. Deste tipo de políticas hai exemplos a moreas. Mellor dito, toda a política lingüística está sustentada neste proceder.
Con todo, esa obra de química foi o único das materias prohibidas en galego que se permitiu publicar baixo a éxira do funesto decreto 79/2010.
Volvamos a vista atrás para ver todo o que levamos perdido. No ano do decreto un grupo de traballo de profesores de matemáticas ofreceulle gratis á Consellería de Educación un material didáctico para a ESO e que se aloxaría nun portal do Ministerio de Educación. Os profesores non recibiron ningunha gratificación económica, nin premios, nin recoñecemento algún. A resposta da Consellería consistiu en presionar ao Ministerio para que non o publicase. O problema era que o material estaba en galego. O resultado foi que, durante algún tempo as únicas unidades didácticas de matemáticas na nosa lingua había que descargalas dunha web dependente do goberno de Madrid que se pechou cando M. Rajoy alcanzou a presidencia do estado. Agora esas unidades proscritas teñen que aloxarse nun portal privado.
Un ano antes, 2009, todos os estudantes levaban nas súas mochilas un libro da materia de Física e Química, outro de Matemáticas e un máis de Tecnoloxía. Todos eles en galego. Todos pagados pola Xunta. Feijóo determinou tirar con estes centos de miles de libros ao lixo. Obrigóuselle á sociedade galega, no peor momento da crise, a comprar outros tantos libros en castelán. Varios millóns de euros de gasto para a exclusión do galego. E así cada ano, até hoxe. Todo este malgasto, todo este esforzo para que unha xeración enteira vise drasticamente reducido, en moitos casos eliminado, o seu contacto co galego. O obxectivo final é a ignorancia da lingua de noso e a perda da identidade. Estamos vivindo o maior fracaso social e educativo de toda a historia do goberno da Xunta.
Van xa 5 anos nos que este goberno vén declarando novembro como "mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares". Escollamos ao chou unha das actividades que se programan, a das mochilas viaxeiras. Consideremos, por exemplo, nunha das mochilas de matemáticas de ensino secundario. Alí temos 31 títulos. 28 deles son de libros en castelán. Non fixemos trampa, este é o panorama xeral. Aínda máis, dos tres títulos en galego, dous hai moito que están descatalogados. Do terceiro, aínda que o autor foi un matemático inglés, podemos sustentar que non é de matemáticas. Así e todo, o seu título é significativamente explicativo. Trátase de Alicia no país das marabillas.
Os máis altos representantes políticos da cultura acoden a presentar o libro
Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións .
Queren visibilizar que foron eles os que tomaron a decisión de apoiar súa
edición. Esta é a ilusión. Distribúense os exemplares polos centros de ensino?
Non. Seguen estando na súa maior parte almacenados no Centro Ramón Piñeiro. En
todo caso o libro non se pode usar na escola; a propia consellería que o edita
xa se encargou de prohibilo polo feito, precisamente, de estar redactado en
galego. Velaquí a realidade.O método consiste en crear a ilusión de que a Xunta cumpre cos mínimos na normalización lingüística cando a verdade (oculta) é precisamente a contraria. Deste tipo de políticas hai exemplos a moreas. Mellor dito, toda a política lingüística está sustentada neste proceder.
Con todo, esa obra de química foi o único das materias prohibidas en galego que se permitiu publicar baixo a éxira do funesto decreto 79/2010.
Volvamos a vista atrás para ver todo o que levamos perdido. No ano do decreto un grupo de traballo de profesores de matemáticas ofreceulle gratis á Consellería de Educación un material didáctico para a ESO e que se aloxaría nun portal do Ministerio de Educación. Os profesores non recibiron ningunha gratificación económica, nin premios, nin recoñecemento algún. A resposta da Consellería consistiu en presionar ao Ministerio para que non o publicase. O problema era que o material estaba en galego. O resultado foi que, durante algún tempo as únicas unidades didácticas de matemáticas na nosa lingua había que descargalas dunha web dependente do goberno de Madrid que se pechou cando M. Rajoy alcanzou a presidencia do estado. Agora esas unidades proscritas teñen que aloxarse nun portal privado.
Un ano antes, 2009, todos os estudantes levaban nas súas mochilas un libro da materia de Física e Química, outro de Matemáticas e un máis de Tecnoloxía. Todos eles en galego. Todos pagados pola Xunta. Feijóo determinou tirar con estes centos de miles de libros ao lixo. Obrigóuselle á sociedade galega, no peor momento da crise, a comprar outros tantos libros en castelán. Varios millóns de euros de gasto para a exclusión do galego. E así cada ano, até hoxe. Todo este malgasto, todo este esforzo para que unha xeración enteira vise drasticamente reducido, en moitos casos eliminado, o seu contacto co galego. O obxectivo final é a ignorancia da lingua de noso e a perda da identidade. Estamos vivindo o maior fracaso social e educativo de toda a historia do goberno da Xunta.
Van xa 5 anos nos que este goberno vén declarando novembro como "mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares". Escollamos ao chou unha das actividades que se programan, a das mochilas viaxeiras. Consideremos, por exemplo, nunha das mochilas de matemáticas de ensino secundario. Alí temos 31 títulos. 28 deles son de libros en castelán. Non fixemos trampa, este é o panorama xeral. Aínda máis, dos tres títulos en galego, dous hai moito que están descatalogados. Do terceiro, aínda que o autor foi un matemático inglés, podemos sustentar que non é de matemáticas. Así e todo, o seu título é significativamente explicativo. Trátase de Alicia no país das marabillas.
martes, 24 de setembro de 2019
Divulgación científica (en galego!) no ensino secundario
Durante o 4 e 5 de abril pasados celebráronse os XXI Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura. O tópico tratado nesta ocasión foi "Divulgación científica: cal é o peso (atómico) do galego?
Achego nesta entrada o vídeo da mesa de experiencias sobre algo que non sei se existe, a divulgación científica no ensino secundario (en galego) e que moderei (?) eu. Alí puidemos escoitar as intervencións de Xosé Manuel Fernández Castro (IES Maruxa Mallo de Ordes) que presentou a proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega, Camilo Ojea (CPI Mosteiro Meis)que nos falou do Proxecto Ríos e do Fitofaladoiro e o archicoñecido Xacobo de Toro (IES Urbano Lugrís de Malpica) quen trouxo o seu XeoClip.
Notas ao vivo: Morte das linguas (69)
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Sermos Galiza:
Segundo a Unesco cada dúas semanas desaparece unha lingua no mundo. E, das aproximadamente 7.000 linguas vivas no planeta, unhas 2.500 están a día de hoxe en perigo de extinción. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, diante do lingüicidio en marcha, di que implementar unha boa política lingüística pode reforzar as comunidades de falantes, revitalizando as súas linguas maternas e transmitíndoas ás xeracións futuras. E a Unesco creou o Programa de Linguas en Perigo xustamente para apoiar a comunidades e gobernos facilitándolles ferramentas e servizos necesarios para reanimar os espazos lingüísticos, que son parte fundamental da cultura dos pobos e da cultura universal.
domingo, 22 de setembro de 2019
O Premio Arquímedes rexeita o galego
por Víctor F. Freixanes, en La Voz de Galicia:
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca cada ano o Premio Arquímides, ideado para fomentar entre os universitarios, alumnos de grao ou de master, a investigación científica. Vai pola XVIII edición. Son en total 25 premios con dotación económica, e 4 estadías en centros de investigación. O primeiro premio (premio especial) está dotado con 7.000 euros, hai un segundo premio de 6.000, catro terceiros de 5.000 euros, e varios máis ata un total de 87.000 euros, con cinco distincións tamén para os titores de traballos.
venres, 6 de setembro de 2019
No em canviïs la llengua
Grazas a un chío de Anxos Sobriño tiven coñecemento desta iniciativa de cidadáns que, sendo de orixe estranxeira, piden que non lle cambien a lingua cando falan con eles. A proposta tivo o seu espazo na televisión pública catalana, tal e como podemos comprobar neste vídeo.
No programa fálase de como unha falsa interpretación da "boa educación" levan á cidadanía a invisibilizar a lingua do país. Se o noso interlocutor ten con rasgos foráneos traizoamos a nosa lingua e cambiamos inmediatamente para o castelán. O cambio incluso pode suceder cando falamos con alguén que se expresa nunha variedade dialectal distinta da nosa lingua. Visibilizar estes prexuízos e argallar formas de enfrontalos é o obxectivo final deste programa. Alguén puido oir na TVG algunha reflexión semellante a algunha das que verqueron neste espazo durante os 10 últimos anos? Como a resposta é negativa, debemos preguntarnos ata onde alcanza o nivel de manipulación do imaxinario colectivo galego por parte dos medios de comunicación.
As reflexións debulladas neste espazo son de primeiro curso de sociolingüística. Xa que logo, forman parte dos alicerces para desfacerse dos prexuízos lingüísticos. Se non divulgamos este tipo de saberes estamos abríndolle as cancelas aos comportamentos socialmente tóxicos. Nisto consiste a política lingüística da Xunta, na exclusión dos saberes que nos farían máis libres e que incidirían na diminución das desigualdades.
xoves, 5 de setembro de 2019
Axenda e calendario escolar
Co comenzo do curso cómpre que fagamos procuremos materiais para facilitarmos a súa organización: axendas e calendarios escolares.
De axendas, que eu saiba, pouco hai onde escoller. Só temos a editada por Bahía, Xa puiden comprobar en anos anteriores que falta en moitas librerías polo que, de non ser por unha conciencia militante, obríganche a coller unha en español (a famosa imposición)
Co cese de actividades da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización dexamos de ter á nosa disposición os calendarios que elaboraban ao comenzo de cada curso. Por fortuna Nova Escola Galega responsabilizouse este ano desa tarefa,ofrecéndonos o seguinte material:
No lado escuro volvemos a comprobar que á Consellería de Educación, con todo o seu presuposto e toda a súa capacidade, non foi quen de fornecer ao mundo educativo dunha versión propia destes materiais. Este desleixo únicamente beneficia a que o oco se ocupe con materiais en español. Volve a quedar claro que o anunciado Plan de dinamización da lingua galega na mocidade quedou nun foguete mollado. A política lingüística que pon en funcionamento a Xunta, na súa compoñente mediática difúndese como promotora do galego, mais na práctica vemos que pola súa constante inacción só beneficia a imposición do castelán.

- CALENDARIO ESCOLAR 2019-20 (en PDF)
- TEMPORIZACIÓN 2019-20 (PRIMARIA - PDF)
- TEMPORIZACIÓN 2019-20 (SECUNDARIA - PDF)
No lado escuro volvemos a comprobar que á Consellería de Educación, con todo o seu presuposto e toda a súa capacidade, non foi quen de fornecer ao mundo educativo dunha versión propia destes materiais. Este desleixo únicamente beneficia a que o oco se ocupe con materiais en español. Volve a quedar claro que o anunciado Plan de dinamización da lingua galega na mocidade quedou nun foguete mollado. A política lingüística que pon en funcionamento a Xunta, na súa compoñente mediática difúndese como promotora do galego, mais na práctica vemos que pola súa constante inacción só beneficia a imposición do castelán.
(Man)teñamos o plan
por Mercedes Queixas, no Sermos Galiza:
Recentemente o goberno da Xunta de Galiza, a través da SXPL, deu a coñecer ao público un Plan de dinamización da lingua galega 2019-2022, entendemos que lexítimo herdeiro doutro anterior, presentado e difundido nas súas redes co mesmo nome, mais con mudanza na cronoloxía de actuación (2018-2022). Ano arriba, ano abaixo, o caso é ter un plan ou, cando menos, falar del!
luns, 2 de setembro de 2019
A discriminación do galego na cidade
Artai, este rapaciño youtubeiro, relata a presión á que se somete aos galego falantes para que abandonen a súa lingua. Toda unha lección de sociolingüística que compriría que aprendesen os que aplauden o inútil e baleiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.
xoves, 29 de agosto de 2019
O último neno que fala galego en Portocubelo
Excelente curta realizada pola Asociación Cultural Canle, de Lira (Carnota). Por seguir centrando xeográficamente este audiovisual, comentar que Portocubelo é un lugar da parroquia de Lira que conta actualmente cuns 60 veciños.
Seguramente dos evento que organiza esta asociación o Festórreo é o de maior repercusión. Xa levan algúns anos tirando del. Non ten data fixa. Tanto se celbra no mes de xullo como no de agosto. Nesta edición do 2019 apostaron por rirse un pouco da marca FEST e promoveron o Cabaseira FEST.
Para pasalo ben e non deixar de reflexionar elaboraron esta marabillosa curta, na que se denuncia precisamente a exclusión do galego ás capas máis novas da sociedade. Outra vez volvermos a ver o baleiro dese presunto programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, (SXPL) o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.
Ata o de agora fixeron moito máis os da Asociación Cultural a Canle que a SXPL. Basta ver o vídeo e comparar coa trangallada desta Xunta empeñada nun proceder mafioso de desprestixio da lingua. (Que pareza que foi un accidente).
Valentín García, aprendiz de Judas
por Joaquim Uveiro, en Galiza Livre:
O atual secretario xeral de Política Lingüística responde a esse perfil tam habitual na pinheirista cultura autonómica do cuco fala-barato. Esse ser sem talento que vai ocupando quotas de importância na estrutura de poder autonómico desde o oportunismo e o amiguismo. O sipaio que usurpa a representaçom da identidade resistente e a folcloriza para justificar a colonizaçom em troca dum posto no organigrama de dominaçom. A sua trajetória paradigmática oferece-nos umha maior comprensom do modelo cultural neocolonial em que se alicerça o Regime do 78 no nosso país.
sábado, 24 de agosto de 2019
Que pasa nas aulas de galego
As aulas de galego vistas por un profesor de clases particulares. O profe non é outro que o youtubeiro Aquel-e.
luns, 19 de agosto de 2019
A substitución lingüística
Olaxonmario explica neste youtubeiro vídeo un dos conceptos fundamentais da sociolingüística: a substitución. E faino coma sempre, con alegría e desenfado, a pesar do tema que trata.
sábado, 10 de agosto de 2019
Muxía ESP-ENG
Cartel informativo do concello de Muxía no centro da vila sobre o horario de autobuses. Ten dúas columnas, cada unha na súa lingua. Unha en español, outra en inglés.
O galego non existe para os responsables municipais.
Para que a estragada sexa prácticamente total, a cidade da Coruña perdeu o seu A neste cartel.
O galego non existe para os responsables municipais.
Para que a estragada sexa prácticamente total, a cidade da Coruña perdeu o seu A neste cartel.
xoves, 8 de agosto de 2019
No congreso en Suíza...
Vídeo do mes de agosto da campaña "Na universidade... onde queiras, pero coa lingua" da ANL da Universidade de Vigo
Etiquetas:
campañas,
Normalización,
SNL,
UVigo,
vídeo
mércores, 7 de agosto de 2019
Café con xeo
por Inma López Silva en La Voz de Galicia:
A próxima vez pido café con gotas. A fin de contas, de tanto pretender manter intacta a conciencia lingüística usando Twitter para o autobombo tralo Telón de Grelos unha xa aprendeu a escribir en bilingüe: «Novela en nada: escritora feliz»; «Casa en Madrid para prestarme?». O certo é que podería saír beneficiada co café con gotas en bilingüe, aínda que unha é responsábel e non bebe alcohol se está traballando, nin cambia de lingua nos bares de Pontevedra.
martes, 6 de agosto de 2019
Odio el gallego
por Robert Neal Baxter en Terra e Tempo:
Hai cousa dun mes fun facer os exames de español para estranxeir@s, obrigatorios para quen queira solicitar a nacionalidade española. Durante a pausa, aproveitei para falar un pouco con algunhas das outras persoas inscritas e fiquei francamente abraiado coa actitude dunha delas, que xa levaba varios anos asentada en Lugo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)