Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 23 de decembro de 2011

O galego do Valedor do Pobo


12 faltas no web en galego do Valedor do Pobo no que se dictan as instrucións  para presentar queixas  por correo electrónico. Unha por cada 20 palabras.
*Nombre, *desea, *iterrogantes, *procedemiento, *a [contracción], *calqueira, *ustede, *instrucción, *usted, *interponer, *correspondiente
Está visto que quen despreza o que ignora, é porque tamén ignora o que despreza
Este exemplo non é máis que unha das moitas demostracións que podemos ver acotío de como o coñecemento da nosa lingua é realmente pobre. Por iso agás que consideremos que a cultura galega simplemente, sobra,  pode defender modelos de ensino que reduzan a súa presencia na escola. A idea subxacente e non declarada, por obscena, é que o galego é prescindible xa que debe ir sempre acompañado dunha tradución ao español, que é o único que realmente serve. Por suposto, o mesmo recurso-web en castelán non padece destes problemas.
O resultado é que temos un Valedor do Pobo que non sería quen de superar os estándares de coñecemento da lingua propios dun neno de 5º de primaria.
Que terá que dicir o Conselleiro de Educación a isto?

3 comentarios:

  1. Pq nom presenta umha reclamaçom ao vaedor do povo contra o valedor do povo por conculcaçom dos direitos lingüisticos??

    ResponderEliminar
  2. Eu vin até 7 erros máis nesa foto:
    *incluir por incluír
    dirección postal por enderezo postal
    *respostando por respondendo
    *dictou por ditou
    *sentencia por sentenza
    a partires por a partir
    coa mesma por con ela

    ResponderEliminar
  3. Tomo nota dos outros erros. Eu non che son o máis indicado para detectalos pois, como pasei polo sistema educativo galego, teño grandes dificultades para o seu uso correcto. Non é así no caso do castelán.
    Curiosamente fun dar con esta páxina cando mandei unha queixa ao propio Valedor contra a súa iniciativa de censura dun libro de texto por reproducir o apartado 5.1 do Estatuto. E pensei en engadir outra queixa sobre este asunto, pero xa estaba demasiado cabreado como para facelo. Penso que, en todo caso, habería que dirixirlle a queixa ao Conselleiro de Educación (gabinete.educacion@edu.xunta.es) pedindo explicacións sobre cal é a política educativa do ensino galego pois é, en defintiva, a culpable da comisión destes disparates.

    ResponderEliminar