A foto, extraída do portal da Consellería de Educación, na podemos ver aos directivos da Asociación Galega de Editores (AGE) xunto a Anxo Lorenzo, acompañaba ao seguinte titular: 'Convocadas as axudas á edición de libros de texto para favorecer a aprendizaxe en galego nas aulas'. Este emparellamento fainos pensar que os editores galegos están contentísimos de que unha xenerosa Consellería de Educación, neste caso, vía a SXPL, teña unha sensibilidade tan especial co galego para establecer unhas axudas especiais para edición de material educativo nesta lingua.
Pola contra, sería moi estraño que os editores estiveran moi contentos de que esta partida presupostaria pasara de 1 millón de euros nos últimos anos do goberno bipartito, a 501.617 €, 0 €, e, eventualmente, 300.000 € para o vindeiro ano. Para ser máis exactos, a nota de prensa da Consellería de Educación debería redactarse con algo así: 'A Xunta de Galicia reduciu nestes tres anos en 2.200.000 € as axudas á edición de material didáctico en galego'. Iso si, sempre poderían engadir, 'co fin de fomentar a aprendizaxe nesta lingua' porque cara para isto e para moito máis, si que teñen. Basta lembrar a convocatoria de marzo do 2011 foi alegremente anulada seis meses despois, razón ésta pola que a actual convocatoria é, polo momento, máis fume que realidade.
Claro que cando un se decata de que a foto non foi realizada á recepción da nova da (re)minguada convocatoria, senón que vén dunha reunión mantida hai dúas semanas, un comenza a entender que as críticas que no seu día lle facían a Francisco Pillado de non continuar no premio Repsol por non sair na foto con Anxo Lorenzo, non só non tiñan fundamento ningún, senón que agora están demostradamente erradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario