Onte, da man da Asociación Cultural Vagalumes, presentouse o proxecto de comunicación Sermos Galiza. Néstor Rego e Teresa Moure, dous dos principais promotores, explicaron aos asistentes os principais aspectos da empresa. Salientaron que co capital conseguido ata o momento, un 90% do previsto para facer viable o proxecto, xa é seguro que a súa constitución vai sair adiante. Nos primeiros meses do ano que está a piques de comenzar convocarase unha xunta de accionistas que concretará as liñas do futuro medio de comunicación. Crearanse un diario dixital e un semanario. Os contidos deste último serán distintos dos que aparecerán no dixital e concretaranse fundamentalmente en reportaxes, artigos de opinión, de análise dos acontecementos,...
Teresa Moure e Néstor Rego explicaron que na situación económica actual e nas circunstacias previsibiles para os vindeiros anos, non se pode soster un medio crítico, independente e galego como Sermos Galiza, confiando nos ingresos derivados dos anuncios ou das subvencións polo que, nunha segunda fase, e para consolidar definitivamente o proxecto, o obxectivo marcado consiste en conseguir un número sufiicente de subscricións ao semanario.
Por último invitaron a toda a cidadanía a sumarse a este proxecto comprando accións de Sermos Galiza a un prezo de 100€ cada unha tal e como se indica aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario