Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo 04 decembro 2011

Presentación de Sermos Galiza na Estrada

A Asociación Cultural “Vagalumes” organiza para este mércores 7 de decembro, ás 20:30 na sala de exposicións de Caixanova da Estrada, a presentación do proxecto de comunicación “Sermos Galiza”, que pretende cubrir o baleiro existente de información na nosa lingua desde e para Galiza. Esta iniciativa social pretende implicar a todos e todas na implementación dun grupo de base plural e participativa que dea o soporte a necesario para crear un medio informativo axeitado á nosa realidade e no noso propio idioma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario