Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia: A lingua propia de Galicia é o galego.
Que os contumaces inimigos da lingua galega traten de borrala de calquera manifestación da vida social non resulta nada sorprendente. E que en ocasións teñan apoios explícitos dalgunhas institucións que teñen entre as súas obrigas a de promover unha maior presenza social da lingua, tampouco. Mais que o Valedor do Pobo -de ser certa a información que hoxe ofrecen Atlántico Diario, Faro de Vigo e ABC-, o responsable de velar polo cumprimento da lexislación que temos, ignore os contidos do Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mesmo cómico se non fose pola trascendencia do cargo e das súas decicisións. Un esperpento ao que non é allea a actitude pasiva, cando non agresiva, fomentada polo actual Goberno galego.
Desde ProLingua esiximos unha rectificación inmediata e pedimos a dimisión dun Valedor do Pobo que con esta resolución mostra a súa incompetencia para o cargo e unha teima probada contra a lingua propia de Galicia (así denominada no Estatuto de Autonomía, o mesmo que dá razón de ser ao posto cuxos preceptos máis básicos incumpre con frecuencia).
Ningún comentario:
Publicar un comentario