Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 15 de decembro de 2011

O libro de Vicens Vives. As mentiras da prensa.

O libro  de Coñecemento do Medio de Vicens Vives de 5º de primaria que o Valedor do Pobo e o Conselleiro de Educación queren censurar porque na páxina 57 indica que a lingua galega é a propia de Galicia, ten este apartado na páxina 56 no que informa que o castelán é a lingua oficial de España. A gran maioría dos medios ocultan e falsean esta información para espallar unha noticia manipulada. 
Velaí a urxente necesidade de medios independentes en galego.


3 comentarios:

  1. O máis incomprensible de todo este esperpento é que este Valedor do Pobo foi elixido por unanimidade polo Parlamento en 2007 en plena lexislatura do bipartito. Onde tiñan a cabeza?

    Currículo de Benigno López González - Valedor do Pobo

    Foi nomeado Valedor do Pobo de Galicia polo pleno do Parlamento de Galicia na súa xuntanza do 17 de xullo de 2007. O 27 de xullo de 2007 tomou posesión do cargo de Valedor do Pobo de Galicia, elixido por unanimidade dos membros do Parlamento de Galicia.

    http://www.valedordopobo.com/index.php?s=218

    ResponderEliminar
  2. A min o que me pasma non é o de Benigno López. Sabendo da súa traxectoria (aos 6 días do seu nomeamento xa se fixo famoso por dicir que o galego non era válido para a xustiza). Penso que non se insiste o suficiente en que a Consellería de Educación é quen comete a maior tropelía facendo caso deste disparate.

    ResponderEliminar
  3. ISTO ACRARASE NUNHA FRASE:EN GALIZA EN GALEGO.NON TÉN MÁIS.

    ResponderEliminar