Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 12 de abril de 2012

'Galego, todo o que buscas' vídeo premiado do Correlingua 2012



Excelente, magnífico, impresionante,... ata o último segundo,  así é o vídeo 'Galego, todo o que buscas',  o merecedor do premio Correlingua da edición deste ano. É outro traballo máis de Édelingua, o Equipo de Normalización do IES Mosteirón (Sada).
O vídeo ten referecias a outros (tamén excelentes vídeos) realizados anteriomente polo mesmo Equipo. Trátase de 'Na oficina de obxectos perdidos' e 'As mazás casamenteiras' argallados encol de contos do libro Made in Galiza de Séchu Sende.
O xurado valorou  especialmente a súa emotividade e contido orixnal.
Parabéns mil veces merecidos.
Vía As Gabarras

http://edelingua.blogspot.com.es/2012/04/edelingua-gana-o-concurso-de-videos-do.html

7 comentarios:

  1. Grazas polo enviar, encantoume, tes razón. Comparto, con agradecemento e orgullo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Grazas desde Mosteirón por tanta gabanza e pola difusión do traballo deste equipo . É un grande estímulo para todos os membros de Édelingua.

    ResponderEliminar
  3. Grazas a vós por facerdes cousas tan bonitas.
    Aproveito para preguntarvos unha cousa: por que non inserides no voso blogue os vídeos que facedes? Creo que sería o lugar natural para comenzar a súa divulgación.

    ResponderEliminar
  4. Están inseridos, mais en entradas anteriores e tamén no apartado titulado VIDEOS DE NOSO .

    ResponderEliminar
  5. Pois si, non o vira.
    Dalle un saúdo a Sandra, a de mates.

    ResponderEliminar
  6. Dende a a escola de enxeñería industrial de vigo, fermoso video!!de quen é a musica?Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas. Concordo contigo.
    Non sei de quen é a música. Pregunteillo aos autores; http://edelingua.blogspot.com.es/2012/04/edelingua-gana-o-concurso-de-videos-do.html

    ResponderEliminar