O pasado 6/02/16, no renovado portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística (que presuntamente ten como finalidade a promoción e extensión do uso do galego) promocionaba a convocatoria dun concurso promovido pola Fundación Camilo José Cela (FCJC) No comunicado da SXPL indícase que os textos participantes deben comenzar coas seguintes palabras: “Mi padre se llama como yo, y yo me llamo como mi hijo...”. Ofrécese tamén a ligazón á convocatoria do concurso, cuxas bases, redactadas só en español indican que:
A pesar de que se autotitula como "Fundación Pública Gallega", a lingua galega fica fóra das actividades e da proxección pública da FCJC. Isto sucede a pesar de estar mantida cos cartos da das Deputacións da Coruña e Pontevedra, do Concello de Padrón e sobre todo, da Xunta. Este ano a partida orzamentaria deste organismo ascendeu a 257.294 €, máis da metade do que recibe a RAG. Este desbaldimento mantívose no tempo a pesar dos escándalos de corrupción asociados á Fundación desde o seu nacemento, ata o día de hoxe. Non só iso, senón que durante os últimos anos a Consellería de Educación mostrouse moi activa na promoción das actividades da FCJC. Pola contra bótase en falta a mesma dilixencia na divulgación das organizadas por outras fundacións. Dáse o signfcativo caso de que entre as notas de prensa emitidas pola Consellería de Educación non hai ningunha que faga referencia principal a Manuel María, quen vai ser o protagonista do Día das Letras deste ano.
Este caso ocorre nun panorama xeral de ataque frontal á lingua galega por parte dos organismos oficiais que paradoxalmente teñen o deber de ser o seu garante. Hai ben pouco a Consellería de Educación notificaba que "tomaría en consideración" un duro informe do Consello de Europa coa política lingüística que está a desenvolver a Xunta. Contrariamente o goberno galego continúa na súa liña de radicalismo antigalego nun escenario vergoñento: o ano pasado a SXPL non convocou os exames Celga, afianzouse a redución dos presupostos para a realización de actividades normalzadoras, o galego foi expulsado de moitos espazos do ámbito escolar mediante un decreto rexeitado pola sociedade, eliminouse a garantía do coñecemento da lingua galega por parte do funcionariado, o abandono dos SNL dos concellos é total, a RAG vese impelida a facer declaracións alertando dos agravios áo galego, ...o marco ideal para promocionar concursos nos que non se ten en conta a nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario