Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 2 de febreiro de 2016

A tres bandas





A TRES BANDAS é un proxecto de Mariano Casas e Teresa Comoxo. Consiste nun comic en liña para aprender a entender a narrativa visual, e a debuxar banda deseñada. Feito mediante unha licenza remunerada da Consellería de Educación de Galicia no outono do 2015.
Foi pensado para  alumnos de segunda etapa de Educación Primaria, mais tamén pode ser aproveitado na Secundaria.
Inclúe una sección PRF (preguntas e respostas frecuentes) que explica, tanto a alumnos como a profesores, como pode ser utilizado na clase. A través de 19 historias sobre temas monográficos, Ramón e máis Matías contarános dende dentro dunha banda deseñada o funcionamento da linguaxe propia deste tipo de creacións.
O material é excelente. Pode ser aproveitado, por exemplo, para participar no concurso de Banda Deseñada que todos os anos se propón no Correlingua. O malo é que a Consellería de Educación, nesa ansia que ten por secundarizar a lingua galega, tivo a estúpida inicitiva de ofrecer a sección PRF en castelán e en galego. Debe ser para demostrar que o galego nunca pode ir só, e que polo tanto é inútil.

Vía A Profa

Ningún comentario:

Publicar un comentario