Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 21 de febreiro de 2016

Escolle non escoller


Manuel Núñez Singala é algo así como o rei Midas. Todo o que el toca duplica o seu valor. Hai un estilo que é o estilo Singala. Cando lemos, ou como neste caso, vemos e escoitamos algo de Singala, estámolo aproveitando dúas veces: unha, polo que di, outra por como o di. Por unha banda, aprendemos sociolingüística, pola outra, os profesores aprendemos como deberíamos contar as cousas.
Comprobádeo na etiqueta Manuel Núñez Singala, da listaxe de Persoas que está á dereita deste blogue.

1 comentario:

  1. Pois eu tamén levaría o posto de traballo, sendo solteiro; está claro !.

    ResponderEliminar