Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 15 de febreiro de 2016

Proposta de moción para todos os concellos galegos

A Mesa invitaba o pasado 8 de febreiro a que se presentase en todos os concellos galegos unha moción para instar á Xunta ao cumprimento da Carta Europea de Lingua Rexionais e Minoritarias:

O pasado 21 de xaneiro facíase público o 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias[i], elaborado polo Comité internacional de expertos. Ao tempo, e baseadas neste informe, facíanse públicas as recomendacións do Comité de Ministros do Consello de Europa ao Estado español[ii].
Nestas recomendacións, o Comité de expertos e o Comité de Ministros sinalan os aspectos que cómpre corrixir para o cumprimento efectivo das garantías que o Estado español e a propia Xunta de Galiza se comprometeron a cumprir ao ratificar a Carta en 2001,
O Concello/ Asociación/ Institución __________________ manifesta o seu compromiso coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, tratado internacional que garante os dereitos lingüísticos, nomeadamente en relación á lingua galega como lingua propia e oficial de Galiza eINSTA á Xunta de Galiza a:
– Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa, e exixir do Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Consello de Ministros.
– Dar os pasos necesarios para cumprir co sinalado na alínea 640 do informe que afirma que o decreto 79/2010 de plurilingüísmo contradí o estabelecido na Carta, e o punto 5º da resolución do Consello de Ministros, onde sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino non pode afectar negativamente á propia.
– Elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea.
– Que mentres non se elabora o novo decreto, modifique o actual derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego nos centros e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas.
-Garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades.

[i] Texto na web do Consello de Europa (en inglés): 
[ii] Texto na web do Consello de Europa (en inglés): 

Ningún comentario:

Publicar un comentario